"Cis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1012.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de decisión.
-
-
-
Aplícase á persoa que ten dificultades para decidirse.
-
Que é propio da persoa indecisa.
-
-
Que é de conclusión ou resolución dubidosa.
-
-
-
Que non é decisorio.
-
Aplícase ao xuramento ou promesa en que as manifestacións do litigante que declara no acto de confesión en xuízo unicamente prexudican ao confesante mesmo.
-
-
PERSOEIRO
Bibliógrafo. Realizou unha nova bibliografía xeral portuguesa, o Dicionario Bibliográfico Português, que publicou entre 1858 e 1870.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pedagogo e psicólogo. En 1983 fundou a revista de educación especial QUINESIA, única neste ámbito en Galicia. É profesor asociado da Universidade de Vigo no Campus de Ourense. É autor de O profesor e o ensino da lectura (1996) e Orientación escolar en Galicia (1997); ademais é coautor de Determinantes da integración escolar (1986), Eidos de intervención en psicoloxía (1987) e Formación, transición e emprego (1995), e tamén colaborou en Psicopedagoxía da lectura (1991) e coordinou Adaptacións curriculares para alumnos con necesidades educativas especiais (1997). É membro fundador (1996) e presidente da Fundación QUINESIA para a Integración Social das Persoas con Discapacidades. Dirixiu (1998-2001) o Proxecto IUVENIS de Inserción Laboral de Xoves con Discapacidades.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que está partido pola metade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conversión dun son en iode.
-
PERSOEIRO
Escritor e xesuíta. Coñecido como Padre Isla, é autor de numerosas obras satíricas, como Historia del famoso predicador Fray Gerundio de Campazas, publicada en dúas partes (1758 e 1770) e condenada pola Inquisición en 1760. Ao ser expulsado dos xesuítas, residiu en Boloña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Relacionada con diversos membros da Igrexa, como Diego A. Cernadas Castro, cura de Fruíme, encargouse da ordenación e publicación das obras do seu irmán o Padre Isla. Malia que destruíu a maior parte da súa obra, sábese que escribiu unha biografía sobre o cura de Fruíme, sen asinar, e outra sobre o Padre Isla, publicada co pseudónimo J. I. de Salas. Ademais, compuxo o canto heroico de temática sentimental Despedida de Lydia y Armindo e un romance humorístico en galego dedicado ao cura de Fruíme.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Erro de escritura producido, nos manuscritos gregos, pola substitución das vocais ou ditongos de igual son (ει, η, υ, οι), por un iota. Este fenómeno difundiuse a partir do s III a C e consolidouse cara ao s IX.
-
pronuncia reuchliniana.
-
-
PERSOEIRO
Poeta francés. E. Mallarmé e A. Gide ofrecéronlle a posibilidade de publicar os seus primeiros libros titulados De l’angélus de l’aube à l’angélus du soir (1898) e Le deuil des primevères (1901), nos que se fai patente a súa inxenuidade e o seu enxeño ao tratar temas familiares ou exóticos. Tamén escribiu Clairières dans le ciel (1906), Ma France poétique (1926) e Le crucifix du poète (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustrador. Arquitecto e profesor de debuxo. Formou parte do grupo de teatro independente Andrómena (1979-1981) e foi un dos creadores do Colectivo Xofre. Foi autor do cómic Cita na Habana (2000) e ilustrou diversos libros, como A formiga coxa (1990) de Marilar Aleixandre, Leonardo e os fontaneiros (1990) de Mª Victoria Moreno, A tribo ten catro ríos (1991) de Manuel María, O avión de Cangas (1992) de Darío X. Cabana, e A miña man na túa (1996) de Mariasun Landa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Formado na Escuela de Arquitectura de Madrid, foi autor, entre outras obras, da Biblioteca Nacional (1865-1892), realizada en estilo neogrego, e o Tribunal de Cuentas (1863).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e político. Formouse en Salamanca e Roma e, ao regresar a España, foi arcipreste de Uceda e recibiu a capelanía da catedral de Sigüenza en 1480. En 1484 ingresou no convento de franciscanos de Toledo, onde cambiou o seu nome, Gonzalo, polo de Francisco. Confesor desde 1492 de Isabel I a Católica, provincial dos franciscanos (1494) e arcebispo de Toledo desde 1495, impulsou a tarefa reformista para restablecer a pureza da orde de san Francisco e das ordes mendicantes e para frear as inmunidades e os privilexios do clero secular. En 1499 trasladouse a Granada, onde emprendeu unha política de conversión rápida dos mudéxares, que contribuíu a desencadear unha guerra de guerrillas en Las Alpujarras. Ao morrer a raíña (1504), converteuse na personalidade clave e moderadora nas desavinzas entre Fernando I o Católico e Filipe II de Aragón o Fermoso; ao finar este prematuramente (1506), como membro da rexencia, apurou a volta de Italia de Fernando I o...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, avogado e político. Colaborador de diversas publicacións periódicas, dirixiu El Balón e Foro Gallego. No eido político exerceu como tenente de alcalde do concello da Coruña e creou, xunto con Cristino Álvarez, o trofeo Teresa Herrera de fútbol. Ademais, foi membro da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e profesor. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidente da Sociedad Anatómica Española e decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Cónsul Jove.
-
PERSOEIRO
Actor e director cinematográfico. Coñecido como Buster Keaton, creou un personaxe de aparencia imperturbable, entre a candidez e o cinismo, en filmes como The Cameraman (1928) ou Steamboat Bill Jr. (1928). Como director evidenciou un gran sentido do ritmo e da construción dramática de filmes como Cops (1922), The Navigator (1924) ou The General (1927), nos que tamén participou como actor. Coa aparición do cine sonoro iniciou a súa decadencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aminoácido de configuración L, intermediario na biosíntese da cisteína, nos mamíferos a partir da metionina, vía homocisteína.
-
-
laicidade.
-
Doutrina que defende a independencia da sociedade e, particularmente, do estado, de toda influencia eclesiástica ou relixiosa. O pensamento laicista recibiu en Francia a súa expresión clásica e exerceu unha influencia notable noutros países europeos ata o s XX. As raíces espirituais do laicismo atópanse no Renacemento, no humanismo e na Ilustración. Nesta época tomou forma a conciencia do propio valor e da autonomía do mundo en todas as súas ordes e procurou liberarse da tutela eclesiástica. O pensamento xurídico civil situou a xustificación da relixión nun dereito individual, pertencente á esfera privada da persoa.
-