"Rab" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 681.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comportarse como un tarabelo.
-
-
Especie de espantallo formado por un trebello con aspas que ao ser movidas polo vento baten contra un obxecto metálico e fan ruído.
-
Pecho que se usa para fechar portas e ventás, que xeralmente consiste nunha peza de madeira que xira sobre unha punta cravada no medio.
-
Peza de madeira que ao bater na moa do muíño cando xira, imprime un movemento vibratorio á canada para que os grans procedentes da moega vaian caendo no ollo do muíño.
-
Que ou quen se caracteriza pola súa falta de seriedade e constancia con respecto ás súas opinións e accións.
-
Que ou quen fala moito e sen tino.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trade pequeno cunha barrena do tamaño dunha punta.
-
-
Relativo ou pertencente aos tetrabranquios.
-
Molusco da subclase dos tetrabranquios.
-
Subclase de moluscos cefalópodos que inclúe especies con catro banquias, numerosos tentáculos, corpo protexido por unha cuncha externa dividida en membranas e cámaras separadas por tabiques transversais. Os tetrabranquios foron moi abundantes durante a Era Secundaria e na actualidade só existe unha forma viva, o náutilo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colorante ácido-base cuxa sal sódica se emprega na radiodiagnose da vesícula biliar.
-
-
Planta herbácea que presenta os talos volubles, as flores brancas ou azuladas e o froito en vaíña.
-
Froito comestible desta planta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das persoas encargadas de poñer en funcionamento o botafumeiro da catedral de Santiago de Compostela. A súa vestimenta consiste nunha gran túnica vermella e, para facelo mover, tirando dunhas cordas de esparto e co apoio dunha roldana situada nel conseguen que este se balancee ascendendo ata a bóveda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
tolerable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser tolerado.
-
-
1 Corda ou pau que se pon nas patas dun animal para que non fuxa.
-
Impedimento ou obstáculo, principalmente de carácter inmaterial, que dificulta o desenvolvemento dunha acción.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Coristanco baixo a advocación de santa María, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe medieval que destacou no conflito dinástico que se produciu á morte de Reimundo de Borgoña (1107) entre Urraca I e Afonso Reimóndez. Pedro Froilaz , conde de Traba deu o seu apoio ao segundo (futuro Afonso VII). O seu fillo, Fernando Pérez foi candidato á coroa de Portugal polas súas relacións coa raíña Tareixa e o seguinte conde de Traba, Gonzalo Fernández , destacou na corte de Fernando II. O s XIII, foi o último momento de esplendor da casa con Rodrigo Gómez , que participou co arcebispo de Santiago de Compostela, Xoán Arias, na reconquista do S de España, ademais de apoiar como mecenas os trobadores galaico-portugueses. Posteriormente as posesións dos Traba pasaron a mans dos Salgado e Biedma. O seu patrimonio abarcaba terras como a de Caldas ou Sarria, posesións na diocese de Mondoñedo, Lugo, Ourense, Tui e Santiago de Compostela, á vez que ostentaban diversos títulos como os de Montenegro e Trastámara....
-
LAGOAS
Lagoa litoral da parroquia de Traba, no concello de Laxe, que recibe as augas do río de Traba e está pechada polo cordón dunar da praia. Forma parte do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Costa da Morte. Neste espazo, pouco concorrido polas dificultades de acceso, obsérvase unha gran variedade de aves que aniñan ou migran en tránsito desde as rexións boreais ás tropicais e viceversa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Traba, ao seu paso por Noia, no antigo Camiño de Santiago de Compostela a Noia. Datada no s XIV, está construída en cantaría e ten catro vans con arcos oxivais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Areal incluído no Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Costa da Morte, situado no litoral da parroquia de Traba, no concello de Laxe. Abrangue o treito de costa situado ao NL dos Penedos de Traba, na serra de Pena Forcada, que se estende ao longo de 3 km.
-
-
Acción e efecto de trabar.
-
Ferida ou sinal que se produce ao trabar algo.
-
Anaco que se saca dunha cousa ao trabala.
-
-
AFLUENTES
Afluente do Eo pola esquerda que nace na parroquia de Trabada e desemboca na de Sante, ambas as dúas no concello de Trabada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Trabada, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello que pertence á comarca da Mariña Oriental situado na provincia de Lugo no NL de Galicia e da provincia de Lugo (43° 26’ 30’’ N - 7° 11’ 30’’ O). Limita ao N co concello de Ribadeo (A Mariña Oriental), ao S co concello da Pontenova (A Mariña Oriental), ao L co Principado de Asturias e ao O cos concellos de Lourenzá (A Mariña Central) e Barreiros (A Mariña Oriental). Abrangue unha extensión de 82,7 km 2 cunha poboación de 1.451 h (2007), distribuída nas parroquias da Fórnea, A Ría de Abres, Sante, Trabada, A Valboa, Vidal, Vilaformán e Vilapena. A súa capital está en Trabada, na parroquia homónima, a 92 km de Lugo e a 158 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Mondoñedo e ao partido xudicial de Mondoñedo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Trabada presenta un relevo accidentado en que domina ao O, cunha disposición meridiana, a serra da Cadeira, que serve de límite con Riotorto, Lourenzá e Barreiros. Esta serra descende de altitude de S a N e presenta...