"Orio" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 485.
-
PERSOEIRO
Escultor. Realizou o retablo da capela maior do convento de San Salvador de Ferreira (Pantón); nel substituíu os escudos dos condes de Amarante, señores do soar de Ferreira, polo dos reis de Castela e León.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, urbanista, crítico e historiador de Arquitectura. Parte dun realismo fundamental e ten unha posición renovadora na linguaxe do deseño. Foi un dos promotores do Grupo R (1953-1963). Traballou asociado a Josep M. Martorell e David Mackay. Das súas obras destacan a Mutua Metalúrxica, os talleres de La Vanguardia, a escola Thau, os parques da Creeueta del Coll, en Barcelona; o conxunto Triedrichstadt, en Berlín e o parque de España en Rosario (Argentina). Foi delegado da área de Urbanismo do Concello de Barcelona (1980-1984) e interveu en diversos proxectos derivados dos Xogos Olímpicos de Barcelona (trazado urbanístico da Vila Olímpica). Publicou numerosas obras, entre as que destacan: Barcelona entre el Pla Cerdá i el barraquisme (Barcelona entre o Plan Cerdá e o chabolismo, 1963), Arquitectura modernista (1968), Contra una arquitectura adjetivada (1969), Polèmica d’arquitectura catalá (Polémica de arquitectura catalana, 1970), Proceso...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Consagrouse definitivamente co personaxe Manelic de Terra baixa (1897). Estivo no Romea en calidade de primeiro actor e codirector (1901-1904). Actuou en Madrid -con interpretacións en El alcalde de Zalamea de Calderón de la Barca e en El abuelo de B. Pérez Galdós- e en América Latina. Volveu a Barcelona (1917) e actuou no Poliorama (1936-1939). En 1939 reapareceu coa estrea La santa hermandad de E. Marquina e La santa virreina de J. M. Pemán.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Técnico de sistemas e deseñador. Traballou no Diario 16 de Galicia (1991-1998). Deseñou a publicación Metrópolis de Vigo (1991-1993) e foi editor e deseñador da revista comarcal El Valle (1993-1995). É director de Edicións e Sistemas de Ir Indo e da EGU.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro astronómico hispano-alemán situado en Almería. Creouse despois dun acordo de colaboración científica asinado polos dous países o 17 de xullo de 1972. A dirección corresponde á Comisión Nacional de Astronomía e ao Max Planch Institut de Alemaña. O seu telescopio óptico mide 3,5 m de diámetro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cálculo.
-
PERSOEIRO
Poeta asturiano. Estudiou filosofía, matemáticas e medicina. Nas súas primeiras composicións, recollidas en Ternezas y flores (1840), seguiu as tendencias románticas; posteriormente, en Ayes del alma (1842) e Fábulas (1842) xa presenta as características que defendeu na súa Poética (1883), unha poesía dramatizada, con argumento e contido filosófico e cunha linguaxe coloquial. Ademais publicou Doloras (1846) e Filosofía de las leyes (1846), entre outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á actividade cardíaca e respiratoria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Señorío fundado en febreiro de 1535 por García de Caamaño o Alto, membro da casa de Castro Caamaño de Noia e señor de Vilagarcía, de Rubiáns, de Vista Alegre e de Barrantes. Dous séculos máis tarde, en febreiro de 1761, o Rei Carlos III concedeulle ao VII señor de Rubiáns, Rodrigo Antonio de Mendoza Caamaño Barrionuevo e Monroy, o título de grande de España. A finais do s XVIII, ao morrer sen descendencia a IX señora de Rubiáns, Clara de Oca Mendoza e Caamaño, este señorío pasou xunto cos de Vilagarcía, Vista Alegre e Barrantes á casa da familia Ozores na persoa de Juan Ozores y Valderrama. As armas do señorío de Rubiáns son similares ás armas dos Caamaño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
casoiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñecía na Antigüidade o cabo Touriñán. Estrabón tamén o denomina cabo Nerion, xa que nesta zona habitaba o pobo dos célticos nerios (celtici neri).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao censor ou á censura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que certifica ou serve para certificar.
-
-
Construción de forma poligonal ou cilíndrica que serve de base a unha cúpula e que descansa sobre os arcos construídos na intersección de dúas naves ou arcos torais. Permite iluminar o interior do edificio a través das aberturas feitas no seu perímetro.
-
Construción ou torre elevada sobre o cruceiro de planta cadrada ou poligonal que adoita rematar nun chapitel.
-
Bóveda semiesférica dun edificio.
-
Especie de baldaquino con forma de cúpula, sostido por columnas, que se eleva sobre o altar maior dunha igrexa.
-
Copa grega con forma de flor de nenúfar.
-
-
-
Relativo ou pertencente á circulación. Ex: O sangue circula polo aparato circulatorio. O caos circulatorio desta cidade é constante.
-
Conxunto de condutos ou vasos, órganos impelentes, etc, polos que circula o sangue. Na maioría dos invertebrados consta dunha serie de vasos contráctiles: un deles, dorsal, actúa como órgano impelente do sangue; o conxunto non forma un sistema pechado, senón que os vasos van parar a lagoas, nas que bañan os órganos. Dentro dos invertebrados só os anélidos teñen un aparato circulatorio pechado, cun vaso dorsal polo que o sangue circula cara a adiante e outro ventral polo que circula cara a atrás; estes dous vasos están comunicados por vasos transversais. Nos vertebrados, o órgano impelente chámase corazón, os condutos ou vasos que alí converxen, veas e vénulas, os que se afastan, arterias e arteríolas, e os de pequena sección, nos que desembocan todos a nivel de tecido, capilares; todo o conxunto forma un sistema perfectamente pechado. Nos vertebrados acuáticos con respiración branquial (peixes, larvas de anfibios), o corazón, ventral,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á orde emitida para comparecer perante un xuíz. Ex: Chegoulle a orde citatoria para o xuízo por aquela denuncia.
-
-
Enfermidades fúnxicas producidas por fungos do xénero Cladosporium, como por exemplo as especies C. fulvum, que ataca o tomate; C. cucumerinum, que afecta ao melón e ao cogombro; C. pisicolum, que ataca o chícharo, e C. carpophilum, que afecta ao melocotón.
-
-
Micose ocasionada por fungos do xénero Cladosporium.
-
cladosporiose cerebral
Micose provocada polo fungo Cladosporium trichoides, caracterizada por abscesos ou tumores necróticos, escuros, que afectan ás persoas inmunodeficitarias de rexións temperadas de América, África e Europa.
-
cladosporiose cutánea
Micose orixinada polo fungo Cladosporium wermecki, especialmente frecuente en África, e en xeral en países cálidos e húmidos, que afecta sobre todo ás mans dos pacientes. Tamén se coñece co nome de tiña negra.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para clasificar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín publicado na Coruña e dirixido por Luz Pozo Garza, dedicado á produción literaria en Galicia, onde se inclúen artigos de diversos intelectuais galegos, acompañados de ilustracións de destacados pintores.
-
-
Relativo ou pertencente á colusión.
-
Que ten carácter de colusión ou que a produce.
-