"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

  • Tornarse unha persoa pouco activa ou sen iniciativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de economía fundada no ano 1941 en Madrid. Órgano do Instituto Sancho de Montcada do CSIC.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ciencia que estudia a estrutura dos seres vivos baseándose na observación mediata ou inmediata e recorrendo, polo xeral, á disección. Distínguense a anatomía animal, da que forma parte a anatomía humana, e a anatomía vexetal.

      2. Arte de disecar ou separar as partes dun ser vivo para descubrir a súa situación e estrutura.

      3. Estudio da estrutura dun ser vivo mediante a disección das partes que o integran.

      4. Estrutura dun ser vivo.

      5. Disección ou separación das partes que integran un ser vivo.

    1. Análise sutil.

      1. anatomía comparada

        Rama da anatomía que ten por obxecto o estudio anatómico comparativo dunha mesma estrutura (un órgano, un aparello, etc) en diferentes seres vivos co fin de establecer analoxías e homoloxías ou diferencias. Foi Cuvier, o ‘pai da anatomía comparada’ quen, ao publicar (1800-1805) as súas Leçons d’anatomie comparée (Leccións de anatomía comparada), sistematizou, ordenou e valorou debidamente esta ciencia.

      2. anatomía descritiva

        Rama da anatomía que estudia de xeito analítico a localización, a forma e o desenvolvemento das partes (órganos, aparellos, etc) dos seres vivos.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á anatomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica ao estudo e á investigación dentro do campo da anatomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disecar, executar ou realizar a anatomía dun corpo.

    2. Discernir minuciosamente, analizar sutilmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto nado en Cee (A Coruña). Inscribiuse como estudante entre 1654 e 1656 na facultade de Artes da Universidade de Santiago. Comezou a traballar nos talleres da Catedral de Santiago desde 1662 onde desenvolveu un ascenso profesional rápido: tres anos máis tarde xa aparecía vencellado ao fabriqueiro Vega y Verdugo que o promocionou como Aparellador Maior da catedral (1669). Pouco tempo despois, en 1676 acadou o cargo de mestre de obras coa obriga de organizar os espectáculos de fogos artificiais, trazar e dirixir todas as obras do edificio catedralicio e as posesións do cabido santiagués. Como arquitecto cómpre salientar as súas numerosas intervencións na catedral: a remodelación da Porta Santa (1694), o pórtico real da Quintana (1695-1700), a capela do Pilar (1686-1710) e sobre todo, a Torre do Reloxio (1676-1680) onde chegou ao seu cumio monumental e decorativo. A todo isto hai que lle engadir a súa actividade como mestre de obras municipal. Desta época son edificios civís tan significativos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise do molusco lamelibranquio filibranquio que ten o músculo adutor anterior máis pequeno ca o posterior e que, por tanto, presenta as dúas impresións paleais da valva desiguais. O mexillón é un exemplo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento retórico de carácter repetitivo que ten a súa orixe en alteracións de carácter fonético que ocasionan, á vez, un xogo semántico que amplía as posibilidades estilísticas do discurso literario. Xa que logo, as variacións que se producen no plano da expresión traen consecuencias inmediatas, de maior ou menor alcance, no plano do contido. A annominatio comprende varios tipos de recursos que se diferencian segundo o tipo de modificación á que se somete a palabra reiterada. A retórica tradicional establece no interior da annominatio unha subdivisión entre a paronomasia, que é o termo reservado para os xogos de palabras que se realizan mediante variacións fónicas non gramaticais (“mando-me-lh’eu que s’enfinga / da mia cinta e x’a cinga”), e aqueloutras figuras nas que a alteración que ten lugar no proceso iterativo é de carácter morfolóxico, pero nunca afecta o significado léxico da palabra repetida. Neste segundo grupo intégranse: a derivatio, baseada na...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ausencia de lei.

    2. Estado social no que a confusión e a mutua contradición das normas existentes crean unha grave desorganización na conduta de certos individuos. Este concepto foi formulado por Émile Durkheim.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos da orde dos ostreidos ao que pertence a ostra de can.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade causada polo anquilostoma, parasito que penetra a través da boca ou de feridas na pel do hóspede ata fixarse no intestino delgado. Prodúcese principalmente nas zonas tropicais e subtropicais e soe afectar as persoas que traballan en profundidade, como os mineiros, polo que tamén se denomina anemia dos mineiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • antinuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de antídromo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Contrario aos principios da economía.

    2. Dise do que produce máis gastos que beneficios, do que é pouco ou nada aforrativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto asinado por Alemaña e Xapón o 25 de novembro do 1936 para opoñerse á Internacional Comunista (Komintern). Posteriormente adheríronse Italia (1937), Manchukuo e España (1939), Hungría (1940) e Bulgaria (1941). En novembro de 1941 renovouse o pacto por un período de cinco anos, que non se chegou a cumprir debido á derrota das potencias do Eixe na Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Contradición real ou aparente entre dúas leis ou entre dous preceptos dunha mesma lei. Cando a contradición é irredutible, o intérprete debe considerar non escrito o precepto contrario aos principios xerais do sistema xurídico en cuestión, ou ben anular os dous e cualificar a situación como un caso de lagoa legal.

    2. Contradición entre dúas proposicións que, consideradas illadamente, teñen tantas razóns xustificadoras unha coma a outra. Kant formulou catro antinomías que implican a crítica á metafísica tradicional: eternidade e infinidade do mundo, natureza da substancia, existencia dun determinismo universal e existencia dun ser absolutamente necesario.

    3. paradoxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao antinomismo ou aos antinomianos.

    2. Seguidor do antinomismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á antinomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que ensina que pola graza de Xesucristo un ser humano queda liberado da obriga de seguimento de calquera lei moral. Baseada nos textos de Paulo referentes á abolición da lei antiga e á xustificación pola fe, afectou a algunhas sectas agnósticas como os nicolaítas e os ofitas, e reapareceu coa reforma protestante.

    VER O DETALLE DO TERMO