"Bor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 827.
-
PERSOEIRO
Militar e escritor. Foi guía de Napoleón nas guerras da independencia española (1808) e austríaca (1809). Deputado por París (1822), interveu na insurrección que obrigou a Carlos X a exiliarse (1830) e foi axudante de campo do rei Luís Filipe I de Francia. Home dunha gran cultura, escribiu máis de trinta obras, das que destacan Voyage pittoresque et historique de l’Espagne (1807-1818), ilustrada con gravados, algúns deles debuxados por el mesmo, e L’itinéraire descriptif de l’ Espagne (1808).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor, escritor e político. Fundador da revista Andalán e do Partido Socialista de Aragón (PSA), foi deputado nas Cortes de Aragón pola Chunta Aragonesista (1999-2000) e deputado no Congreso de los Diputados desde 2000. Como intérprete gravou o disco Cantar y callar (1974). Publicou Las sonatas (1965), Con la voz a cuestas (1982), Diario de un náufrago (1988), Un país en la mochila (1995), froito dos doce documentais sobre España rural emitidos por TVE, e Dulce sabor de días agrestes (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor, profesor, escritor e político. Licenciado en Filosofía e Letras en 1960, exerceu a docencia ata que se dedicou en exclusiva ás súas facetas creativas. Participou na fundación da revista cultural Andalán, xunto con Eloy Fernández Clemente, e do Partido Socialista de Aragón (PSA). Foi deputado nas Cortes de Aragón pola Chunta Aragonesista (1999-2000) e deputado no Congreso de los Diputados na VII e VIII lexislaturas (2000-2008).
VER O DETALLE DO TERMO
Da súa discografía destacan os títulos Cantar y callar (1974), Tiempo de espera (1975), Que no amanece por nada (1978), Las cuatro estaciones (1981), Aguantando el temporal (1985), Diario de un náufrago (1988), Canciones de amor (1993), Paisajes (1997) e Vayatrés (2009). Publicou, entre outras obras, Sucede el pensamiento (1959), Recuerdos... -
SERRAS
Aliñación montañosa situada no S de Galicia que serve de fronteira hispano-lusa. Pola vertente galega esténdese desde a parroquia de Mociños (Quintela de Leirado) ata a de San Xes de Vilariño (Lobeira). Culmina nos 1.334 m de altitude do Codesal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Terra dedicada ao cultivo.
-
Tempo que dura a sementeira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sindicato creado na Fábrica de Tabacos da Coruña en 1917, cunha estrutura estritamente mutualista e que contou cun reducido número de afiliadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de laborioso.
-
-
Que é moi traballador e está interesado no seu labor.
-
Que custa moito traballo ou esforzo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente do movemento obreiro que retomou a herdanza dos movementos cartistas, dos fabianos e das Trade Unions. Trala formación do Labour Party, desenvolveu un programa político inspirado en ideais e prácticas do reformismo social.
-
-
Relativo ou pertencente ao laborismo.
-
Partidario do laborismo.
-
-
PERSOEIRO
Médico e fisiólogo. Inicialmente cirurxián, en 1952 foi o primeiro en introducir os psicofármacos en terapéutica empregando a clorpromazina como coadxuvante da anestesia total.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dialecto do éuscaro situado entre o alto navarro e o baixo navarro.
-
PERSOEIRO
Compositor francés. Estudiou en París cos mestres Jules Massenet, Camille Saint-Saëns e F. M.A. Gobinet de Villecholes. Compuxo música de cámara, sinfónica e óperas. Da súa produción destaca a ópera La catalane.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Trasmonte (Ames). Está formado por unha torre de planta cadrada dos ss XV-XVI no corpo máis estreito, á que se engadiu un corpo que lle dá ao conxunto a forma dun L. Consérvase un escudo do s XVIII. Ten capela, pombal e outras construcións adxectivas.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Casa de Naia (Antas de Ulla). O seu cumio acada os 513 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monterroso baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema montañoso limítrofe con Portugal que se estende polos concellos de Verea e Lobeira. A máxima altitude atópase no pico Codesal, que acada os 1.324 m. Nos seus montes destaca a presenza dun conxunto de mámoas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, unha nogueira de sinople, afroitada de goles, e terrazado de sinople.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquitecta e escritora. É autora de El Balneario, la ciudad ensimismada (1994), A vida nos balnearios de Galicia (1996) e Vigo, puerto y destino: atlas urbanístico de Vigo (2000).
-
ENCORO
Pantano que se creou coa construción dunha presa sobre o leito do río Mao, situado na conca do Sil, no concello de Montederramo. Conta cunha praia fluvial.
VER O DETALLE DO TERMO