"ICE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 774.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Pa-drón 16.1.1935) Músico e profesor. Dedicado ao ensino da lingua inglesa, promoveu a creación da Federación Coral Galega (1983). Director da Coral Helios de Bembrive e do coro do Campus Universitario de Vigo, foi o fundador da revista musical Galicia Cantat. Publicou, con J. Alves, o Cancioneiro Coral Galego (1995). É membro do Consello da Cultura Galega.
-
GALICIA
Político e enxeñeiro, irmán de Xosé Rodríguez de Vicente. Despois de rematar os seus estudos en Alemaña, emigrou a Bos Aires (1907). Afiliouse ao Partido Socialista Argentino (1912), foi secretario da xunta executiva da Federación Socialista da provincia de Bos Aires e deputado na mesma provincia (1914-1916). Dirixiu os xornais La Unión e La Acción, e colaborou en La Nación.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e actor, irmán de Román Rodríguez de Vicente. Ocupou diversos cargos na administración dos xornais Terra Galega de Montevideo e La Nación de Madrid, e foi director desde 1936 da revista España en Bos Aires (1936). Membro fundador das Irmandades da Fala e alcalde de Baiona durante a Ditadura de Primo de Ribera, organizou unha compañía de teatro e elaborou guións para filmes e documentais. Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Neuropsiquiatra. Estudou medicina na Universidad de Salamanca, especializándose en psiquiatría e neuroloxía. Foi médico residente no Hospital de Toén e profesor do Colexio Universitario de Ourense. Membro numerario da Sociedad Española de Historia Nacional e do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, escribiu diversos artigos e publicou Los macizos montañosos orensanos e El Parque de San Lázaro (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Artista postimpresionista, destacaron as súas paisaxes, caracterizadas polos espazos amplos. Está representado no Museo Quiñones de León. Das suas obras destaca Islas Cíes (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante. Correspondente de Faro de Vigo (1980) e da axencia EFE (1996), colaborou en A Nosa Terra, Xornal Diario, Diario de Granada, A Peneira e O Caminhense, e nas emisoras Radio Vigo, Radio Popular, Radio Noroeste e Radio Jornal Caminhense. Publicou A Guarda: claves para coñecela sen présas (1992). Recibiu o I Premio de Xornalismo Vila da Guarda.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Adestrador de baloncesto. Coñecido como Cholas, dirixiu diversos equipos de baloncesto nas ligas masculina e feminina, entre eles o Celta de Vigo que se proclamou campión de España na tempada 1998-1999. Adestrou a Selección Nacional feminina, coa que acadou dúas medallas de bronce no Eurobasket de Francia 2001 e no de Grecia 2003, ademais da medalla de ouro na Universiada. Participou nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e abandonou a selección en xaneiro de 2005.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi cofundador e redactor da revista literaria ‘t Fonteintje (1921-1924) e secretario da revista Vandaag (1929-1930). Considerado como un dos renovadores da novelística flamenga da década de 1930, escribiu Komen en gann (Ir e volver, 1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Doutor en Dereito pola Universidad de Madrid, foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Dotado dunha gran sensibilidade, publicou Huellas (1932), en que insire composicións modernistas e vangardistas, e De mar a mar. Poemas (1932-1933) (1934), con poemas seleccionados por Juan Ramón Jiménez. Deixou inéditas dúas obras, Ápices e Tierra, que se publicaron postumamente en Obras Poéticas (1970), acompañadas dos poemarios xa coñecidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta francés. Influído por George Sand, Baudelaire e E. A.Poe, iniciouse co poemario Dans les brandes (1877). Escribiu tamén Névroses (1883).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás sacaromicetáceas.
-
Fungo da familia das sacaromicetáceas.
-
Familia de fungos endomicetais, unicelulares illados e reunidos en cadeas, que se reproducen por xemas ou por ascósporas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
endomicetal.
-
PERSOEIRO
Político francés. Deputado nos Estados Xerais (1789), sostivo a anexión de Córsega a Francia. Membro da Convención, máis tarde fíxose partidario de Napoleón I Bonaparte, que lle confiou varios cargos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Salónica ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Salónica.
-
-
PERSOEIRO
Editor. En 1809 asociouse con Pere J. Mallén e iniciou un negocio de libraría, que expandiu a moitos países. Introdutor de Rousseau, Chateaubriand e Saint-Pierre en España, durante o Trienio Liberal foi elixido deputado a cortes por València (1822-1823). Como secretario do Congreso de los Diputados defendeu a liberdade de imprenta e os dereitos de autor. En 1824 abriu en Londres a Spanish and Classical Library. Foi profesor do Ateneo Español e colaborou con Andrés Bello. Redactou unha Gramática de la lengua castellana (1830) e un Nuevo dicionario de la lengua castellana (1846).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria, situado ao S de Torrelavega, no val do río Besaya (2.205 h [2001]). A cabeceira do termo é Rivero.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Vilaúxe (Chantada). O seu cumio acada os 623 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do Mar Cantábrico, situada na entrada da enseada de Ladrido, na parroquia de Ladrido (Ortigueira).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa das Pequenas Antillas que, xunto coas Granadinas setentrionais, constitúe o estado de San Vicente e as Granadinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola dereita do río Verdugo, que nace na parroquia de Ponte Caldelas e desemboca na de Taboadelo (Ponte Caldelas).
VER O DETALLE DO TERMO