"AVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 908.

  • PERSOEIRO

    Artista plástico e deseñador. De nome Francesc Xavier Errando Mariscal, estableceuse en Barcelona en 1970 e comezou a debuxar en revistas underground. Participou nas actividades do grupo italiano Memphis e en 1991 deseñou o can Cobi e a nena Petra, mascotas dos Xogos Olímpicos e Parolímpicos de Barcelona (1992). Foi un dos principais representantes da nova tendencia á artistización do deseño e á superación do rigor funcionalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e historiador, irmán de Manuel Martínez Santiso. Dedicouse á arqueoloxía, á pintura, á caligrafía e ao xornalismo. Colaborou nos xornais locais El Anunciador, El Brigantino, Las Mariñas, El Mandeo e Betanzos Liberal. Escribiu unha continuación da Historia de la ciudad de Betanzos do seu irmán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Atleta. Especializado en lanzamentos, foi dez veces campión de España de lanzamento de disco (1987-1992, 1994-1996 e 2000) e unha de lanzamento de peso en pista cuberta (1991). Gañou a Copa de Europa en 1996 e participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992) en lanzamento de martelo e en Atlanta (1996) e Sydney (2000) na proba de lanzamento de disco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Oficial carlista, irmán de Xoán Martínez Villaverde. Foi depurado en 1832 do exército e uniuse ás filas dos carlistas. En 1834 levantou unha partida carlista nos arredores de Chantada e organizou a ocupación de Lugo, durante a que morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Foi secretario da Fundación Vicente Risco. Colaborador de diversas publicacións periódicas, como Grial, Agália e A Trabe de Ouro, escribiu, en colaboración, A Alta Limia (1993), A Baixa Limia (1996) e Baixo Arnoia (1998). Da súa produción destacan O ensino da historia no bacharelato franquista (período 1936-1951) (1991), Terra de Celanova (1993), Arredor da historia de Galicia: ensaios sobre o seu ensino e o nacionalismo (1997), Muíños: natureza viva. Lobios: natureza e historia (1998) e Memorial Juan Xesta (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    *Baleiro*

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piragüista. Formouse no C. P. Breogán do Grove, e é especialista na modalidade de C-2, en que foi campión de España en 500 e 1000 m (2004), subcampión do mundo en 1000 m (2001) e en maratón (2003), xunto a José Alfredo Bea. Participou nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) e Sydney (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano de Oriente (582-602). Combateu os persas en Constantina (581) e, grazas á súa vitoria, Tiberio II escolleuno como xenro e sucesor. Reorganizou a administración do imperio e creou os exarcados de Italia e África. Defendeu Italia contra os longobardos, os ávaros e os eslavos, pero foi derrocado e asasinado por unha sublevación militar, apoiada polo Senado, que nomeou emperador o centurión Focas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego. Formado en Alemaña, foi amigo de Dióniso Solomos e partidario da lingua popular. Fixo traducións de autores destacados, como Schiller, Byron, Shelley ou Tennyson, e da súa obra poética, uns cincuenta sonetos harmoniosos publicados postumamente (1915), destaca Lethe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque (1597-1623) e elector de Baviera (1623-1651). Organizou a Liga Católica (1609) e derrotou a Federico V do Palatinado (Montaña Branca, 1620), o que lle permitiu anexionar o Palatinado aos seus dominios (1622) e recibir do Emperador Fernando II a dignidade de elector de Baviera (1623).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe elector desde 1799, primeiro rei de Baviera (1806-1825) e duque de Zweibrucken (1795). Cedeulle a Francia as posesións da beira esquerda do Rin a cambio do recoñecemento por Napoleón Bonaparte do seu título de rei (1806). O Congreso de Viena ratificoulle o seu título ao renunciar aos territorios anexionados durante a súa alianza con Napoleón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector de Baviera (1679-1726). Despois da morte do seu fillo Xosé Fernando en 1699, designado herdeiro de Carlos II, aliouse con Luís XIV de Francia na Guerra de Sucesión Española (1702-1714). Desposuído dos seus estados trala Batalla de Blenheim (1704), recobrounos polos tratados de Rastadt (1714) e Baden (1715).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Baviera (1848-1864), fillo de Luís I. Ocupou o trono trala abdicación do seu pai e opúxose á unidade de Alemaña baixo o liderado de Prusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe elector de Baviera (1745-1777), fillo e sucesor de Carlos Alberte VIII. En 1745 renunciou á coroa imperial polo Tratado de Füssen e, ao morrer sen fillos, desencadeouse a Guerra de Sucesión de Baviera (1777-1779).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Forcarei baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nadador. Foi o primeiro nadador da historia en gañar catro medallas nun mundial de natación (Honolulu 2000), unha delas de ouro. Tamén conseguiu dúas medallas (bronce en 10 km e prata en 25 km) nos mundiais de Barcelona (2003). Protagonizou diversas fazañas, como percorrer a nado a distancia entre a illa de Alcatraz e a costa de San Francisco con grillóns nos pés. Ocasionalmente, como actor participou en campañas publicitarias, filmes (Sitges-Nagasaki, 2004) e series de televisión (The Young Indiana Jones Chronicles, 1992-1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Traballou como profesor de xeografía e historia en Rio de Janeiro. Publicou os poemas “Alfonseida”, “Portugal nació de un beso” e El portal de las Indias: poema dramático en tres actos y cuatro cuadros (1941) , e as antoloxías Antología de R. Mesoneros (1945) e Antología de Andrés Bernáldez (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor teatral. Iniciou a súa carreira no teatro universitario para despois participar en diversos espectáculos das compañías Matarile Teatro e Os Monicreques de Kukas. Destaca a súa participación nas obras Mullerona (1999) ou Indignos (2004), ambas as dúas coa compañía María a Parva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. En 1565 foi designado adiantado e gobernador de Florida. Gobernador de Cuba (1567), puxo en marcha o proxecto de fortificar toda a costa de Florida. En 1574 foi nomeado capitán xeneral da frota, para organizar a Armada Invencible, pero morreu mentres desenvolvía esta tarefa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, terceiro marqués de Leganés, marqués de Mairena e de Morata de la Vega e cuarto duque de Sanlúcar la Mayor. Comendador maior na orde de Santiago, foi lugartenente de València (1667-1669), de Catalunya (1678 e 1685-1688) e gobernador de Milán (1691-1698). Responsable da caída do ministro Oropesa, mostrouse partidario de Carlos de Austria como sucesor de Carlos II. Filipe V condenouno á cadea durante a Guerra de Sucesión Española (1705), ao descubrir que facilitara información ás forzas de Carlos de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO