"Van" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 703.

  • PERSOEIRO

    Director de orquestra inglés, de orixe italiana. Estudiou no Royal College of Music e na Royal Academy of Music de Londres e debutou en 1917. Dirixiu a British National Opera Company (1926), a New York Philarmonic Symphony (substituíndo a Toscanini, 1937-1942), a Hallé Orchestra (director titular dende 1943 ata a súa morte) e a Houston Symphony Orchestra de Texas (1962-1967). No seu repertorio predominou a música inglesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista florentino. Mecenas de poetas e músicos, fundou a Camerata Fiorentina, onde se cultivou o estilo do melodramma per música. Colaborou, entre outros, con Jacopo Peri, Emilio de Cavalieri e Guilio Caccini. Escribiu un Discorso sopra la musica antica e’l cantar bene (Discurso sobre a música antiga e o bo cantar, 1592?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto francés. Foi profesor de Dereito Internacional na Sorbona. Membro do Tribunal Internacional de Xustiza da Haia (1946-1964), do que foi presidente (1949-1952). Representou á Academia das Ciencias Morais e Políticas na Unión Académica Internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano, coñecido tamén co pseudónimo de Gian Alesio Abbattutis. Cultivou a poesía na súa obra Muse napoletane (1635) e a narración curta, á maneira de Boccaccio, en Lo cunto de li cunti ovvero lo Trattenimiento de peccerille (1634-1636).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, violinista e organista italiano. Foi príncipe da Accademia dei Filarmonici, de Boloña (1863), e mestre de capela en Módena, Ferrara e Bérgamo. Impulsou a técnica violinística e o desenvolvemento da sonata. A súa obra instrumental sitúase entre os anos 1677 e 1700, e compuxo arredor de cen cantatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto ruso de formación francesa. Realizou, en estilo clásico, un proxecto de reconstrución total do Kremlin de Moscova (1772) que non foi levado a cabo. É autor do Novo Arsenal de Leningrado (1768 -1769). A súa obra mestra é a casa Pahkov (1784-1786), máis tarde denominada biblioteca Lenin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo italiano. Foi superintendente das antigüidades de Ostia (1938-1954) e catedrático de Arqueoloxía na Universidade de Roma dende 1964. Das súas publicacións destacan: Scavi di Ostia (Escavacións de Ostia, 1953-1969) e L’età classica (A idade clásica, 1965). Así mesmo, dirixiu a Enciclopedia dell’arte antico (Enciclopedia da arte antiga, 1958-1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán de orixe flamenga. Comezou a súa educación musical de neno da man do seu pai, para logo ser alumno de Tobias Pfeiffer e de Christian Gottlob Neefe. En marzo de 1778 foi presentado como neno prodixio da música nun concerto organizado polo seu pai e aos dezaseis anos marchou a Viena, coa intención de ser discípulo de Mozart, o que non acadou debido á negativa do mestre. Posteriormente recibiu leccións de Haydn, B. Schenk, Johann G. Albrechtsberger, Antonio Salieri e Aloys Förster. Froito destes estudios foron, entre outros, os Concertos para piano, op 15 e 19 e Tríos op 1, estreados en 1795. Pronto sobresaíu polos seus dotes de compositor e pianista. Lenz foi o primeiro musicólogo que distinguiu tres estilos ou etapas dentro da obra de Beethoven. Na primeira (ata 1800), as súas obras non se distinguiron formalmente das de Haydn e de Mozart, pero teñen trazos orixinais característicos; as obras máis destacables foron a Sonata para piano op 13 (1798),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano, chamado o Giambellino. Discípulo do seu pai Iacopo e do seu cuñado Mantegna, estivo influenciado pola pintura flamenga e por Antonello de Messina. Traballou no obradoiro de Squarcione en Padua. Foi colaborador do seu pai e do seu irmán Gentile. Da súa primeira época destacan a Transfiguración e a Oración na horta. Pintou diversas Pietà e numerosas Madonne (Virxe entronizada co neno durmido), tema que cultivou durante toda a súa vida. En diversas ocasións traballou na decoración do palacio ducal de Venecia. A partir do 1500 cultivou novos temas (A núa, O festín dos deuses). Foi un magnífico paisaxista e retratista (O duque Leonardo Loredano). A súa pintura nun principio moi austera, de liñas cortantes e feitura sobria, suavizouse, tendendo cara a unha suavidade de liñas e formas, abandonando o espírito analítico do s XV, feito que xa anuncia o século seguinte. A visión intimista que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tratadista de arte e arqueólogo. Foi nomeado por Clemente X anticuario de Roma. A súa obra máis importante é Vite de pittori, scultori ed architetti moderni (Vida de pintores, escultores e arquitectos modernos, 1672). Está escrita cun criterio selectivo e non limitada aos artistas italianos. Atacou o Naturalismo de Caravaggio e o Manierismo, e defendeu un termo medio entre a idea e a natureza, actitude identificada co eclecticismo de Annibale Carraci, a quen consideraba o auténtico herdeiro da grandeza de Raffaello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Deuse a coñecer co conto Derevn’a Berd’ajka (O pobo de Berd´ajka, 1961) e consagrouse con Privyčnoje delo (Traballo habitual, 1966). Da súa produción destacan Plotničkije Rasskazy (Historias dun madeireiro, 1968), Utrom u subbotu (Sábado pola mañá, 1976) e Vospitanije po doktoru Spoku (A educación segundo o doutor Spock, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo. Estivo ao servizo do vicerrei de Exipto Mu ḥ ammad Alī. De acordo co cónsul inglés no Cairo dedicouse a recoller antigüidades exipcias que enviou a Europa, sobre todo a Gran Bretaña. Penetrou no interior da pirámide de Kefren, descubriu o templo de Abu Simbel e explorou o Val dos Reis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo flamengo. Foi o primeiro en demostrar que o número de cromosomas das diferentes células dun organismo é constante e característico de cada especie, e que se reduce á metade nas células xerminais durante a meiose, restaurándose no cigoto, despois da fecundación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático. Estableceu unha filosofía matemática da natureza fundamentada nas ideas de Arquímedes e atacou duramente a Física e a Cosmoloxía de Aristóteles. Estudiou a caída dos corpos. Foi seguidor de Copérnico e tivo influencia nos estudios de Galileo. O seu libro máis coñecido é Diversarum speculationum liber (Libro das especulacións diversas, 1585).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta romántico. O seu opúsculo Lettera semiseria di Grisostomo (Carta semiseria de Grisostomo, 1816) está considerada como o manifesto do romanticismo italiano. Foron famosos os poemas I profughi di Parga (Os prófugos de Parga, 1821) e Fantasie (Fantasías, 1829). Intentou a creación dunha linguaxe popular desligada da tradición literaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Artista intelectual, uniuse a Gustave de Smet (1904) en Sint-Martens-Latem e converteuse no xefe espiritual da segunda escola de Latem. Durante a súa estancia en Holanda (1914) intensificou o seu expresionismo unido a un rigor construtivo derivado do Cubismo. En Gante (1925), o seu gusto polos temas fantásticos e raros achegouno ao Surrealismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político húngaro. Foi xefe da resistencia anticomunista durante o goberno de Béla Kun. Primeiro ministro con Miklós Horthy (1921-1931), foi deportado á URSS ao final da Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Metalúrxico. Estudioso dos xacementos minerais e das técnicas mineiras e metalúrxicas, foi autor de Il modo di fondere, spartire e congiungere metalli (O modo de fundir, separar e mesturar metais) e Pyrotecnia (Pirotecnia). Está considerado, xunto con Georgius Agricola, como precursor da moderna mineraloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Graduouse na Universidade de Moscova no ano 1930 e foi profesor dela dende o 1936 ata o 1956. Ata o 1965 foi director do Instituto de Investigación Nuclear de Dubna. Estudiou as reaccións en cadea e a física das partículas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Iniciouse en Florencia na arte mercantil. No 1327 foi enviado a Nápoles para traballar na sucursal da compañía Bardi, ata o ano 1334. Como consecuencia da creba dos bancos Bardi e Peruzzi, viuse obrigado a instalarse de novo en Florencia, onde acadou fama e autoridade; deste período data a súa amizade con Petrarca. Na súa produción cómpre subliñar dous períodos: o primeiro (ata o ano 1355) comprende as súas obras de creación en italiano; o segundo período (dende o 1355) comeza co menosprezo da obra literaria anterior e incluso co intento de destruíla, e caracterízase pola dedicación á escritura de libros de erudición, xeralmente en latín. Moitas das súas obras foron a preparación lingüística e poética da súa obra máxima: o Decamerón, que tivo unha grande influencia na literatura universal. As primeiras obras foron escritas en Nápoles: La caccia di Diana (A caza de Diana, 1333?), poema mitolóxico en tercetos, o Filocolo (1336), novela de...

    VER O DETALLE DO TERMO