"Icía" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor italiano. Coñecido como Daniele da Volterra, foi discípulo en Siena de Il Sodoma e Domenico Beccafumi, e despois recibiu a influencia de Michelangelo Buonarroti. Das súas obras destaca Deposizione (1541) e a decoración da sala rexia do Vaticano iniciada por Pierino del Vaga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Taekwondista. Bolseira do Consejo Superior de Deportes dentro do plan ADO no Centro de Alto Rendimiento de Deportistas en Sant Cugat del Vallès, gañou a medalla de ouro no campionato de Europa junior (Chipre, 1999), a de bronce no campionato do Mundo junior (Irlanda, 2000), a de prata na Copa do Mundo absoluta (Vietnam, 2001), a de ouro no campionato de Europa por equipos (Madrid, 2002), a de ouro no campionato de España (2003) e a de prata no campionato de España (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Doutor en Dereito pola Universidad de Madrid, foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Dotado dunha gran sensibilidade, publicou Huellas (1932), en que insire composicións modernistas e vangardistas, e De mar a mar. Poemas (1932-1933) (1934), con poemas seleccionados por Juan Ramón Jiménez. Deixou inéditas dúas obras, Ápices e Tierra, que se publicaron postumamente en Obras Poéticas (1970), acompañadas dos poemarios xa coñecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Pacios (O Incio) e Loureiro (Sarria). O seu cumio acada os 807 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Ames, Boqueixón, Santiago de Compostela, Teo e Vedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa que abrangue os concellos de Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela e Sarria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Evento anual organizado pola Asociación Ferial Semana Verde de Galicia desde 1978, que ten lugar en Silleda, co obxectivo de dinamizar os recursos agroalimentarios galegos, sendo un escaparate para novos mercados. Desde 1998 realízase no Recinto Feira Internacional de Galicia onde hai foros de debate, concursos, poxas e presentación de novidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico creado en Montevideo por un grupo de galegos próximos a Castelao (Alfredo Somoza, Jesús Canabal, Pedro Couceiro, Antón Crestar, Luís Tobío, Emilio Pita, Manuel Leiras e Manuel Meilán) como homenaxe á figura do galeguista. En emisión en CX 16 Radio Carve desde o 3 de setembro de 1951, converteuse na máis antiga audición radial emitida enteiramente en galego. Dirixido por Manuel Meilán (1950-1994) e por Antonio García de Seárez desde 1994, emitiuse todos os domingos dirixido á colectividade galega en América. Recibiu a Vieira de Prata (1971), o Trofeo Galeguidade do Mundo (1991) e o Premio Galicia de Comunicación (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Barcelona a partir do 1 de febreiro de 1978. Subtitulada “Voceiro da Emigración Galega en Barcelona”, foi promovida por un grupo de nacionalistas galegos que residían nesa cidade. De natureza política, incluíu colaboracións literarias, tamén cun marcado compromiso político.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presta ou que está disposto a prestar servizo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dureza e crueldade excesivas.

    2. Trato rigoroso e inhumano que recibe unha persoa sobre a que se ten potestade ou autoridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Continuou obras xa famosas, como a Segunda Celestina (1534) e a longa serie derivada do Amadís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela a partir do 25 de outubro de 1842. Cesou o 27 de febreiro de 1843 (nº52). Subtitulada “Periódico político, literario e industrial”, saíu tres veces á semana editado por Pío Rodríguez Terrazo nos obradoiros de Núñez Castaño e, posteriormente, nos da Viúda e Hijos de Compañel (a partir do nº17).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade sen ánimo de lucro, fundada en 1961, que ten como obxectivos o estudo das afeccións cirúrxicas en todos os seus aspectos, contribuír ao progreso do coñecemento e bens públicos, defender o prestixio e os intereses dos cirurxiáns, así como establecer nexos de unión entre organismos similares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa pública creada en 1994 para coordinar e impulsar o Plan de Desenvolvemento Comarcal. É un centro de innovación, planificación e estudo do territorio, así como un centro de investigación aplicada que colabora con programas experimentais de ámbito europeo, para a aplicación de novas tecnoloxías para o desenvolvemento e a planificación. Conta co Sistema de Información Xeográfica (SITGA), que ten un banco de datos municipal (BDM), onde se almacenan datos socioeconómicos, de infraestruturas e me-dioambientais xeorreferenciados, que permiten situar e analizar os recursos do territorio galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de sociedades obreiras non afiliadas a UGT que simpatizaban coa práctica da acción directa e o apoliticismo. Uníronse nunha xuntanza celebrada promovida polo Centro de Sociedades Obreras de Vigo en 1911 co nome de Confederación Regional Solidaridad Obrera de Galicia. O seu comité tiña sede na Coruña. Despareceu despois da folga xeral promovida pola CNT en outubro dese mesmo ano e tras a que o goberno suspendeu diversos colectivos integrados nela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao solsticio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos rangos militares comprendidos entre os de oficial e os de tropa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sulpicianos.

    2. Membro da congregación de sacerdotes dedicada á dirección de seminarios e casas de formación do clero, fundada en 1641 no seminario de San Sulpicio de París por Jean-Jacques Olivier. Dirixen diversos seminarios en Francia e o Institut Catholique de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do latín Sulpicius, nome dunha gens romana, que á súa vez pode vir de sulpur ou sulphur ‘xofre’.

    VER O DETALLE DO TERMO