"Oss" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 183.
-
PERSOEIRO
Compositor valón. Foi mestre de música, director da Opéra de París e, coa Revolución Francesa, foi compositor oficial da República. En París deuse a coñecer con óperas como Le faux lord (1765), Toinon et Toinette (1767) e Sabinus (1774).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista alemán. Na súa obra Evolución das leis do intercambio humano (1854), formulou as leis fundamentais da utilidade marxinal, denominadas “leis de Gossen”, sobre a saturación progresiva das satisfaccións e necesidades.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Formouse en Zúric baixo a dirección de Jakob Jud. Foi catedrático de Filoloxía Románica nas universidades de Viena (1959-1967) e de Basilea (1967-1981). É autor de varios estudios de dialectoloxía diacrónica francesa, entre os que destaca Petite grammaire de l’ancien picard (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estatístico inglés. Coñecido como Student, traballou na destilería Guiness, onde desenvolveu procedementos estatísticos novos como a lei de Student.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo inglés. Formado na Oxford University, foi chanceler da mesma (1221), arquidiácono de Leicester e desde 1253 bispo de Lincoln. Considerado un dos fundadores da escola de Oxford e influído polas ideas de Platón e Aristóteles, colocou a luz no centro da súa metafísica e da súa epistemoloxía. Recoñeceu, ademais, a importancia da experimentación no establecemento das verdades científicas. Das súas obras detacan, De unica forma omnium, De generatione stellarum, De motu corporali et lue e De intelligentiis. Así mesmo, traduciu do grego e do latín a Teoloxía mística de Pseudodionisio e De fide ortodoxa de Damascio.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, en Toscana, Italia (72.663 h [2000]). Situada no corazón da chaira de Maremma, a 12 km da costa do mar Tirreno e a 1 km da beira dereita do río Ombrone. É un mercado agrícola e gandeiro, e ten industria mecánica, alimentaria, petroquímica e de materiais para a construción. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, as igrexas de San Lorenzo (s XII) e San Francesco, a fortaleza Medicea e a muralla hexagonal (s XVI).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da Toscana, Italia (4.504 km2; 215.333 h [2000]). A capital é Grosseto.
-
PICOS
Pico austríaco do macizo de Hohe Tauern (3.798 m). Nel localízase o glaciar Pasterze.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor italiano. Romántico conservador, escribiu a novela histórica Marco Visconti (1834), os contos rimados La fuggitiva (1815) e Ildegonda (1820), e o poema épico “I lombardi alla prima crociata” (1826), a partir do que G. Verdi compuxo unha ópera homónima estreada en 1843.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Enxeñeiro químico de profesión, foi correspondente durante a Segunda Guerra Mundial. É autor de contos, novelas e teatro. Da súa produción destaca Za pravoje delo (1952) e Vsjo tečot (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Hispanista alemán. Escribiu Geschichte der latein-amerikanischen Literatur (1969) e Katalanische Lyrik der Gegenwart (1923). Xunto con Rudolf Slaby publicou un dicionario do castelán e alemán (1932-1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘máis ou menos’, ‘sen entrar en detalles’.
-
PERSOEIRO
Escritor. Inscrito no realismo social, publicou La zanja (1961), Un cielo dificilmente azul (1961) e Otoño indio (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PICOS
Pico austríaco do macizo de Hohe Tauern (3.674 m). Contén xacementos de pedras preciosas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Pancho Cossío, iniciouse na pintura en Cantabria (1911) e Madrid (1914). Viviu en París (1923-1932), onde coñeceu a obra de G. Braque e realizou bodegóns poscubistas. Ao regresar a España deixou de pintar ata 1942. Dende entón a súa obra caracterizouse polo estudo da materia, dunha densidade pastosa, e polo debuxo esquemático. Entre outras obras destacan Amor (1926), Los guantes (1929) e Dos mesas (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo estadounidense. Partidario da teoría neuronal de Cajal e de His, en 1907 logrou obter un cultivo de células nerviosas e demostrou experimentalmente que os axóns medran a partir das neuronas. Foi tamén un dos pioneiros no transplante de tecidos e de órganos nos seus experimentos con embrións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das orquidáceas, que presentan tubérculo sen dividir e influorescencias en acio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de teleósteos planos e asimétricos que pertencen á familia dos pleuronéctidos. A especie máis destacada deste xénero é Hyppoglosus hippoglossus, coñecida por halibut ou fletán común.
-
GALICIA
Sindicalista e político socialista. Naceu no barrio ferrolán de Esteiro e, trala morte do seu pai, trasladouse a Madrid (1860), onde iniciou a súa formación como impresor traballando en varias imprentas. En 1870 ingresou na sección de tipógrafos da Federación Madrileña da Internacional e, ao ano seguinte, foi designado secretario da comarca norte da Federación Regional Española da AIT. Comezou as súas colaboracións habituais como xornalista na prensa obreira, principalmente en La Solidaridad, o periódico da Internacional, onde publicou o seu primeiro artigo “La guerra”, ou en La Emancipación, semanario no que formou parte do consello de redacción. En 1873 ingresou na Asociación General del Arte de Imprimir, organización socialista da que foi presidente entre 1874 e 1885 e na que iniciou os traballos preparativos para a creación do Partido Socialista Obrero Español (PSOE), xurdido a partir da reunión do 2 de maio de 1879 na casa Labra, e do que foi nomeado secretario do...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(París 1908 - Rossiniére, Suíza 2001) Pintor. Coñecido como Balthus, autodefiniuse como narrativo e surrealista. As súas obras máis características son as que representan personaxes que camiñan polas rúas de París, adolescentes de expresión inxenua e ás veces maléfica seres illados dun mundo cheo de ambigüidades perturbadoras que transmiten soidade e inquedanza. Foi abandonando os aspectos máis descritivos das primeiras obras por unha abstracción representativa (Amencer, 1954).