"Mende" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 69.
-
PERSOEIRO
Poeta. Licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela, publicou O cazador (1991), O abrente é un desatino (1995) e As horas que nos quedan (1997). Ademais, incluíu o relato “Rodando” no libro colectivo Narradores de cine (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Foi rexedor da súa vila natal ao tempo que compoñía versos en castelán e latín. En 1697 presentouse ás Festas Minervais de Santiago de Compostela, onde gañou cun soneto. Escribiu o texto manuscrito Teatro de los prelados de la Iglesia de Mondoñedo (1730).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría da herdanza biolóxica que defende as ideas do mendelismo e as adapta aos novos coñecementos da xenética.
-
GALICIA
Historiadora. Doutorouse en Historia e é catedrática de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela. Investigou sobre a presenza monástica en Galicia e sobre a mentalidade colectiva e o papel da muller na evolución histórica. Das súas obras destacan El monasterio de Sobrado: un ejemplo de protagonismo monástico en la Galicia Medieval (1979), A Vida das mulleres na Galicia medieval (1100-1500) (1993) e Ilduara, una aristócrata del siglo X (1998), e con Ermelindo Portela Silva El Bajo valle del Miño en los siglos XII y XIII: economía agraria y estrutura social (1971), Galicia na época medieval (1991) e De Galicia en la Edad Media, sociedad, espacio, y poder (1993). Recibiu o premio de Investigación da Xunta de Galicia (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e novelista portugués. Coñecido como Vitorino Nemésio, doutorouse en Filoloxía Románica na Universidade de Letras de Lisboa, da que tamén foi reitor. Creador da Revista de Portugal (1937), en que apareceron destacadas figuras modernistas e vangardistas, foi director do xornal O Dia (1975). A súa primeira obra poética foi Canto Matinal (1916). O recordo das Açores e a memoria da infancia son os dous polos que centran a súa poesía, especialmente no libro Nem toda a noite a vida (1950). Destacado ensaísta e investigador, explorou o mundo do conto en Paço do Milhafre (1924) e a novela en A casa fechada (1937) e Mau tempo no canal (1944). Recibiu o Premio Nacional de Literatura de Portugal (1965) e o Premio Montaigne (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cronista portugués. En Peregrinação (1614) relatou as viaxes que realizou por Birmania, China, as Molucas, Siam e Xapón. É un documento importante sobre as xestas dos portugueses en Oriente durante o s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso e mariño. Seguiu a carreira de mariño e en 1736 ingresou na Compañía de Xesús. En 1745 marchou a Arxentina, onde destacou como cartógrafo e matemático. Fundou a cátedra desta materia na Universidad de Córdoba e foi profesor no colexio de San Ignacio de Bos Aires. Explorou, por orde de Filipe V, as costas meridionais de Río de la Plata ata o estreito de Magallanes. En 1767 foi expulsado de Arxentina e marchou desterrado a Italia. Publicou Relación del viaje a la costa de los Patagones, editada en varias linguas; Tratado del arte verdadero de navegar (1784) e Breve noticia del viaje por el río Paraguay; e, como cartógrafo, Mapa de las misiones de la Compañía en los ríos Paraná y Uruguay (1749).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Política, enxeñeira e economista. Foi secretaria xeral de Comunicacións (1991-1996), presidiu o consello de administración de Correos e Telégrafos e a empresa Hispasat. Foi directora xeral da Fundación Teatro Lírico, encargada do Teatro Real e do da Zarzuela (1996), e de Lenci Consulting (1997-2002). Foi ministra de Sanidade e Consumo en 2004.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote. Coñecido como o padre Silva, licenciouse en Filosofía Pura e Teoloxía. Fundador en Ourense do proxecto educativo Benposta Ciudad de los Muchachos (1956), en 1964 creou a primeira escola internacional de circo de España, El Circo de los Muchachos. Recibiu a Medalla de Oro al Mérito de las Bellas Artes (1994).
VER O DETALLE DO TERMO