"Ruiz" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 65.

  • PERSOEIRO

    Relixioso e escritor. A súa obra reflicte unha extraordinaria cultura e erudición. O Libro del Buen Amor foi redactado en 1330 e corrixido na versión definitiva en 1343. Trátase dunha obra composta por elementos en aparencia illados, pero que se estruturan ao redor dunha liña unitaria, acentuada polo ton xeral de ironía e técnica paródica. Hai tamén unha paráfrase do Pamphilus medieval, unha parodia da épica, sátiras e digresións morais. O metro empregado nesta parte é a cuaderna vía. Integran a parte lírica poemas relixiosos, cancións de estudantes, de cegos e serranillas, xunto con outras composicións, dotadas dunha gran variedade de metros. A obra entronca perfectamente coa tradición literaria europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Fiscal da Audiencia Provincial de Málaga, foi senador designado pola Comunidad Autónoma de Madrid por Coalición Popular (1987-1989) e senador electo polo PP (1989-1995). Deputado da asemblea autonómica (1987-2003), foi presidente da Comunidad Autónoma de Madrid (1995-2003). Desde 2003 é alcalde de Madrid. Escribiu Fin de Siglo: un balance y un proyecto (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Foi embaixador na Santa Sé (1948-1951) e ministro de Educación (1951-1956). Presidiu a comisión española de Justicia y Paz (1971-1975), promotora da campaña pro amnistía e en 1975 participou na creación da Plataforma de Convergencia Democrática e, máis tarde, nas negociacións da reforma política do Estado español. En 1977 integrou Izquierda Democrática na Federación de la Democracia Cristiana, pero non acadou a acta de deputado. Foi Defensor del Pueblo (1982-1987) e presidente do comité español de UNICEF (1988-2001). Fundador da revista Cuadernos para el Diálogo, escribiu La concepción institucional del Derecho (1944), Introdución a la Filosofía Jurídica (1958), La propiedad (1961), Del ser de España (1962) e El Concilio y los derechos del hombre (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. Fundou o holding RUMASA en 1961, con empresas de diferentes sectores, que o goberno do PSOE expropiou en 1983. Creou a organización Partido Político TyE (Agrupación Ruiz-Mateos) coa que se presentou ás eleccións europeas e foi elixido deputado (1989). En 1997 celebrouse o xuízo do caso RUMASA e foi absolto. Co tempo creou un novo holding empresarial denominado NUEVA RUMASA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Artista impresionista, a súa obra destacou polo intimismo, o dominio do debuxo, e os retratos realizados en tons ocres. Pintou Estudio, Doñana e Marina. Recibiu a medalla de bronce da Exposición Nacional de Bellas Artes (1948) e a de ouro do Círculo de Bellas Artes de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO