"edito" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 74.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edito promulgado polo Emperador Fernando II tras a Paz de Lübeck en 1629, durante a Guerra dos Trinta Anos. Determinaba a devolución das dioceses e mosteiros que dependían da Casa de Austria e que polo Tratado de Passau (1552) pasaran a mans luteranas, como tamén a paridade de protestantes e católicos en canto ao establecemento da Reforma. Fixérono posible as vitorias de J. T’ Serclaes de Tilly e A. von Wallenstein e significaba o retorno a Paz de Augsburgo (1555).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade constituída en 1923, sucesora das actividades de artes gráficas e editoriais iniciadas por Manuel Salvat i Xivixell en 1869 coa empresa Espasa Hermanos y Salvat. Especializouse na publicación de obras de carácter médico, dicionarios, enciclopedias e outras obras de referencia, ademais de obras de divulgación cultural, dos que destaca o Dicionario Salvat Enciclopédico Popular Ilustrado. Ten varias filiais nos países de Hispanoamérica e en 1988 incorporouse ao grupo editorial francés Hachette.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo editorial fundado en 1960 por Jesús de Polanco -integrado no Grupo PRISA- e creado coa intención de innovar e mellorar a calidade dos manuais escolares. Co tempo estendeuse a outros países, especialmente de Hispanoamérica, e ampliouse coa incorporación doutras editoriais, como Taurus (1974), Alfaguara (1980) e Aguilar (1986). Tamén desenvolveu proxectos propios, como Santillana, de textos escolares; Ediciones Altea (1973), de material infantil; e Richmond Publishing (1992), de inglés. Tamén creou empresas editoras filiais nas comunidades autónomas con lingua propia, como Edicións Obradoiro, en Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial fundada en Barcelona en 1911 por Victorià Seix e Lluís e Carles Barral, que se caracteriza pola gran calidade das súas edicións. En 1942 tomou o nome actual e especializouse en libros de arte. En 1974 fusionouse con Ediciones Ariel e en 1982 pasaron ao grupo editorial Planeta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial creada en Madrid en 1951 por un grupo de profesores marianistas. En 1977 intregouse na Fundación Santa María, da Compañía de María. Mantén dúas liñas editoriais: unha de material escolar e outra de publicacións centradas na literatura infantil e xuvenil. Nesta última liña centráronse as súas coleccións El Barco de Vapor, Gran Angular e SM Saber, así como os premios, do mesmo nome, que convocan anualmente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que xa se mencionou con anterioridade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial fundada en 1894 por Ramón Sopena que se especializou en dicionarios bilingües en castelán e nunha vintena de linguas. Publicou unha extensa enciclopedia, Historia del mundo moderno, en quince volumes, e obras literarias, infantís e de historia natural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en 1980 en Santiago de Compostela e pertencente ao grupo Edelvives. Dirixida por Antonio Martínez Fernández, José Luis Llana Gutiérrez e Isabelino Reine Carrasco, ten máis de douscentos libros publicados. Céntrase fundamentalmente na edición de literatura infantil e xuvenil, libros e manuais de texto para primaria, secundaria e bacharelato, e produtos multimedia. Divide a súa produción editorial nas coleccións: “Ala Delta”, “Catavento”, “Álbum de cores”, “Podo ler... inglés”, “A Casiña”, “Os libros grandes da ratiña pequena”, “Cadernos”, “Ler e colorear” e “Coloreo”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial creada en 1954 polo libreiro Francisco Pérez González e o estudante colombiano Rafael Gutiérrez Girardot, e integrada desde 1974 no Grupo Santillana. As súas coleccións abranguen teoría crítica, pensamento, filosofía, filoloxía, literatura, historia, ciencias sociais, biografías e memorias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial creada en 1994 en Lugo. Fundada e dirixida por Carlos Coira Nieto, Jorge Coira Nieto, José A. Coira Nieto, Rosa Suárez López, Lucía González Alar, Marta Cuba Alonso e Santiago Martínez, conta coas seguintes coleccións: “Tris Tram Relatos”, “Tris Tram Teatro”, “Imaxe Escrita”, “Tris Tram Poesía”, “Tris Tram Infantil” e “Grammaton”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial fundada en Vigo en 1986, e especializada na edición de libros en galego relacionados coa economía. Dirixida polo seu cofundador, Alfonso Ribas, publica diversos títulos ademais da revista Análise Empresarial, revista galega de economía e ciencias sociais.
-
-
-
Ditame ou declaración solemne pronunciada por un xurado durante un proceso xudicial. Debe conter os feitos alegados polas partes implicadas, declarándoos probados ou non, os feitos que poden determinar a estimación dunha causa de exención de responsabilidade e os que determinan o grao de execución, participación e modificación da responsabilidade, así como o feito delituoso polo que o acusado debe ser declarado culpable ou non culpable.
-
veredicto de inculpabilidade
Ditame que pronuncia o xurado en descargo do reo, liberándoo de todos os capítulos de acusación.
-
-
Xuízos emitidos por alguén con autoridade na materia que é tratada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial constituída en 1986 na Laracha. Dirixida por José Raúl Seoane Prieto, basea o seu traballo en coidadas edicións de consulta sobre a historia e a arte galegas, ademais de edicións facsímiles e traducións ao galego de obras mestras da literatura.