"ABI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 731.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alga parda de cor moura, de talo cilíndrico non ramificado, de ata 5 m de lonxitude, que vive fixada a substratos por un disco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
algaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘rabo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fortaleza militar e relixiosa situada nas fronteiras dos países islámicos, sobre todo no Magreb. Aínda que orixinariamente foi residencia de monxes guerreiros, adquiriu unha grande importancia durante a dominación almorábide de Al-Andalus (ss XI e XII).
-
VER O DETALLE DO TERMO
nabiza.
-
-
arabela.
-
Cabo curto polo que se tira ou suxeita unha embarcación.
-
Cabo dun salvavidas.
-
-
-
Cortar as follas a unha planta tenra.
-
Cortar ou romper a parte saínte de algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mango de calquera ferramenta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Declaración dunha persoa que fai da súa vontade respecto dun acto que outro levara a cabo en nome del, aprobándoo e confirmándoo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
rehabilitable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode rehabilitar.
-
-
Acción e efecto de rehabilitar ou rehabilitarse.
-
-
Reintegración legal dun reo á vida normal, coa restitución de todos os dereitos e as dignidades das que foi privado como consecuencia da condena. Supón a cancelación dos antecedentes penais, presupón ter satisfeitas as responsabilidades civís provenientes da infracción e ter transcorrido o tempo establecido sen volver delinquir de novo.
-
rehabilitación da creba
Declaración xudicial que fai cesar todas as interdicións legais producidas pola declaración de creba, agás o caso de creba fraudulenta.
-
-
Recuperación, mediante procedementos adecuados, dunha habilidade corporal normal que, a causa dunha enfermidade ou dun traumatismo, se perdera.
-
-
-
Restituír ou habilitar de novo a alguén nun cargo.
-
olver poñer algo en bo estado.
-
Restablecer o bo funcionamento de algo, en particular dun membro ou dunha función.
-
Devolver a un reo os seus dereitos.
-
Integrar de novo a alguén nun medio social.
-
Recuperar unha persoa o aprecio ou a estima dos demais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presume de saber todo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de respectable.
-
-
Calidade de responsable.
-
Obriga moral de aceptar ou responder ás consecuencias dos actos ou feitos propios ou alleos.
-
-
Capacidade que ten todo suxeito activo de dereito de coñecer e de aceptar as consecuencias dun acto propio consciente e libre.
-
responsabilidade administrativa
Obriga que a Administración Pública ten de indemnizar a quen, por culpa dela, lle foron lesionados os seus dereitos e de demandar contas ás autoridades, funcionarios e outros axentes sobre o exercicio dos seus cargos.
-
responsabilidade contractual
Responsabilidade civil do debedor que non pode ou non quere cumprir a súa previa obriga e que queda a cumprila en virtude dun contrato.
-
responsabilidade extracontractual
Responsabilidade civil que xorde de todo dano, culposo ou non, con independencia de calquera contrato. Tamén se é responsable de actos doutras persoas (o pai, dos do seu fillo menor de idade), dos animais propios e dos danos que poidan causar a terceiros, e dos obxectos e dos danos que se poidan dar pola súa causa.
-
responsabilidade ministerial
Capacidade que, en réximes democráticos, teñen as cámaras lexislativas de esixir aos membros do poder executivo a responsabilidade dos seus actos. Fálase de confianza parlamentaria como da condición de que deben gozar os gobernos correspondentes para permaneceren no poder.
-
responsabilidade ministerial
Responsabilidade propia e exclusiva dun ministro ou membro do goberno, garantida como tal mediante a súa sinatura, con relación aos decretos e ás disposicións que esta acompaña, que exime de responsabilidade ao xefe de estado e aos outros membros do goberno. Os monarcas, ás veces, están exentos da responsabilidade perante o parlamento.
-
responsabilidade obxectiva
Responsabilidade civil orixinada polo dano non culposo ocasionado por un obxecto e que obriga ao seu propietario ou a quen goza do dominio a reparar o dano ou o prexuízo ocasionado, agás no suposto de culpa exclusiva da vítima ou do prexudicado.
-
...
-
-
-
-
Facer responsable ou atribuír a responsabilidade de algo a alguén.
-
Asumir a responsabilidade de algo ou alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de revogable.
-
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Gabino, viviu en Barcelona onde recibiu a influencia da pintura catalá e de artistas como Antoni Tàpies. Destacou como debuxante, cultivou o realismo cun estilo postimpresionista e centrouse fundamentalmente na representación de paisaxes, xunto con bodegóns e retratos. Preocupouse pola cor e empregou unha paleta cálida e morna na que destacaron azuis intensos, verdes brillantes, carmíns, rosas e pratas, coa que construía os corpos mediante o emprego da luz. Destacan Mi hermana Carmen (1956), Bodegón (1968), Puerto de Barcelona (1980), Irene e Anna (1988), Vaso con flores (1990), Casa en el Empordá (1996), A modelo (1997) e Camino (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade multinacional estadounidense que xurdiu da unión de RJ Reynolds e Nabisco Brands en 1985. A primeira tomou o control da segunda, que era unha empresa tabaqueira, creada en 1875. Estendeu as súas actividades ao sector alimentario incrementado coa entrada en Nabisco Brands.