"Vega" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 77.
-
MUNICIPIOS
Municipio da comarca do Bierzo, situado na provincia de León, Castela e León, e situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago (844 h [2001]). A economía baséase no sector agropecuario. Atópase na área lingüística do galego oriental-central, e a súa historia está moi vinculada á ruta xacobea. As parroquias que o integran pertenceron á diocese de Lugo ata 1945, data en que pasaron á de Astorga. En 2000 debateuse no pleno da corporación municipal unha moción que propuña principiar a tramitación dun expediente de anexión á Comunidade Autónoma de Galicia, pero foi rexeitada e a declaración do galego como lingua oficial (2001), revogouse.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora, condesa de Espoz y Mina. Acolleu nos salóns da súa casa da ; Coruña aos liberais que conspiraban contra Ramón María Narváez. Con Concepción Arenal, cofundou un padroado de señoras para a visita e o ensino dos presos e foi unha das organizadoras dos Xogos Florais de Galicia celebrados na Coruña. Publicou Memorias del general Espoz y Mina (1850-1852), en cinco volumes; e Historia interior del Palacio (1841-1843), que deixou manuscrito e que se publicou en 1910.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor, profesor e director teatral. Formado no Institut del Teatre de Barcelona, participou nos espectáculos Romería ás Covas do Demo (1969) e Macbeth (1975), con Teatro Circo; e dirixiu A boda de Esganarello (1981) e Para que queredes un poeta vivo (1984), da Escola Dramática Galega, da que foi cofundador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi secretario xeral de Unión General de Trabajadores (1978-1988), concelleiro (1988-1991) e deputado provincial (1998-1991) en Ourense. Foi deputado no Parlamento de Galicia e senador (1989-1993) por Ourense co PSOE.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia desde maio de 2004. Licenciado en Ciencias da Información en Barcelona, comezou en La Voz de Galicia e na CRTVG (1986), medio no que estivo na sección de deportes, informativos (1988-1991) e xornalismo parlamentario (1991-2002). Dirixiu o programa Parlamento (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, prosista e autor dramático. Coñecido como Lope de Vega e Fénix de los Ingenios, formouse en parte nas universidades de Alcalá e Salamanca. Posteriormente ingresou na Armada e foi secretario do marqués de Sarria. De temperamento vivo e exaltado, sobre todo no aspecto sentimental, a súa intensa vida reflíctese na obra lírica, tanto nos sonetos de Rimas humanas (1602) e Rimas sacras (1614), coma nos romances compilados no Romancero general (1600) e en La Dorotea (1632). Cunha extraordinaria capacidade para imitar a poesía popular, escribiu poemas épicos, burlescos, relixiosos, históricos e mitolóxicos, narracións e novelas pastorís (La Arcadia, 1589), bizantinas (El peregrino en su patria); e curtas (La prudente venganza, 1624). En 1609 apareceu o seu Arte nuevo de hacer comedias, onde recomendaba prescindir das regras clásicas, mesturar o elemento tráxico co cómico e introducir nel o popular,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Cóengo (1649) e fabriqueiro (1658) da catedral de Santiago de Compostela, foi o impulsor do Barroco nesta cidade. Redactou o Informe sobre la construción de varias obras en la catedral de Santiago de Compostela. Converteuse no mestre de obras da catedral e realizou as trazas que executaron Bernardo Cabrera, Peña de Toro e Domingo de Andrade, ademais da súa participación no tabernáculo do Apóstolo Santiago (1658-1678). Tamén foron proxectos seus a transformación exterior da cabeceira e a edificación do pórtico da Quintana. Por problemas co cabido abandonou a cidade en 1672.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Álvaro González de la Vega.
-
PERSOEIRO
Poeta. Considerado na Península Ibérica como o primeiro poeta humanista en lingua vulgar, formou parte da corte do Emperador Carlos I desde 1520. O seu desterro e estadía en Nápoles (1532-1535) foron fundamentais para a súa formación intelectual. A súa breve obra poética foi publicada polo seu amigo Juan Boscán en Las obras de Boscán y Garcilaso (1543). Máis adiante, os seus editores e comentaristas, Sánchez de Las Brozas e F. de Herrar, engadiron algúns poemas inéditos. Consta en total de oito cancións de metro curto, 38 sonetos, cinco cancións, dúas elexías, unha epístola a Boscán, tres églogas e tres odas latinas. As fontes principais son os clásicos, como Virxilio e Horacio, e outros autores modernos, como Ausiàs March, Ariosto, Sannazaro e, sobre todo, Petrarca. Incorporou dunha maneira definitiva o decasílabo xunto coas formas estróficas onde interveñen novos contidos e unha nova linguaxe poética. Introduciu na lírica as novas concepcións neoplatónicas sobre o mundo e así...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Inca (Cuzco 12.4.1539 - Córdoba, Andalucía 24.4. 1616) Escritor e historiador. Cursou a carreira militar e participou na represión dos mouriscos en Granada. Das súas obras destacan La Florida del Inca (1605), Comentarios Reales (1609) e Historia general del Perú (1617).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de República Dominicana (2.287 km2; 385.101 h [2002]). A súa capital é La Vega (220.279 h [2002]).
-
MUNICIPIOS
Municipio de Asturias, situado ao L da ría de Ribadeo, no límite con Lugo (4.561 h [2001]). A agricultura, a gandaría e a industria alimentaria e de maquinaria agrícola son as principais actividades económicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo galego de distribución alimentaria fundado por Ventura González Prieto. Creado en 1977 co nome de Vegonsa, en 1998 incorporouse ao Grupo Eroski. En 1999 recibiu o nome actual. Ten preto de 500 centros en Galicia, propios e como franquía, baixo o nome Eroski Center, Eroski City, Familia e Cash Record.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de alimentación vexetariana da que se exclúe calquera produto de orixe animal.
-
-
Relativo ou pertencente ao veganismo.
-
Persoa que adoptou o veganismo.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado ao S da capital provincial, regado polo Genil (3.691 h [2001]). A agricultura de regadío é a base da súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de pesca, de transición entre as de cerco e as de arrastre, que consiste nunha rede longa, con cope e dúas bandas das que se tira desde terra.