"Imo" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 631.

    1. Relativo ou pertencente á orde de san Xerome.

    2. Membro da orde de San Xerome, fundada en 1373 cando o Papa Gregorio XI aprobou a modalidade de vida comunitaria, solicitada por un grupo de eremitas casteláns, clérigos e segrares, establecidos en Castañar e despois en Villaescusa e San Bartolomé de Lupiana, considerada a casa nai da orde. O papa autorizoulles a vivir en comunidade baixo o nome de freires ou ermitáns de San Xerome, seguindo a regra de santo Agostiño, cun hábito branco e terroso. Dependentes do bispo de cada diocese, en 1414 o Papa Benedito XIII concedeulles a exención e a facultade de celebrar capítulos. Despois da exclaustración de 1835 non se restaurou ata 1925 en Santa María del Parral (Segovia). Hai dúas comunidades masculinas: Santa María de Parral (Segovia) e San Jerónimo de Yuste (Cáceres). A rama feminina, da que hai 17 mosteiros, xurdiu como casa de beatas en Toledo en 1374 e incorporouse á orde en 1464.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido por Carlos III en 1765, xunto co vizcondado previo de Soar, a Xoán Antonio de Cisneros Castro (?-1798), cabaleiro da Real Maestranza de Granada, rexidor perpetuo de Santiago, señor de Ximonde, da casa e torre de Soar, da fortaleza do Couso, da torre Pigariños e do coto de Bea. Sucedeuno o seu fillo Pedro María Cisneros Ulloa , II conde de Ximonde, e a este a súa filla Xacoba Cisneros Puga (1813-1868), III condesa de Ximonde. Trae por armas as dos Cisneros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino, habitualmente un apelido, formado a partir do nome da nai ou da muller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Lisba 1869 -1750) Rei de Portugal (1706-1750), fillo de Pedro II. Participou na Guerra de Sucesión Española como partidario do arquiduque Carlos de Austria. Despois das derrotas de Almansa (1707) e de Caia (1709), aceptou o Tratado de Utrecht.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Fundador e director de La Región Gallega, ligado ás teses de Basilio Álvarez, das súas obras destaca o conto De raza brava (1915), unha Historia de Cuba (1926) e a zarzuela Miñatos de vran, con música de Xosé F. Vide, estreada en 1928 no Teatro Nacional de La Habana. Foi membro correspondente da Real Academia Galega (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esterol que se obtén da levadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que provén do grego Zósimos ‘vigoroso, vital’, en relación con Zoé ‘vida’. Trátase dun nome habitual entre os cristiáns de lingua grega e que se considera sinónimo do latino Vidal/Vital; os dous tiñan unha referencia relixiosa á nova vida da graza tras o bautismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Funcionario do fisco e comes, menosprezaba o cristianismo. Escribiu Historia nova, que abrangue a historia do Imperio Romano desde Augusto ata finais de Teodosio II (410).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ermitán. Viviu en Tebaida no monte co gando bravo que lle facilitaba o alimento. Morreu martirizado ao negarse a facer un sacrificio aos deuses. Represéntase cun caliz e un león como atributos persoais. A súa festividade celébrase o 4 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (417-418). Sucesor de Inocencio I, absolveu, influído por Patroclo, os herexes Celestio e Pelaxio feito que provocou a reacción da Igrexa de África dirixida por santo Agostiño. Acabou condenando o pelaxianismo. Represéntase vestido coa indumentaria papal. A súa festividade celébrase o 26 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima proteolítico, formado por hidrólise do quimotripsinóxeno e presente no zume pancreático, que hidroliza os enlaces peptídicos dos aminoácidos aromáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO