"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no concello do Bolo. Ten o campanario no centro da fachada enlazando con esta por medio de volutas moi decoradas. De planta cadrada, posúe dous corpos e unha lanterna poligonal como remate.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece o plano urbanístico do centro histórico da cidade italiana de Boloña, aprobado en 1969. Constituíu un fito, tanto desde o punto de vista teórico como no referente á aplicación práctica, no tratamento urbanístico dos centros históricos das grandes cidades.
-
PERSOEIRO
Escultor flamengo. En 1512 comezou o seu periplo pola Italia renacentista. A súa formación nas novas propostas estéticas e a súa técnica permitíronlle entrar ao servizo de Francisco de Medici en Florencia e do Papa Pío IV quen lle encargou a Fonte de Neptuno de Boloña. É autor do sepulcro do Cardeal don Rodrigo de Castro (1603), encargado polo promotor do colexio da Compañía de Monforte de Lemos serviu de modelo renovador da estatuaria funeraria en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Campesiño insurrecto ruso. Converteuse no líder dunha revolta que se estendeu por toda a Rusia centromeridional, a primeira da cadea de levantamentos que tiveron lugar nesta zona nos ss XVII e XVIII. Morreu asasinado trala derrota de Tula.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista. Inicialmente se dedicou á pintura, derivando despois cara ás instalacións, nas que utilizaba a fotografía como soporte. Produciu historias humorísticas e tratou o tema da morte e o carácter sagrado da arte nas súas Composicións. Tamén é o autor de composicións teatrais e de representacións bidimensionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo de Leonardo da Vinci, posuía un notable vigor expresivo. As súas obras están debuxadas e modeladas cunha enorme precisión. É autor da Madonna Casio (1500), A nai de Deus e o neno e Narciso na fonte. Destacou tamén como un bo retratista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Constante fundamental da Física, de grande importancia en mecánica estatística. É o resultado do cociente entre a constante dos gases R e o número de Avogadro N<J>A</J>:k = R/N<J>A</J>, e o seu valor é k = 1,380662·10-23 J·K-1.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ecuación do transporte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión que relaciona a entropía S dun sistema (magnitude macroscópica) e o número de estados microscópicos accesibles polo sistema, W (magnitude microscópica): S=k·1nW, onde k é a constante de Boltzmann. No cero absoluto (T=0K) todas as partículas do sistema están no estado fundamental e S=0, o que está de acordo co terceiro principio da termodinámica (ou teorema de Nernst).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei de Stefan-Boltzmann.
-
PERSOEIRO
Físico. Desenvolveu, xunto con J. W. Gibbs e J. C. Maxwell, a Mecánica Estatística. Foi profesor de Física en Graz, Múnic, Leipzig e Viena desde 1895 ata o seu suicidio, en 1906. Inspirado polos traballos de Maxwell, interpretou as leis da Termodinámica a partir da Mecánica das moléculas e con métodos estatísticos. O seu teorema H (1877) permitiu explicar o segundo principio da Termodinámica. Enunciou o principio da equipartición da enerxía e demostrou teoricamente a lei experimental de Stefan, que pasou a chamarse lei de Stefan-Boltzmann, a partir do ciclo de Carnot (1884). Entre as súas obras cómpre salientar Leccións sobre a teoría electromagnética de Maxwell, Teoría cinética dos gases (1895-99) e Leccións sobre os principios da Mecánica (1904)
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático, astrónomo e escritor húngaro. Calculou as órbitas de varios cometas, traballou nas bases da Xeometría e publicou no 1832 Tentamen iuventutem studiosam in elementa matheseos purae elementaris (Intento de presentar á mocidade estudosa os elementos das Matemáticas puras). No eido da literatura publicou Öt szmorújáték (Cinco traxedias, 1817) e Párisi per (Proceso en París, 1818).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático húngaro. Fillo de F. W. Bolyai, foi un dos fundadores da Xeometría non euclidiana. Publicou o seu primeiro traballo como apéndice da obra do seu pai Tentamen iuventutem studiosam in elementa matheseos purae elementaris (Intento de presentar á mocidade estudosa os elementos das Matemáticas puras, 1832).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome italiano de Bozen.
-
PERSOEIRO
Filósofo, teólogo e matemático. Sacerdote católico, estudiou e foi profesor na Universidade de Praga ata que tivo que abandonala en 1819 polas súas ideas pacifistas. Oposto ao idealismo kantiano, desenvolveu unha filosofía científica coa súa concepción da Lóxica como estudo das Sätze an sich (‘proposicións como tales’) en tanto que algo obxectivo, e coa súa contribución á fundamentación das Matemáticas. Descubriu e levou a cabo estudios sobre os paradoxos do infinito formulados clasicamente por G. Cantor. As súas obras máis importantes son Wissenschaftslehre (Teoría da ciencia, 1837) e Paradoxien des Unendlichen (Paradoxos do infinito, 1851).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema que establece que se y(x) é unha función real continua no intervalo pechado [a,b] da recta real e nos extremos colle os valores y(a) e y(b), de signos opostos, como mínimo anúlase nun punto interior de [a,b].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema que establece que a función y(x) é converxente en xDη se, e soamente se, para cada número
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema empregado no estudo de máximos e mínimos. Afirma que para unha función y(x) continua no intervalo pechado [a,b] da recta, hai un valor que é máximo absoluto e outro que é mínimo absoluto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema referido á existencia de series de funcións. Afirma que todo conxunto real pechado, cun número infinito de puntos, ten como mínimo un punto de acumulación; isto é, que se pode extraer unha sucesión de puntos converxente.
-
PERSOEIRO
Editor e dramaturgo italiano. A temática do seu teatro é a angustia existencial. Publicou as pezas: Paura di me (Medo de min, 1951) e Lamento d´Orfeo (Lamento de Orfeo, 1961). Fundou a editorial Bompiani (1929).
VER O DETALLE DO TERMO