"Múnic" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 96.

  • Pacto subscrito na noite do 29 ao 30 de setembro de 1938 polos xefes de goberno de Alemaña (Hitler), Italia (Mussolini), Francia (Daladier) e Reino Unido (Chamberlain) sen intervención do goberno de Praga, que prevía a cesión de Sudety ao Terceiro Reich despois dun plebiscito. Antes de que este se puidese celebrar, o exército alemán ocupou o territorio o 1 de outubro de 1938.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de equipos e provisións necesarias para un exército ou unha praza, entre outros, en tempos de guerra.

    2. Carga de todo tipo de armas de fogo, calquera que sexa a súa finalidade, abater o inimigo, facer sinais, iluminar ou expandir substancias químicas ou radioactivas.

    3. Grans de chumbo ou perdigóns con que se cargan as escopetas de caza menor, e que poden ser de diferente calibre, numerado do 0 ao 18.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de municionar.

    2. Servizo, xeralmente a cargo da artillaría, encargado do almacenamento, a revisión e a distribución das armas, das municións e dos explosivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prover de munición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao municipio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de municipal.

    2. Circunscrición administrativa rexida por un municipio.

    3. Organismo rexedor do municipio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema político que pretende a maior autonomía posible para os municipios.

    2. Descentralización da administración pública en favor dos municipios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao municipalismo.

    2. Partidario do municipalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de municipalizar.

    2. Procedemento previo para a xestión directa de servizos de carácter económico, mercantil ou industrial por parte dos municipios. Pode establecerse en réxime de monopolio ou de libre competencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asignar un servizo público, que estaba en mans privadas, ao municipio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circunscrición de segunda orde de Portugal. Defínese como agrupación das freguesías e goza dun réxime xurídico baseado na institución municipal romana. A Constitución portuguesa de 1976 substituíu a denominación de concelho pola de município.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado en Vilagarcía de Arousa a partir de 1889. Subtitulouse “Periódico de intereses morales y materiales” e saíu publicado todos os xoves. Redactado en castelán, incluíu poemas en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cesto pequeno con dúas asas e máis ancho na parte superior, que se emprega para transportar diversos obxectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado no Rosal. A súa orixe data de 1981. Dividese nas seccións de Arqueoloxía, Agricultura e A Cabaqueira, onde se mostra material cerámico das telleiras. Publica unha memoria anual e conta cun arquivo fotográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo municipal situado en Ferrol. Ademais das obras do ferrolán Filipe Bello Piñeiro, os seus fondos mostran obras doutros artistas galegos ademais de fotografías antigas e gravados sobre a historia da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade municipal situado en Ourense. Inaugurado en 1987, atópase na casa dos Méndez Montoto do s XVI. Dedica as súas tres salas á exposición de obras fundamentalmente pitóricas. Organiza tamén exposicións temporais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo municipal situado no antigo edificio das Escola Graduadas de Ponteareas, sede do Centro Cultural Isidoro Bugallal. Pertence ao Consello Galego de Museos. Os seus fondos están dedicados á historia de Ponteareas e da súa comarca. Dedica tamén un espazo á festa do Corpus Christi e á lembranza de Gabino Bugallal Araújo e Fermín Bouza Brey, ademais de mostrar unha coleccción de obras de artistas locais. Desde 1998 conta co Centro de Recuperación de Cultura Popular, dedicado á recuperación do patrimonio cultural popular e instalado, desde 2001, no castelo de Sobroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade municipal situado no antigo convento de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela. Inaugurado en 1963, a súa colección acolle restos arqueolóxicos, obxectos e roupa litúrxica, mobiliario e pinturas e esculturas galegas, doadas, na maioría dos casos, polas familias dos seus autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade municipal situado en Marín e inaugurado en 1992, a partir da doazón realizada polo artista Manuel Torres. A súa colección abarca desde a pintura de paisaxes, bodegóns ou retratos, ata debuxos, gravados, tinta ou esculturas. Organiza tamén exposicións temporais e diversos actos culturais.

    VER O DETALLE DO TERMO