"Zas" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 134.

  • GALICIA

    Pintor. Formouse en Madrid con Lucas Jordán. Dende 1707 estivo vinculado á catedral compostelá, da que foi nomeado mestre pintor en 1726. A súa primeira obra na catedral foi unha representación da Verónica para o retablo da Soidade realizada en 1707, época na que tamén puido realizar a Visión de Storta, no retablo de Santo Ignacio na igrexa da Compañía, obra os dous retablos de Domingos de Andrade. A comezos do s XVIII realizou unha serie dedicada á vida de san Francisco de Asís por encargo do bispo frei Damián Cornejo para o convento de San Francisco de Ourense, que mostra a influencia do seu mestre no emprego das luces douradas, das gamas cromáticas frías e da pincelada rápida. Cara a 1716 pintou o altar e o pedestal da capela catedralicia das Ánimas, con Francisco Sánchez, e en 1719 comezou a colaborar con Fernando de Casas na capela do Pilar, onde ademais de pintar os elementos e estruturas arquitectónicas realizou A aparición da Virxe a Santiago Apóstolo e aos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e presbítero. Colaborou en publicacións como Las Mercedes de María e O Tío Marcos da Portela, onde empregou o pseudónimo de Roque Grilo Berzas. Escribiu xunto con Xosé Martínez de Pazos Baraja mística (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Martiño de Asperelo (Rodeiro). O seu cumio acada os 829 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa á que lle gustan as lambuzadas.

    2. Persoa pilla e astuta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Cadavedo (A Pastoriza). O seu cumio acada os 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • larafuceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Xoán de Laíño (Dodro). O seu cumio acada os 567 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fraile mercedario. Dirixiu o Colegio-Seminario de la Merced de Herencia (Cáceres) e en 1967 trasladouse a Brasil, onde foi bispo de Ceramo (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia baixo a advocación de santa María, hoxe parroquia do Souto no concello da Peroxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Cuba, situada ao N da illa, fronte o estreito de Florida (124.754 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Cuba (11.978 km2; 654.516 h [estim 1998]). A capital é Matanzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Desenvolveu a súa actividade no grupo Troula, co que participou en todos os seus espectáculos. Dirixiu a proposta Informe do día despois (1984) e participou en Caderno de Bitácora (1985), produción do Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto político que se estableceu en 1980 entre o Partido Socialista Galego (PSG) e o Bloque Nacional Popular Galego (BNPG). Constituíuse ao redor do programa das Bases Constitucionais para a participación da Nación Galega nun Pacto Federal de 1976, en que se defendía a creación dun goberno galego provisional e soberano, se fixaban as futuras competencias do estado galego e as do estado federal e se asumía o compromiso de non pactar con forzas estatais. Tiña como finalidade dar unha imaxe de unión do nacionalismo galego de esquerda e propugnaron o voto negativo no referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia de decembro de 1980.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ísceras dun animal que se mata para comer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convento situado en Monforte de Lemos. Foi fundado por Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, VII conde de Lemos, e a súa muller, dona Catarina de la Cerda, en 1622. Destaca polo seu claustro de estilo clasicista, realizado en cantaría nun estilo sobrio a base de pilastras. A igrexa, reconstruída na década de 1920, realizouse en estilo gótico e ten unha soa nave terminada en ábsida. No convento sitúase o Museo da Arte Sacra das Clarisas de Monforte de Lemos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo SL da parroquia da Ponte (A Veiga). O seu cumio acada os 1.934 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea que presenta follas simples e enteiras, flores pequenas de cor azul agrupadas en cimas e froito en aquenio. Atópase principalmente en lugares húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forzas militares creadas de acordo co artigo 43 da Carta do Atlántico. A ONU nunca dispuxo de forzas militares propias, pero desde 1948 recorreu a efectivos militares facilitados voluntariamente por máis de 60 países. Estas forzas son denominadas cascos azuis pola cor do casco ou boina que empregan. Os seus vehículos van pintados de branco, co distintivo UN. Segundo o artigo 42 da Carta de Nacións Unidas, o Consello de Seguridade pode emprender a acción que sexa necesaria, con forzas terrestres, navais e aéreas, para manter ou restablecer a paz e a seguridade internacional. Nas misións que cumpren, as tropas ao servizo da ONU só poden empregar a forza, de xeito moi limitado, para a autodefensa. Unicamente interveñen en guerras cando o Consello de Seguridade llo encomenda a un grupo de nacións, habitualmente lideradas por EE UU. Foron os casos de Corea (1950-1953), o Golfo Pérsico (1991) e a antiga Iugoslavia (1995). Desde 1988 efectivos españois participan nas diversas campañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro libro impreso na Coruña, que editou Antonio Frayz en 1679. Trátase dunha publicación de 320 páxinas de texto, oito delas sen numerar. A portada está orlada e, entre o título e o pé de imprenta, aparece un escudo español da época xunto co copón e a sagrada forma propias da heráldica do antigo Reino de Galicia. Divídese en tres partes, relativas a ordenanzas, cédulas e disposicións, e visitas. Aínda que o libro foi rematado en 1668, non se mandou imprimir ata o 12 de decembro de 1678.

    VER O DETALLE DO TERMO