"Mau" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 189.
-
PERSOEIRO
Militar irlandés. Liderou a flota, composta por mariños galegos e italianos, que saíu de Ferrol e desembarcou en xuño de 1579 na baía de Dingle; tiña como obxectivo acabar co dominio inglés da illa de Irlanda e restaurar nela o catolicismo romano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo irlandés. Recreou nas súas pezas a natureza máxica das lendas, contos e tradicións populares da Irlanda gaélica. Entre as súas obras destacan The Country Dressmaker (Un xastre de aldea, 1907), The Magic Glasses (Os vasos máxicos, 1913) ou The Enchanted Land (A terra encantada, 1957), nas que desenvolve unha visión entre máxica e grotesca do drama de costumes irlandés.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revolta que tivo lugar en Irlanda entre 1579 e 1583, liderada por James Fitzmaurice Fitzgerald e, posteriormente, por Gerald Fitzgerald. Iniciouse co desembarco dunha flota, composta por galegos e italianos procedentes de Ferrol, na baía de Dingle (1579) co fin de acabar co dominio inglés da illa e reinstaurar o catolicismo romano. Tivo o apoio do papado e da monarquía hispana.
-
PERSOEIRO
Matemático probabilista. Dedicado inicialmente ao estudo dos espacios abstractos, reestruturou certos capítulos das matemáticas por medio dalgúns axiomas mediante o emprego da linguaxe da xeometría. Foi un vangardista na presentación axiomática da probabilidade. Publicou obras sobre a noción de variable aleatoria e as formas de converxencia da teoría das probabilidades.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo francés. Realizou investigacións entre os baruya de Nova Guinea (1967). Integrouse na École Pratique des Hautes Études e posteriormente foi profesor de antropoloxía no Collège de France. Designado director de estudios na École des Hautes Etudes en Sciences Sociales (1975), fundou o Centre de Recherche et de Documentation sur l’Océanie (CREDO) en 1995 e dirixiuno ata 1999. Foi director científico do Musée du Quai Branly (1997-2000). Fundador da antropoloxía económica francesa, combinou o marxismo co estruturalismo de H. Lévi-Strauss. Das súas obras destacan Rationalité et irrationalité en économie (1966), La prodution des Grands Hommes (1982) e L’énigme du don (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista e foneticista francés. Foi membro do Institut de France e profesor da Universidade de Montpellier. Especialista de gramática comparada, tamén estudiou a fonética e a versificación. En fonética traballou para establecer os principios xerais do cambio fonético, seguindo a tradición atomista e filolóxica da fonética histórica. Considerou as leis fonéticas como universais que actúan no cadro sistemático propio de cada lingua particular. Foi o primeiro en formular a lei das tres consoantes do francés, modelo de regra fonolóxica sincrónica. Cómpre destacar as súas obras Dissimilation consonantique (1895), Traité de phonétique (1933), Essai de psychologie linguistique: style et poesie (1950) e Le vers français (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Militante do PCE desde 1936, foi elixido membro do Comité Central en 1954. Exiliado desde a fin da Guerra Civil, volveu a España en 1959 e fíxose cargo da dirección do partido na clandestinidade. Detido en 1962, foi condenado a morte e executado, acción que deu lugar a fortes protestas da comunidade internacional contra o réxime de Franco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo francés. Influído por Marx e Durkheim, usou a estatística e o cálculo de posibilidades nos seus estudios sobre as clases sociais e as necesidades humanas. Das súas obras destacan Les cadres sociaux de la mémoire (1925) e Morphologie sociale (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
cultura oraniana.
-
PERSOEIRO
Compositor cinematográfico francés. Accedeu á fama internacional con Lawrence of Arabia (1962) e Doctor Zhivago (1965), ambas as dúas películas premiadas cun Oscar, e tamén La cadutta degli dei (1969) e Grandeur nature (1974). Alternou grandes espectáculos audiovisuais de ámbito urbano coa banda sonora dos filmes Passage to India (1984), galardoada cun Oscar, Fatal Attraction (1987) e Enemies, a Love Story (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
(Turku 25.11.1923) Político e financeiro finlandés. Membro do Partido Socialdemócrata, foi ministro de Finanzas (1966-1967), primeiro ministro (1968-1970 e 1979-1982) e presidente da República (1982-1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión montañosa de India, situada no Himalaia, no estado de Uttar Pradēsh, na fronteira con China e Nepal. Nela atópanse algúns dos cumios máis elevados do país como o Nanda Devi, de 7.817 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de respiración moi profunda e ruidosa, propia dos estados clínicos, que cursa con intensa acidose diabética. Foi descrita polo médico alemán Adolph Kusssmaul (1822-1902).
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Foi retratista de Luís XV. Sobresaíu na técnica do pastel, que aplicou aos seus retratos, como Mme de Pompadour e Portrait de Mlle Fel. Ten un museo monográfico no lugar onde naceu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro francés. Chegou a España en 1750 chamado polo Marqués de La Ensenada para proxectar e dirixir as obras da canle de Castela. En 1754 tralas disputas co matemático Antonio de Ulloa, enviárono a Galicia, onde dirixiu a instalación dunhas baterías defensivas en Corcubión. Posteriormente dirixiu as obras do Camiño Real de Astorga á Coruña, recoñeceu as obras da cidade da Coruña e colaborou na Real Academia de Agricultura de Galicia. En 1764 planificou e supervisou as reformas da capela maior e da fachada da catedral de Lugo. En Santiago de Compostela realizou o edificio para seminario, cárceres e casas consistoriais (1767), hoxe pazo de Raxoi. A comezos da década de 1770 trasladouse a Nafarroa. Posteriormente dirixiu a construción do camiño de Andalucía e proxectou unha canle que uniría El Escorial con Sanlúcar de Barrameda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Taumaturgo da orde franciscana, predicou por Italia e defendeu a devoción do via crucis. A súa festividade celébrase o 26 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizadora. Creou, xunto a Ewan MacColl, o grupo Theatre Union. En 1945 crearon o Theatre Workshop, que en 1953 se instalou en Londres e iniciou un traballo de experimentación e produción escénica, recollido por Clive Barker en Theatre Games (1977). Dos seus espectáculos destacan Volpone (1955), Sabor a mel (1958), O refén (1958) e Oh, What a Lovely War! (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal de Francia e duque de Magenta. De orixe irlandesa, foi gobernador de Alxeria (1864-1870), interveu na Guerra Franco-prusiana e estivo prisioneiro en Sedan. Despois de reprimir a Comuna de París de 1871, foi presidente da República en substitución de Thiers (1873-1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor belga. Relacionouse en París con poetas simbolistas. Das súas obras poéticas destacan Les serres chaudes (1889) e Douze chansons (1896). En teatro tamén introduciu elementos simbolistas, como en La princesse Maleine (1889), L’intruse (1890), Les aveugles (1890), Les sept princesses (1891), Pelléas et Mélisande (1892) e Intérieur (1894). A partir de 1896 acentuou o seu pesimismo e o significado da aceptación da adversidade a través da contemplación da natureza, como reflicten os seus ensaios filosóficos Trésor des humbles (1896) e La sagesse et la destinée (1898), os dramas Soeur Béatrix (1901), e os estudios de historia natural La vie des abeilles (1901). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1911).
VER O DETALLE DO TERMO