"OUA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 80.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización da Unidade Africana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prefectura de Chad (76.240 km2; 543.900 [1993]). A súa capital é Abéché.
-
CAPITAIS
Capital de Burkina Faso e da provincia de Kadiogo, situada no centro do país (690.000 h [1993]). A industria está pouco desenvolvida, conta con fábricas eléctricas, de tecidos de algodón e de vidro. É dunha grande importancia a liña férrea que vai da capital ata Abidjan, porto de Costa de Marfil. Ten aeroporto internacional e unha universidade que se fundou en 1974.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prefectura de República Centroafricana (49.900 km2; 248.090 h [estim 1989]). A súa capital é Bambari (41.000 h [estim 1989]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Marrocos (41.550 km2; 695.000 h [estim 1994]). A súa capital é Ouarzazate (39.203 h [estim 1994]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Alxeria (6.259 km2; 509.170 h [1998]). A súa capital é Oum el-Bouagui (44.199 h [1987]).
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Influído pola obra de P. Cézanne, H. Matisse e F. Léger, foi desde 1945 a personalidade máis destacada da tendencia neopicassiana. Cultivou tamén a escenografía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Foi profesor de patoloxía e da Faculté de París, a partir de 1876. Estudou o aparello circulatorio e en 1889 ideou o esfigmomanómetro. Publicou Des lesions des ganglions lymphatiques viscéraux (1859).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Deputado en 1791, achegouse aos xirondinos e foi condenado a morte. En teatro acadou un grande éxito con Les Templiers (1805), aínda que destacou especialmente polo seu Choix des poésies originales des Troubadours (1816-1821), coa que contribuíu a restituír á lingua de Oc a súa dignidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Traballou sobre todo en problemas de mecánica celeste. Estudou as perturbacións que unha gran masa sólida pode producir na formación doutros corpos sólidos, nas atmosferas dos cometas e na estrutura interna da Terra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre francesa, marquesa de Montespan. Foi favorita do Rei Luís XIV (1667-1679), con quen tivo oito fillos que foron lexitimados polo monarca. En 1691 deixou Versailles e retirouse a un convento que ela mesma fundara en París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista suízo. Inicialmente seguiu a corrente naturalista de Zola, pero despois estudou a alma e as paixóns humanas en novelas como Le sens de la vie (1889), La vie privée de Michel Teissier (1893), Au milieu du chemin (1900) e Aloyse Valérien (1908).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Discípulo de Gustave Moreau, arredor de 1898 atravesou unha crise moral e artística, que resolveu cunha orientación profundamente relixiosa ao coñecer a J. K. Huysmans e L. Bloy en 1904. Na súa obra, eminentemente expresionista e caracterizada estilisticamente polos perfís de trazos negros, describiu o sufrimento humano como desherdados da fortuna, pallasos e prostitutas, e representou sobre todo crucifixos e escenas bíblicas, como a serie de gravados Miserere.
VER O DETALLE DO TERMO -
MACIZO
Macizo paleozoico situado en Marrocos (3.404 m), cun volcán do Terciario, que une o Grande Atlas co Pequeno Atlas.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Níxer (106.677 km2; 1.373.000 h [estim 1990]). A súa capital é Tahoua (49.948 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo establecido en 1964 e posto en práctica desde 1966 entre Gabón, República Democrática do Congo, República Centroafricana, Camerún e Chad, que se separou en 1968. Aboliu as aduanas interiores e adoptou un arancel común. Houbo tamén unha coordinación da política industrial e o establecemento dun único banco central, a Banque Centrale de l’Afrique Central (1973), que emitiu o franco CFA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo económico e aduaneiro establecido por Costa de Marfil, Dahomey (Benin), Alto Volta (Burkina Faso), Mali, Mauritania, Níxer e Senegal en 1964. Os seus obxectivos eran establecer o libre cambio entre eles e facer unha redistribución dos ingresos aduaneiros procedentes das vendas a outros países non membros; pero estes obxectivos non foron acadados e había tantos réximes aduaneiros e fiscais como estados. En 1970 foi substituída pola Comunidade Económica de África Occidental.
-
PERSOEIRO
Político francés. Partidario do blanquismo, participou na Comuna de París e tivo que exiliarse ata 1880. Elixido deputado (1893-1915), encabezou a facción blanquista ata a unificación socialista (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Membro do grupo nabí, e moi influenciado pola estampa xaponesa, a súa pintura, intimista, é tecnicamente refinada. Combinou nunha mesma obra o óleo, a augada e o pastel, xeralmente sobre cartón. Das súas obras destacan Au lit (1891) e Sous la lampe (1892).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Tunisia (2.768 km2; 161.600 h [estim 2004]). A capital é Zaghouan (10.149 h [1984]).