"Suárez" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 68.

  • PERSOEIRO

    Teólogo, filósofo e teórico xurídico-político. Coñecido como doctor eximius, foi xesuíta (1564) e interpretou libremente a san Tomé de Aquino. Estableceu o suarismo. A súa obra central é Disputationes metaphysicae (1597), onde a metafísica queda ao servizo da teoloxía. Destacan tamén Tractatus de legibus ac Deo legislatore (1612) e Defensio fidei catholicae et apostolicae adversus Anglicanae sectae errores (1613).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e realizador cinematográfico. Propietario da produtora Ditirambo Films, iniciouse no cine dentro da escola de Barcelona despois de traballar como periodista co pseudónimo de Martin Girard. Da súa filmografía destacan La loba y la paloma (1973), Parranda (1977), baseada na novela A Esmorga, de E. Blanco Amor, Remando al viento (1987, Concha de Plata do Festival Internacional de Donostia-San Sebastián en 1988, e seis Premios Goya en 1989), Don Juan en los infiernos (1991), La reina anónima (1992), El detective y la muerte (1994), Mi nombre es sombra (1996), El portero (2000) e El candidato (2002). Escribiu De cuerpo presente (1963), Operación doble dos (1974), La reina roja (1981), Ciudadano Sade (1999), Yo, ellas y el otro (2000) e El Hombre que soñaba demasiado (2005). Recibiu a Medalla de Oro de Bellas Artes (1990) e o Premio Nacional...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Foi lector de teoloxía en Santiago de Compostela (1881-1910) e definidor da provincia (1896-1899). Colaborou en El Eco Franciscano e traduciu a Historia Compostellana (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarcosindicalista. Carpinteiro de profesión, foi deportado a Baltanás (Palencia) despois da folga dos estibadores de 1919. Directivo da Federación Local Obrera da Coruña (1920-1930), foi secretario da CRG (1930-1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Compaxinou a pintura co deseño publicitario e cultivou todos os xéneros. Destacan os seus retratos de nenos, caracterizados pola tenrura. Nas paisaxes representou o mundo laboral como fábricas e estaleiros, caracterizados polo emprego de tons ocres e escuros. Realizou, entre outras obras, Retrato de niña, Lavandeira, Retrato de Familia e Niños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e deportista. Coñecido como Molezún, foi campión nacional de 110 metros valados (1942, 1947, 1948 e 1949), campión de altura (1948) e participou nos Xogos Olímpicos de Londres (1948). Instalouse en Madrid desde 1928 e foi profesor de belas artes na Universidad Complutense de Madrid. Traballou con diversos materiais e técnicas como a acuarela, a vidreira ou o deseño para estampado en tea. Cultivou unha abstracción xeométrica que partiu do cubismo. Cara ao final da súa vida mostrou unha tímida figuación. Empregou os grandes planos e as cores neutras. En 1974 realizou un mural para a sede en Madrid da Fundación March. Gañou o concurso para a decoración do pavillón español na Exposición de Bruxelas de 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario e político. Licenciado en Dereito, desempeñou diversos cargos na administración autonómica e central. Foi delegado do ministerio de Obras Públicas en Pontevedra. Secretario da Fundación Galicia-Empresa, foi deputado no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985) e por Coalición Popular (1985-1989), foi conselleiro de Sanidade (1983-1986), Ordenación do Territorio (1986) e Educación (1987-1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Xefe de informativos en Radio Arosa-Cadena SER, especializouse en información sobre narcotráfico. Foi correspondente de El Ideal Gallego, Diario de Pontevedra, Europa Press, EFE e Radio Pontevedra. Xunto cos servizos informativos de Radio Pontevedra, recibiu o Premio Ondas (1986) e o Premio Ojo Crítico (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO