"Razo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 100.

  • Enterramento megalítico localizado no lugar de Gandón, na parroquia de Aldán (Cangas). Cuberta por unha lousa de superficie e forma irregulares, no cadrante SO ten varias cazolas gravadas; tres delas formando un conxunto. Contiña tamén unha anta de planta trapezoidal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Comarca rururbana situada no límite centro-occidental da provincia de Pontevedra, na península que lle dá nome, O Morrazo, que separa as rías de Pontevedra e Vigo. Limita ao N coa ría de Pontevedra, ao S coa de Vigo, ao O co Océano Atlántico, e ao L coa comarca de Pontevedra (concellos de Pontevedra e Vilaboa). Abrangue unha superficie de 140,7 km2, en que acolle unha poboación de 79.215 h (2001), distribuída nos concellos de Bueu (30,8 km2; 12.350 h), Cangas (38,1 km2; 23.981 h), Marín (36,7 km2; 24.997 h), e Moaña (35,1 km2; 17.887 h). A súa situación nunha península fai que a comarca sexa un espazo xeográfico ben diferenciado, pero non illado, xa que o proceso de urbanización e a súa situación entre as dúas grandes cidades pontevedresas fai que se una funcionalmente a elas. Deste xeito, Marín consolidouse como un centro portuario vinculado no ámbito socioeconómico a Pontevedra, mentres que no S, nos concellos que dan á ría de Vigo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península do litoral occidental de Galicia situada entre as rías de Vigo, ao S, e de Pontevedra, ao N. Trátase basicamente dun horst basculado en dirección SO-NL e atravesado por profundas fracturas e fallas. Administrativamente está dividida nos concellos de Marín, Bueu, Cangas, Moaña e Vilaboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo L da parroquia de Araúxo (Lobios). O seu cumio acada os 965 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiso baixo a advocación de san Xurxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Verín baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bacteriostático que se presenta en forma de lamelas amarelas que se descompoñen entre 236°C e 240°C. Emprégase en medicina como antibacteriana local.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Estrada. A construción inicial datouse cara ao s X, pero reedificouse posteriormente sobre a antiga cimentación. Presenta tres naves de tres tramos, separados por piares que cargan arcos forneiros e cuberta de madeira a dobre vertente. O esquema orixinal foi o mesmo que se empregou na basílica de Santiago de Compostela e en templos do s X.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos parazoos.

    2. Animal do grupo dos parazoos.

    3. Grupo de animais eucariotas pluricelulares sen verdadeiros tecidos que só inclúe o filo dos poríferos ou esponxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Pedrouzos (Melide). O seu cumio acada os 776 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Precipitación en forma de sarabia grosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto heteróclito de elevada toxicidade que, formado por un anel de cinco membros insaturable, contén ao mesmo tempo dous átomos de nitróxeno en posicións relativas 1, 2. Presenta carácter aromático. Pode existir de dúas formas tautómeras. O pirazol é lixeiramente básico e forma sales cos ácidos inorgánicos. Malia ser resistente aos oxidantes e aos redutores, pode ser hidroxenado por medio de procedementos catalíticos, primeiro en pirazolina e despois en pirazolidina, ambos os dous compostos bases máis fortes ca o propio pirazol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos compostos carbonílicos heterocíclicos isómeros derivados formalmente do pirazol. A 5-pirazolona é un sólido cristalino que se funde a 165 °C, soluble en auga e en alcohol. As 5-pirazolonas empréganse en medicina como antipiréticos, e a máis importante é a denominada antipirina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tempo limitado que se dá para que se realice algo.

      1. Período de tempo establecido para o estudo do comportamento dinámico de determinadas magnitudes económicas. Distínguese o curto (nun prazo inferior a un ano), o medio (prazo comprendido entre un e tres anos) e o longo prazo (prazo superior a tres anos).

      2. Pagamento parcial, nunha venda que se paga en varias entregas, que se fai no tempo establecido ata completar unha suma determinada. OBS: Xeralmente, emprégase a expresión a prazos.

      3. a prazo fixo

        Xeito de depositar os cartos nunha entidade financeira, os cales non poden ser retirados ata que se cumpra o prazo estipulado.

      1. Elemento accidental dos negocios xurídicos que ten como efecto o aprazamento da súa execución ou prazo de suspensión; a fixación da data ou as condicións en que se extingue ou prazo resolutorio ou ben a prórroga concedida polo acredor ao debedor ou prazo de graza.

      2. Momento en que cómpre realizar un acto procesual que establece o xuíz de acordo coa lei.

      3. prazo xudicial

        Espazo de tempo determinado legalmente, en beneficio dos litigantes, dentro do que teñen lugar determinados feitos ou dilixencias procesuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado de quinazolina que se presenta en forma de pos de cor branca, moi pouco solubles en auga e alcol. Actúa bloqueando selectivamente os receptores adrenérxicos. Emprégase como antihipertensivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta e praia do litoral atlántico situada na parroquia de Razo (Carballo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballo baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto en prosa que pretende informar sobre as circunstancias e os motivos polos que un trobador escribiu un determinado poema, e sobre os feitos históricos e personaxes que alí están aludidos. As razós conservadas manteñen unha unidade de estilo, de composición e de lingua, o que fai pensar nun traballo de compilación e arranxo suxeito a formulismos de escola.

    VER O DETALLE DO TERMO