"CISC" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 605.
-
GALICIA
Ensaísta e investigador. Doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidad Autónoma de Madrid e catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela. Foi reitor da USC (1994-2002), vicepresidente da Conferencia de Rectores de Universidades Españolas (2001-2002) e membro do comité científico da Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (desde 2003). Forma parte dos consellos editoriais e comités científicos de máis dunha vintena de publicacións periódicas, e os seus traballos traducíronse ao inglés, francés, portugués, ruso e árabe. Publicou, ademais de numerosos artigos de crítica literaria, El Jarama de Sánchez Ferlosio; su estrutura y significado (1973), Estrutura y tiempo reducido en la novela (1977), El comentario de textos narrativos: la novela (1989), El polen de ideas. Teoría, crítica, historia y literatura comparada (1991), Trayectoria de la novela hispanoamericana actual (1991), con...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo. Foi profesor en San Gregorio de Valladolid e en Salamanca. Escribiu Relectiones theologicae (1557). Considerouse o pai do dereito internacional pola súa visión da comunidade humana universal e a necesidade de leis internacionais baseadas no dereito natural.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Santiago de Viveiro.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Retratista de paisaxes e tipos, compaxinou o labor fotográfico cunha intensa actividade política e chegou a ser presidente da Unión Republicana. As súas fotografías ilustraron o primeiro libro de fotografías editado en Galicia, Recuerdo de Pontevedra (1883). Membro da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, recibiu o Premio de Honra no Certame de Artes e Oficios de Pontevedra (1887 e 1895).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. En 1629 instalouse en Sevilla e en 1634 viaxou a Madrid, parece que chamado por Velázquez para participar na decoración do palacio do Buen Retiro. Volveu a Sevilla e realizou os conxuntos dos mosteiros de Guadalupe (1638) e da cartuxa de Jerez (1638). Desde 1658 residiu en Madrid. A súa arte parte do naturalismo chegado desde Italia. Utilizou a luz como elemento definidor dos contornos. Bo debuxante, destacan as figuras illadas tratadas á maneira de naturezas mortas. As súas composicións son hieráticas e pouco enlazadas, como se cada personaxe fose unha obra illada. Destacan La defensa de Cádiz (1684) e Naturaleza muerta (1633).
VER O DETALLE DO TERMO