"BAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1242.
-
PERSOEIRO
Escritor. A publicación das Lettres (Cartas, 1624 e 1627) consagrouno como mestre dun xénero que lle outorgaba por vez primeira categoría literaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e xurista. Entre as numerosas obras que escribiu de temática histórica e xurídica, salientan Studia nad prawem polskiem (Estudios de dereito polaco, 1855) e Królestwo Polskie: 1295-1370 (O reino de Polonia: 1295-1370, 1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de covas localizadas entre a vila de Grimaldi (Liguria) e a fronteira francesa. Proporcionou importantes descubrimentos prehistóricos do Paleolítico medio e superior.
-
PERSOEIRO
Poeta. Foi un dos primeiros representantes da escola simbolista rusa, como manifesta a súa obra Tišina (Silencio, 1898). A súa obra, decadentista e exótica, exerceu moita influencia a finais de século: Sbornik stikhotvorenij (Escolma de poesías, 1890) e Pesni mstitel’a (Cancións do vingador, 1905). Traduciu tamén, entre outros, a Shelley, Edgar Poe, Walt Whitman, Calderón, Verlaine, Baudelaire e numerosos autores checos e polacos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Locuacidade insubstancial ou desatinada. SIN: leria.
-
Relato esaxerado dun suceso.
-
-
-
Falar de forma atropelada e sen sentido. SIN: baduar, esbardallar, laretar, latricar.
-
Contar feitos esaxerándoos.
-
-
-
Que fala de xeito atropelado ou carente de sentido. SIN: badueiro, baralleiro, bardalleiro, barulleiro.
-
Quen fala esaxerando os feitos. SIN: baballón, badueiro.
-
-
GALICIA
Médico, psiquiatra e escritor. Foi catedrático de Anatomía nas universidades de Granada (1893) e Santiago de Compostela (1895). Compaxinou o seu labor docente coa dirección do Hospital San Roque e do Manicomio de Conxo. Publicou Programa de Anatomía Práctica (1883, 1896) e Anatomía Práctica (1898) e, no eido da Psiquiatría, escribiu varios traballos en De re phrenopatica (1915) e leu numerosas conferencias. En canto á literatura, cultivou poesía, novela e ensaio, alternando galego e castelán. Iniciouse en 1883 coa obra bilingüe, en prosa e verso, Mesa revuelta. Ensayos literarios. En 1891 publicou o poemario Rimas, enteiramente en galego. Varios poemas recollidos na obra recibiron premios, entre eles o titulado “Brétemas”, galardoado nos Xogos Florais de Tui (1891) e “O arco da vella”, o máis divulgado do autor, premiado nun certame literario celebrado en Vigo en 1881. En colaboración co seu fillo Xoán Barcia Eleizegui escribiu as novelas Dos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deporte de oposición que se disputa entre equipos de cinco xogadores que teñen como obxectivo a introdución dun balón de entre 75 e 78 cm de circunferencia nunha canastra defendida polo equipo contrario. A Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) establece as regras do xogo. Nos EE UU a Asociación Nacional de Baloncesto (NBA) desenvolve a súa competición con regras propias, que difiren das da FIBA en aspectos como a duración dos partidos, o tempo de posesión do balón do que dispoñen os equipos en cada xogada de ataque, limitacións no emprego de determinados sistemas defensivos, distancia da liña de tres puntos, número de árbitros, etc. O terreo de xogo é de chan duro e libre de obstáculos. As canastras, situadas no centro das dúas bandas máis curtas, están constituídas por un círculo metálico do que colga unha rede aberta pola parte inferior; cada canastra vai fixada a un taboleiro de forma rectangular, sostido por un soporte situado fóra do terreo de xogo e que a mantén a unha altura...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sebastián de Pontault .
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador alemán. Seguidor da obra de Albrecht Dürer, especializouse na técnica do gravado sobre plancha de cobre, formou parte do grupo nomeado Kleinmeister. Xunto co seu irmán foi expulsado de Nuremberg establecéndose en Frankfurt. Consérvanse algunhas pinturas súas como a Historia de David. O seu irmán e discípulo, Bartel Beham (Nuremberg 1502 - Venecia 1540) traballou para o duque Guillerme IV de Baviera. Realizou gravados en madeira e cobre, como os titulados Cleopatra, Apolo e Dafne.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista alemán. Foi ministro do Interior de Prusia (1905-1907) e chanceller do Imperio (1909-1917). Deixou escritas as súas memorias: Betrachtungen zum Weltkrieg (Reflexións sobre a Guerra Mundial, 1919-1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos bibalos.
-
Individuo dun dos pobos galaicos prerromanos, do grupo dos brácaros, establecido na comarca de Viana do Bolo (provincia de Ourense), nos límites cos asturianos.
-
Antigo pobo asentado na Gallaecia citado por Plinio (Nat. Hist. III, 28) entre os pobos do convento Brácaro, e Ptolomeo (Xeogr. II, 6, 42), quen o coloca entre os Celernos e os Límicos. A súa localización ponse en relación co río Búbal e por iso algúns autores como Cuevillas sitúano na zona dos concellos transmontanos de Montealegre entre Cualedro, Baltar e Oimbra, e os límites orientais da Serra de Larouco. Ben distinto é o parecer de Hübner, quen apoiándose nunha hipotética alusión ao río Bibei, localízaos cara a Viana do Bolo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación común que reciben os mamíferos fósiles do xénero Birbalomys.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos fósiles de ata 30 cm de lonxitude, de principios do Eoceno, que constitúe un dos primeiros roedores coñecidos. Os xacementos máis importantes atópanse en Paquistán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trunfo pequeno no xogo da baralla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de uva tinta, típica do Levante español, de cor intensa, con tons moi brillantes, pola súa acidez e pouco grao alcohólico. De aroma fresco, aínda que non demasiado intenso, produce bos viños rosados.
-
PERSOEIRO
Erudito. Doutor en Letras (1924), foi profesor de Paleografía da Universitat de Barcelona (1939) e da escola de Biblioteconomía e Documentación. Colaborou na obra do Cancioneiro Popular de Catalunya e publicou numerosos estudios e textos sobre literatura catalá e castelá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Frautista, construtor de instrumentos e compositor. É o creador da estrutura actual da frauta de través. É autor dun bo número de pezas para frauta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que saíu publicado en Londres, capital de Gran Bretaña. Prolongou a súa existencia dende o ano 1971 ata 1983.