"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da comarca do Bierzo, adscrito á provincia de León e á Comunidade Autónoma de Castela e León (1.539 h [1996]). O termo municipal inclúe as parroquias de Cabañas de la Dornilla, Cubillinos, Cubillos del Sil, Finolledo, Fresnedo e Posadina. O río Sil, que constitúe o límite oriental do concello, forma neste sector o encoro de Bárcena, que baña tamén os concellos de Ponferrada (onde está a presa) e de Congostro. A principal empresa do municipio é a central térmica de Compostilla, inaugurada en 1949, que se abastece do carbón extraído nas minas da comarca. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa parroquial (ss XVI-XVII), con retablos e lenzos barrocos no seu interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro cerimonial maia, descuberto en 1976 en Belize. Corresponde ao período formativo (2400 a C-250 d C) e tivo o seu máximo esplendor a partir do 400 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘faba’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terrón duro e compacto que se levanta ao labrar un terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Erupción cutánea que aparece como consecuencia de distintas enfermidades da pel, como a erisipela e o herpes, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filósofo. Foi profesor na Universidad de Oviedo e na Universidad Autónoma de Madrid. Estudiou o pensamento de Wittgenstein e Carroll. Membro do comité cultural de El País, colaborou coa Revista de Occidente e foi asesor da Editorial Alianza na súa colección Universitaria. Publicou El juego de la Lógica (1972), Introdución a la Lógica Formal (1975), Las concepciones de la Lógica (1980) e Escritos filosóficos (1984), que é un compendio das súas investigacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de debullar.

    2. Grans que quedan estrados no chan despois de debullar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido co nome de Dello di Nicolò Delli, a súa obra identificouse en ocasións coa de Nicolás Florentino. En 1433 trasladouse a Castela, onde, ao servizo da corte, realizou o retablo maior da catedral vella de Salamanca, no que destaca o Xuízo Final. Volveu a Florencia en 1446.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desatar os amallós que atan os zapatos.

    2. Desatarse os amallós que atan os zapatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe aparecida o 15 de xaneiro de 1985 en Santiago de Compostela. Dirixida por Pablo Viz Otero e coordinada por Carlos Burgos, contaba coa colaboración de M. Callejas Grandío, M. Barrera Herrero e Pilar Arias de la Vega. Recolle nas súas páxinas aspectos relacionados coa gandería, os cultivos, as masas forestais, as novidades técnicas e de maquinaria xunto con entrevistas e artigos de carácter político.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro de José Luis Pereiro Alonso, publicado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (1981), que expón e reflexiona sobre a historia urbanística viguesa e atende tanto aos proxectos como ás realizacións, especialmente ao seu desenvolvemento nos ss XIX e XX. Segundo a obra, que constitúe un dos principais estudios urbanos realizados en Galicia, a urbanización de Vigo nesas dúas centurias respondeu a intereses especulativos, malia que non faltaron en diversos momentos proxectos e plans urbanísticos deseñados para construír unha cidade máis racional que, sen embargo, as máis das veces foron desbotados. A permisividade das autoridades responsables foi un dos factores que propiciou a adopción de modelos urbanizadores nos que, en xeral, primaron os intereses inmediatos dos promotores inmobiliarios, afastados das necesidades da poboación, que se viu abocada, segundo as conclusións do autor, a habitar un espazo inseguro, insalubre e, en certo sentido, inhóspito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘manta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desentullar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de desmellorar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desmellorar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo ou alguén non estea tan ben ou en tan bo estado como estaba anteriormente.

    2. Deixar de estar algo ou alguén en bo estado.

    3. Sufrir un empeoramento o aspecto dunha persoa por diferentes causas, como a falta de saúde ou de descanso.

    VER O DETALLE DO TERMO