"basi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 115.

  • Antiga igrexa de Moscova, construída entre 1555-1560 polos arquitectos Barma e Posnik co gallo da Victoria de Kazan; está situada na Praza Vermella. Orixinariamente estivo dedicada á Intercesión da Nai de Deus (Pokroeskij Sobor). Consta dun núcleo central coroado en pirámide e rodeado de oito capelas con cúpulas diferentes que descansan sobre arcos volados. Esta diversidade de formas está realzada pola policromía dos muros e pola decoración cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e bispo de Cesarea (370-378), pertencente a unha familia de santos, foi un dos catro padres da Igrexa grega. Logo dunha estadía en Neocesarea, na ribeira do Iris, entregouse á vida eremítica segundo a regra de san Basilio. Dende o ano 363 foi conselleiro de Eusebio, bispo de Cesarea, que o ordenara sacerdote cinco anos antes. Cando o sucedeu como bispo (370), converteuse no sucesor de Atanasio como xefe da ortodoxia fronte ás doutrinas heréticas de Ario e ás presións do Emperador Valente, que profesaba o Arianismo. Lexislador do monaquismo oriental, redactou a regra dos monxes basilianos, a única orde monástica que existe na Igrexa grega. Esta regra sería aproveitada en parte por san Bieito, fundador do monaquismo en Occidente. A vida de san Basilio foi enriquecida con lendas recollidas por Jacopo de Voragine na Lenda dourada. Entre as súas obras, que o converten nun dos grandes Padres da Igrexa Oriental, cómpre salientar: Contra Eunomio (363-365), de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Regra monástica fixada por San Basilio o Grande durante o tempo que permaneceu xunto con numerosos discípulos preto de Neocesarea. A ascética basiliana está influída polo dualismo platónico. As principais regras refírense á vida en común, ao silencio e á temperanza. A acción apostólica dos monxes proxéctase cara á beneficiencia e ao ensino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do grego Basileios (βασίλειος) ‘rexio’, adxectivo de Basileus (βασιλεύς) ‘rei’. Entre os santos que levan este nome, cómpre salientar a san Basilio o Grande (328-370), bispo de Cesarea, sucesor de Atanasio, que se enfrontou ao Arianismo e san Basilio o Benaventurado, a quen lle está dedicada a gran Igrexa da Praza Vermella de Moscova, construída por Iván o Terrible. Tamén se atesta, segundo a tradición, unha santa Basilia de orixe galaica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mártir cristiá de Roma, da época de Nerón, executada xunto con Anastasia. Unhas tradicións fannas naturais de Xátiva e bautizadas polo Apóstolo Paulo, a quen seguiron a Roma. A ermida das Santas da Albacara de Xátiva está dedicada a elas. A Igrexa Católica celebra a súa festividade o 15 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Réptil fabuloso ao que se atribuía a propiedade de matar coa mirada, representado como un ser especialmente temible, con ollos e boca ardentes, corpo de serpe, patas de galo, alas espiñadas e rabo en forma de lanza.

    2. Réptil meseoamericano de ata 80 cm de lonxitude, de cores variables. Presenta unha crista eréctil na cabeza, especialmente desenvolvida nos machos, e outra ao longo da columna e da cola. Habita nos arredores dos ríos e regatos e aliméntase de froitos e insectos; móvese rapidamente e poden correr pequenas distancias por riba da auga.

    3. Peza de artillería empregada nos ss XVI e XVII. Usada especialmente polos turcos en combates navais, desprazou á bombarda. Desapareceu a causa da dificultade do seu manexo.

    4. Representación da figura quimérica dun animal en forma de dragón con cabeza de galo, vista de perfil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo pazo de Basille, situado na parroquia de Pousada (Baralla). Tivo diversos propietarios, entre eles o conde de Lemos e marqués de Sarria, e o mosteiro de Santa María de Penamaior (1159). A torre de tres plantas está feita con cachotería de lousa e con cantería nos ángulos. De planta cadrada, ten a capela nun ángulo do patio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico, político, historiador e xurista francés. Bispo de Lisieux (1447-1474), participou na revisión do proceso de Xoana de Arco. É autor, entre outras obras, dunha historia dos reinados de Carlos VII e Luís XI (1407-1483) titulada De rebus gestis Caroli VII et Ludovici XI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Modelo publicitaria e actriz norteamericana. Despois de fotografar a súa imaxe na revista Playboy no ano 1983, comezou a traballar no cine e na televisión. A súa beleza e sensualidade diante das cámaras convertérona nun dos símbolos sexuais do cine da década dos oitenta. En 1997 conseguiu un Oscar á mellor actriz secundaria polo seu papel en L A Confidential. Interpretou tamén os filmes: Hard country (Dura nación, 1981), Never say never again (Nunca digas nunca xamais, 1983), Nine 1/2 weeks (Nove semanas e media, 1986), Batman (1989) e Prêt-a-porter (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Hampshire, Inglaterra, Reino Unido, situada ao SO de Londres (67.447 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Coñecedor das literaturas grega e latina, escribiu o Liber Isottaeus (1450-1451), inspirado na produción de Ovidio, Hesperis e outros poemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Punto caniométrico saxital situado no centro do bordo anterior do foramen magnum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento para practicar a basiotripsia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esmagamento cirúrxico, mediante o basiotribo, da cabeza do feto morto dentro do útero, para facilitar a súa extracción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo artello dos apéndices dos crustáceos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia de certas plantas ao brote das xemas próximas á base.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intérprete de BASIC baseado no estándar ANSI e destinado a ofrecer o maior grao de compatibilidade posible con contornos de programación BASIC en distintas plataformas. Non obstante , non dispón de acceso á interface gráfica de Macintosh e tampouco permite compilar programas e distribuílos sen o código fonte. Resulta útil para crear códigos sinxelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociolingüista. A súa obra retoma as análises de Cussier, Sapir e Worf sobre a función constitutiva da linguaxe e as teses de Durkheim sobre a relación entre estrutura social e estruturas típicas sometidas a probas empíricas. A súa teoría, afastada da de Chomsky, incidiu nas ciencias da educación, na psicolingüística e na psicoloxía evolutiva. É autor de numerosos artigos, algúns deles recolléronse en Class, codes and control (Clase, códigos e control, 1971).

    VER O DETALLE DO TERMO