"Mens" (Contén)
Mostrando 18 resultados de 78.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de notación que se utilizaba nas orixes da música polifónica (finais do s XII e comezos do s XIII), que permitía definir moi precisamente a relación de valor entre unha nota e outra.
-
PERSOEIRO
Estadista alemán. Naturalizado austríaco, foi conde e príncipe de Metternich-Winneburg (1806). Estudou en Estrasburgo (1788-1790) e entrou ao servizo da diplomacia austríaca a partir de 1790. Despois da derrota fronte a Francia, foi chanceler e adoptou unha política conciliadora respecto a Napoleón. Restableceu o poder austríaco en Italia e Alemaña e impuxo un novo equilibrio político europeo no Congreso de Viena (1814-1815). Por medio da Cuádrupla Alianza, tentou opoñerse aos principios da liberdade e autodeterminación dos pobos. A insurrección de Viena de 1848 obrigouno a dimitir.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao espazo de máis de tres dimensións.
-
CIDADES
Cidade da división de Dacca, Bangladesh, que está situada á beira dun brazo do Brahmaputra, ao N de Dacca (188.713 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Las Palmas de Gran Canaria ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Las Palmas de Gran Canaria.
-
-
-
Que sucede antes da menstruación.
-
Síndrome previo ao inicio da menstruación, que se caracteriza xeralmente por irritabilidade, tensión emocional, ansiedade, cambios de humor, cefalea, peitos dolorosos e turxescentes, e retención de auga no organismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mensaxe transmitida por radio.
-
CIDADES
Cidade da oblast’ de Moscova, Rusia (86.000 h [estim 1987]). A súa economía baséase na industria téxtil e nas construcións mecánicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor alemán. De novo viaxou a Würzburg, onde acadou un gran prestixio. A súa obra, incluída no gótico tardío pero sen o dramatismo e o expresionismo xermánico, é dificilmente separable das numerosas obras producidas no seu obradoiro. Realizou Eva (1491) e a Tumba do bispo Rudolf von Scherenberg (1496-1499) para a catedral de Würzburg, o Retablo do Sagrado Sangue (1499-1505) para a Jakobskirche de Rothenburg ob der Tauber, e o Retablo da Virxe (1505-1510) para a Herrgottskirche de Creglingen.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor holandés. Coñecido como Rembrandt, foi discípulo dos pintores italianistas Jacob Isacszoon van Swanenburch e Jacob Symonszoon Pynas. En Leiden traballou estreitamente con Jan Lievens e en 1631 trasladouse a Amsterdam, onde frecuentou o taller de Pieter Pieterszoon Lastman. Estilisticamente partiu dunha base italiana clasicista, influído pola obra de Caravaggio, aínda que a súa obra se dividiu en dúas etapas, diferenciadas pola morte da súa dona, Saskia (1644). Na primeira (1625-1644) partiu dun naturalismo aínda non formado e reforzado por un claroscuro máis formal que ideolóxico (A lección de anatomía do doutor Tulp, 1632). A luz e a cor empregadas foron suaves e potenciaron a beleza plástica dos conxuntos, nos que con frecuencia representou a filósofos e a personaxes bíblicos (A lapidación de Santo Estevo, 1625), aínda que tamén tratou o tema mitolóxico (Artemisa, 1634) e o retrato (A parella feliz, 1634). O segundo período correspondeuse...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a São Tomé e Príncipe, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de São Tomé e Príncipe.
-
Crioulo de base portuguesa que se fala en São Tomé. OBS: Tamén se denomina forro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade do SI de condutancia, inverso ao ohm, que é 1S = 1/1Ω. Foi denominado tamén mho, pero este nome non é aceptado polo SI.
-
FAMILIAS
Familia de enxeñeiros e industriais alemáns. Werner von Siemens (Lenthe 13.12.1816-Berlín 6.12.1892) especializouse en galvanoplastia e construcións eléctricas. Xunto con J. G. Halske fundou a empresa Siemens Halske (1847), dedicada ás instalacións telegráficas. Enunciou o principio da dínamo (1866), construíu unha locomotora eléctrica que funcionou en Berlín (1879) e ideou tamén pilas, pirómetros e luces eléctricas. Os seus irmáns Wilhelm von Siemens (Lenthe 4.4.1823-Londres 19.11.1883) e Friedrich von Siemens (Menzendorf 8.12.1826-Dresden 24.4.1904), inventaron o forno de recuperación para a fusión do aceiro e do vidro. Con Werner colaborou tamén outro irmán, Carl von Siemens (Menzendorf 3.3.1829-Menton 21.3.1906). A obra dos Siemens foi continuada polos tres fillos de Werner.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade industrial alemá fundada en 1847 por W. Siemens para explotar o telégrafo de disco móbil descuberto por el mesmo. Construíu as primeiras redes telegráficas, en 1874 instalou o primeiro cable transatlántico e en 1879 iniciou a construción de locomotoras eléctricas. En 1979 adquiriu a fábrica de lámpadas Osram, e en 1981 unha participación no grupo alemán Grundig. En 1986 entrou no campo dos ordenadores. En 1895 estableceuse o primeiro representante de Siemens en España e en 1970 tomou o nome de Siemens SA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten tres dimensións, alto, largo e longo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten unha soa dimensión.
-
PERSOEIRO
Arquitecto, pintor e deseñador. A súa obra pictórica aproximouse ao neoimpresionismo. En 1985 editou o libro manifesto Déblaiement d’art (1895) e proxectou para a súa familia a casa Bloemenwert, en Ukkel, onde anticipou unhas formulacións funcionais. En 1899 instalouse en Alemaña, onde proxectou o interior do Folwang Museum de Hagen (1900-1902). A súa obra evolucionou cara á simplificación e a súa formulación pedagóxica da experimentación nova colocouno ao límite da pedagoxía da Bauhaus.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Fixo investigacións sobre a análise de gases e desenvolveu novos métodos de análise gravimétrica e o método, chamado de contacto, para a produción de ácido sulfúrico (1878). En 1886 descubriu o xermanio.
VER O DETALLE DO TERMO