"Ava" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 621.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Kraj de Eslovaquia (4.148 km2; 551.003 h [2001]). A súa capital é Trnava.
-
PENÍNSULAS
Península de Québec, situada na parte setentrional da península do Labrador, entre a baía de Hudson, ao O, o estreito de Hudson, ao N, e a baía de Ungava, ao L. Incorporada á provincia de Québec en 1912, constitúe un distrito. A baía de Ungava , comprendida entre o cabo Hopes Advance, ao O, e o cabo Chidley, ao L, recibe, entre outras, as augas dos ríos George, Koksoak e Payne.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Vento que procede do sur.
-
Vento que é moi forte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola filosófica (doutrina da consciencia) do budismo mahāyāna, chamada tamén yogāchāra, que sostén que algo non existe fóra da consciencia.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (6.383 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Nafarroa, situado no Camiño Francés de peregrinación a Santiago (9.575 h [2001]). A súa pertenza á área metropolitana de Iruña, fai que teña unha industria desenvolvida.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Bohemia, afluente do Elba pola esquerda (435 km). Nace na selva de Bohemia, na vertente norte do monte Lusen, na fronteira bávara, e desemboca no Elba en Melnik.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do arquipélago de Sonda, pertencente a Indonesia (129.018 km2; 121.352.608 h [2000]). Está situada entre Sumatra e as illas de Sonda. O S está ocupado por un sistema montañoso cheo de conos volcánicos (Semeru 3.876 m), mentres que o N está consituído por aluvións modernos, socalcos antigos e baixos altiplanos calcarios. O clima é ecuatorial e a vexetación de bosque ecuatorial. A poboación é rural. Hai algunha gran cidade como Xacarta, Surabaya, Bandung, Semarang ou Yogyakarta. A agricultura baséase nas plantacións de cana de azucre, café, tabaco e arroz. Da explotación forestal destaca o té e o caucho. Ten importantes recursos mineiros: petróleo, manganeso e ouro. O 85% da industria é azucreira. Durante os ss I-IV recibiu influencias hindús e cara ao s XV converteuse ao Islam. Foi visitada polos portugueses (s XVI) e polos holandeses (s XVII) que someteron os vellos imperios de Mataram (1755) e Bantam (1808). Sometida aos ingleses entre 1811 e 1816, incorporouse a Holanda...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Indonesia (34.206 km2; 31.228.940 h [2000]). A súa capital é Semarang.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Indonesia (46.300 km2; 35.729.537 h [2000]). A súa capital é Bandung.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Indonesia (44.922 km2; 34.783.640 h [2000]). A súa capital é Surabaya.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mar do Océano Pacífico, situado entre as illas de Borneo, Xava e Sumatra. Únese co mar da China Meridional polo estreito de Karimata e co Océano Índico polo estreito de Sonda.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Xava, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Xava.
-
-
-
Relativo aos xavaneses ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo xavanés.
-
Conxunto de etnias indonesias que forman o grupo de poboación máis importante de Xava. De relixión musulmá, as súas crenzas estan impregnadas de elementos animistas. A organización social é diversa, nas comunidades campesiñas desenvolveuse un sistema relativamante igualitario baseado no parentesco e nas cidades dáse unha estratificación moi ríxida.
-
-
s
-
Arte musical cultivada na illa de Xava. É o núcleo principal da música indonesia. A formación orquestral é o gamelan, e a música vai unida especialmente ás danzas e ás representacións teatrais con actores ou con wajang.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán I de Francia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán II de Aragón.
-
PERSOEIRO
Raíña de Navarra, condesa de Champaña e de Brie (1273-1304) e raíña de Francia, filla de Enrique I de Navarra e Branca de Artois. A súa nai foi a súa rexente ata 1284, ano en que casou co futuro rei de Francia Filipe IV (Filipe I de Navarra).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Navarra (1328-1349), filla do Rei Luís X de Francia e Margarida de Borgoña. Perdeu os condados de Champaña e de Brie I, que pasaron a Filipe VI de Francia. En 1317 casou co conde de Evreux, futuro Filipe III de Navarra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Navarra (1555-1572) e condesa de Foix, de Bigorra e de Armagnac, vizcondesa de Bearn. En 1548 casou co duque de Vendôme (Antonio I de Navarra).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor peruano. Considerado un dos narradores máis destacados da liña indixenista, publicou La batalla (1954), Los Ingar (1955), Vestido de luto (1961), Muchas caras del amor (1966) e Niebla cerrada (1970).
VER O DETALLE DO TERMO