"Vic" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 942.
-
PERSOEIRO
Economista armenio. En 1956 foi nomeado director do Instituto Económico da Academia de Ciencias da URSS. Entre as súas obras destacan Chtotakoe imperializm (Que é o imperialismo?, 1954) e Problemy sorremennogo kapitalizma (Crise do mundo capitalista, 1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta ruso. A súa primeira compilación Nočnaja flejta (A flauta nocturna, 1914) tiña influencias simbolistas; daquela xa mantiña contactos cos grupos futuristas e amizade con Majakovskij (1913). A súa poesía asimilou pronto o carácter social. En 1923 participou no grupo Lef (Fronte Esquerda das Artes). O seu estilo é sinxelo e claro en Sverdlovskaja burja´ (A tempestade de Sverdlovsk´, 1924) e Sinije gusary (Os húsares azuis, 1926). Fixo crítica literaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Neurofisiólogo armenio da escola pavloviana. Entre os seus traballos cómpre destacar Fisioloxía do sistema nervioso central (1953), Funcionamento e regulación do cerebro (1963) e Ensaio sobre as actividades nerviosas superiores (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Destaca no cultivo do conto, onde reflicte o carácter do pobo ruso e a vida e dificultades da xente sinxela. Destacan entre outras obras: Kraza (O furto, 1966), Kon s rosovoj grivoj (O cabalo da urina rosácea, 1961) e Poslednij poklon (A derradeira reverencia, 1968-1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor serbio romántico. Algunhas das súas mellores obras son a narración longa Bunjevka (1851) e a novela Dva Idola (Dous ídolos, 1852).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao atavismo, que se transmite por atavismo.
-
Que manifesta atavismo.
-
Relativo aos antepasados.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e científico do Kazakhstán. É autor da novela Abaj (1942-1947), continuada por Put Abaj (Camiño de Abaj, 1952-1956), a través da que presenta un estudo detallado da segunda metade do s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Profesor de Física na Universidade da Sorbona desde 1936, coñécese sobre todo pola descuberta, en 1925, do efecto Auger. Realizou tamén unha serie de estudios sobre a física dos positróns e as radiacións cósmicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Desde 1888 dirixiu a revista Revolución Francesa e foi o iniciador da historiografía sobre a Revolución Francesa. Discrepou con Hippolyte de Taine. As súas teorías foron completadas por posteriores indagacións de Albert Mathiez. Escribiu Études et leçons sur la Révolution Française (Estudios e leccións sobre a Revolución Francesa, 1893-1924) e Histoire politique de la Révolution Française (Historia política da Revolución Francesa, 1901).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador romano de orixe africana. Escribiu un compendio de historia imperial titulado Caesares (Os Césares) no que repasa a biografía dos Césares dende Octavio Augusto ata Constancio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Establecemento dedicado principalmente ao comercio de alimentos ou á restauración. O autoservicio de produtos alimenticios recibe o nome de supermercado cando sobrepasa os 300 m 2 . Nos autoservicios os produtos dispóñense ordenadamente ao longo de corredores nos que o consumidor atopa o que precisa, co prezo correspondente, sen ter que esperar a ser despachado polo tendeiro. Aqueles que se dedican ao servizo de comidas acostuman estar montados en liña -aínda que tamén poden facelo en illas-, comezando polos cubertos, a vaixela, a cristalería, as bandexas e unha serie de vitrinas onde se colocan os alimentos e as bebidas. Diante do mostrador e a unha altura axeitada, hai unha repisa sobre a que se colocan a propia bandexa para ila escorregando ata chegar á caixa, situada ao final do percorrido, onde o consumidor debe pagar o importe total daquilo que escolleu para consumir.
-
Sistema polo que os clientes dun establecemento de autoservicio se serven eles mesmos e pagan ao saír.
-
-
PERSOEIRO
Narrador e autor teatral ruso. Emigrou a París despois da revolución do 1917. Satirizou a vida burguesa cun humor festivo que contrasta coa amargura habitual do humor ruso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e novelista ruso. Idealizou nun ton melodramático a antigüidade rusa e a vida patriarcal nas súas obras. Publicou Komedija o rossijskom dvorjanine Frole Skorobejeve... (Comedia do nobre ruso Frole Skorobejev..., 1869).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Šělomó ibn Gabirol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abū ‘Alī al- Palatino; Ḥ usayn ibn Sīnā.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coller un vicio ou un mal costume.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á avicultura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de moluscos lamelibranquios da familia dos avicúlidos, de cuncha ovada e fráxil con dous apéndices aliformes dispostos oblicuamente. Propio de mares cálidos e temperados, en Europa só se atopa a especie A. hirundo. Algunhas especies son produtoras de perlas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo das colonias dos briozoos, que lembra vagamente a cabeza dunha ave, especializado en funcións defensivas.
-
-
Relativo ou pertencente aos avicúlidos.
-
Molusco da familia dos avicúlidos.
-
Familia de moluscos lamelibranquios asifonados mariños, que engloba unhas 150 especies vivas e máis de 100 especies fósiles propias de mares cálidos e temperados. En Europa só está representada o xénero Avicula.
-