"Omo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 696.

  • Ken de illa de Honshū, Xapón (9.613 km2; 1.477.000 h [estim 1991]). A capital é Aomori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amina obtida deshidratando o clorhidato de morfina con ácido clorhídrico ou cloruro de zinc. Moi tóxica, emprégase en medicina en forma de clorhidato; de acción emética potente, utilízase, por exemplo, en casos de envelenamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Mondoñedo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor vasco. Aos 12 anos realizou un ensaio de octeto, Nada y Mucho, e aos 14 anos, estreou en Bilbao a ópera Los esclavos felices. No ano 1822 marchou a París, onde mereceu a admiración de Cherubini. Ademais, entre outras obras, é autor de tres cuartetos para corda (1824), dunha sinfonía en re maior e de diversas cantatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asomar ou asomarse.

    2. Indicio ou sinal dalgunha cousa.

    3. Entre dúas ou máis palabras, igualdade das vocais tónicas nas agudas e das vocais tónicas, e a última vogal átona nas graves e nas esdrúxulas, prescindindo dos outros sons que seguen á vogal tónica, tanto se son vocais como se son consonantes. Non contan entón para a asonancia, as vocais postónicas internas das palabras esdrúxulas nin as semivocais dos ditongos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asomar ou asomarse.

    2. Indicio ou sinal dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa versada en Astronomía.

    2. Persoa que se dedica a observar corpos celestes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista anónimo do reinado de Luís o Piadoso, coñecido así pola súa afección ao relato de fenómenos astronómicos. A súa Vita Ludovici, aínda que é unha fonte de primeira magnitude para estudar este reinado, ten ton panexírico. O período historiado nesta obra abrangue dende o 769 ata o 840.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. s m Sistema formado por un determinado número de partículas elementais (esencialmente protóns, neutróns e electróns) que, sendo electricamente neutros, posúe intrinsecamente as características dun elemento químico e non é a cantidade máis pequena que pode intervir nunha combinación química. Basicamente un átomo consta de dúas partes. Dunha banda o núcleo, formado por protóns e neutróns, que contén case toda a masa do átomo (99,9%), pero que só ocupa unha parte ínfima. Os electróns, doutra banda, envolven o núcleo formando capas a diferentes niveis e, a consecuencia da súa carga eléctrica negativa, neutralizan a carga positiva do núcleo. Os átomos dun mesmo elemento teñen o mesmo número de protóns e electróns (número atómico, Z), feito que determina as propiedades químicas do elemento. Non obstante , poden ter diferente número de neutróns (número neutrónico, N) no núcleo. Son os isótopos do elemento, que teñen propiedades físicas diferentes. Para distinguilos, cabe especificar o número...

      2. átomo mesónico

        Átomo no que un electrón cortical foi substituído por un mesón. Como a masa dos mesóns é unhas duascentas veces maior cá do electrón, o radio de Bohr da órbita mesónica é unhas duascentas veces menor ca a do electrón, e a miúdo penetra no interior do núcleo.

      3. átomo muónico

        Átomo no que un electrón foi substituído por un muón.

    1. Partícula moi pequena dunha cousa.

    2. Cousa extremadamente pequena.

    3. Estrutura das relacións entre o individuo e o seu grupo social, esquematizada en forma de atraccións e repulsións recíprocas. A representación gráfica do conxunto de átomos sociais dun grupo denomínase sociograma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade dun elemento que pesa, en gramos, o valor expresado polo seu peso atómico. Un átomo-gramo de calquera elemento contén o mesmo número de átomos (número de Avogadro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carácter derivado non compartido por outras especies.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circuíto de carreiras para automóbiles, en forma oval e cunha lonxitude que oscila entre os 2,5 e os 4,5 km, no que os vehículos poden acadar velocidades de máis de 300 km/h. A pista está pechada e é continua, feita cun aglomerado asfáltico de elevado coeficiente de adherencia, ten curvas peraltadas e cando menos dous longos tramos rectos. Os autódromos tradicionais volvéronse perigosos e, agás o de Indianápolis (EE UU) onde se celebra a carreira das 500 millas, apenas se usan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise do enxeño capaz de producir a súa propia forza motriz e que pode desprazarse e ser guiado segundo os desexos do seu condutor.

    2. ehículo terrestre, xeralmente montado sobre catro ou máis rodas. O automóbil naceu da aplicación dun motor térmico -de vapor primeiro, de gasolina despois-, se ben tamén hai exemplos de motor eléctrico movido por baterías, sobre un vehículo directamente derivado dun coche de cabalos. Os automóbiles teñen características diferentes segundo o uso ao que sexan destinados: o automóbil de turismo, o automóbil de transporte colectivo de pasaxeiros, o automóbil de transporte de mercadorías, o automóbil de competición (ou de carreiras). Os principais elementos que constitúen un automóbil son o motor, a transmisión, a suspensión, a dirección, a carrocería, os freos, o circuíto eléctrico e os accesorios. O motor transforma a enerxía interna dun combustible ou a enerxía eléctrica -subministrada habitualmente por baterías-, en enerxía mecánica. Os motores alternativos de combustión interna, que son os máis correntes, están definidos polo tipo de ciclo termodinámico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utilización deportiva do automóbil. O automobilismo desenvolveuse a partir do 1895, cando se percorreu por vez primeira o traxecto París-Bordeos-París. Esta data significou o comezo dun progreso rapidísimo do deporte do automobilismo e popularizou as carreiras por estrada. Despois da tráxica carreira París-Madrid (1903), as competicións empezaron a ser organizadas en circuítos pechados ou autódromos, nos que foron aparecendo as medidas de seguridade que hoxe son regulamentarias. Actualmente se poden clasificar as diferentes probas automobilísticas en: carreiras de velocidade, de resistencia, de montaña, rallyes e autocross. A FIA (Federación Internacional de Automobilismo) organiza anualmente varias probas que puntúan para os campionatos de cada especialidade, entre os cales destacan o Campionato do Mundo de Fórmula 1 e o Campionato do Mundo de Rallye. Na modalidade de rallyes, o coruñés Luís Rodríguez Moya proclamouse Campión do Mundo en dúas ocasións (1990 e 1992) como copiloto do madrileño...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica o automobilismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao automobilismo ou aos automóbiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de automotor.

    2. Estudio ou descrición dos aparellos automóbiles ou aqueles que se desprazan pola acción dun motor.

    3. Sector da industria dedicado ao automóbil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Isomorfismo establecido entre un conxunto e el mesmo.

    2. Tendencia a proxectar o propio psiquismo no psiquismo doutro, mesmo nos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: idiomorfo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se move de seu, sen a intervención de ningunha acción exterior.

    2. ehículo ferroviario lixeiro de tracción autónoma. O automotor é moi utilizado no servizo ferroviario de proximidade e no transporte urbano (ferrocarrís metropolitanos e tranvías). Pode circular só ou ben levar encaixados outros automotores ou vagóns-remolque sen máquina motriz propia. Segundo o sistema de tracción empregado, os automotores poden ser clasificados en eléctricos ou térmicos. De entre estes últimos cómpre distinguir os de vapor -practicamente desaparecidos-, os de motor diesel e os de turbina de gas.

    VER O DETALLE DO TERMO