"Jos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1142.
-
PERSOEIRO
Biólogo estadounidense. En colaboración con Tatum descubriu a recombinación xenética en E. coli. Xunto con N. D. Zinder, descubriu a transdución bacteriana e realizou experimentos decisivos sobre recombinación xenética ao facer actuar ADN libre sobre determinados virus e bacterias. Foi un dos iniciadores da bioloxía espacial e do estudo das posibilidades de vida noutros planetas. En 1958 recibiu, xunto con George Wells Beadle e Edward Lawrie Tatum, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polos seus traballos de xenética bacteriana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar francés. Nomeado xeneral en 1794, participou nas batallas de Fleurus (1794), Altenkirchen (1796) e Stockach (1799). Napoleón nomeouno senador (1800) e mariscal do Imperio en 1804. Combateu en España, Tirol e en Jena. Despois da restauración borbónica foi membro da cámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Frade franciscano. Foi nomeado cronista da provincia franciscana de Santiago (1761) co cometido de continuar a obra de Xoán Antonio Domínguez, Árbol cronológico de la provincia de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Paleontólogo estadounidense. Estudiou os depósitos fósiles dos estados occidentais de EE UU e refixo a historia dos mamíferos nestes contornos. É autor de On the Fossil Horse of America (1847) e Elementary Treatise on Human Anatomy (1861).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Graduouse en artes aplicadas na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Participou en diversas convocatorias da Bienal de Pontevedra e na I Mostra Unión Fenosa (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor belga. En 1859 desenvolveu o primeiro motor de combustión interna que empregaba queroseno como combustible, feito que permitía aforrar espazo así como un manexo máis sinxelo en comparación coas máquinas de vapor xa existentes. Ao ano seguinte acoplou este motor a un vehículo, e construíu así o primeiro automóbil equipado cun motor de combustión interna, que foi tamén o primeiro a dous tempos impulsado con gasolina. En 1862, construíu un vehículo experimental que acadaba unha velocidade de 3 km/h.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz francesa. Coñecida como Mademoiselle Clairon, debutou na Comedia Francesa en 1743, onde obtivo un éxito sen precedentes interpretando o personaxe de Fedra, no espectáculo homónimo baseado nun texto de Racine. Foi unha das primeiras promotoras do recoñecemento dos dereitos dos traballadores da escena, chegando a liderar unha folga na Comedia Francesa, pola que pasou uns días no cárcere, razón pola que abandonou o teatro cando só tiña 43 anos. Posteriormente creou unha escola de formación de actores e en 1799 publicou a súa autobiografía, Mémoires d’Hippolyte Clairon et réflexions sur l’art dramatique.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e filósofo. Sobresaíu no debuxo de termos médicos. Vangardista do vitalismo e do neohipocratismo, obstaculizou a introdución da medicina organicista e opúxose ao positivismo filosófico e ao evolucionismo biolóxico con argumentos de raíz tomista. Escribiu Discurso sobre la naturaleza y origen del hombre (1867), El pro y el contra de la vida moderna desde el punto de vista médico-social (1874), Curso de patología general (1883-1889), onde desenvolveu a súa famosa fórmula de la vida: V=f (I-C), segundo a que a vida é a resultante da función derivada das relacións entre a enerxía individual (I) e o cosmos (C). Compuxo algunhas pezas para canto e unha Missa de requiem, estreada en El Escorial en 1888.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e botánico. Impulsou o estudo da histoloxía dos fungos e descubriu os basidios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor estadounidense. Coñecido como Jerry Lewis, formou parella artística durante moitos anos con Dean Martin. Especializouse en papeis cómicos e da súa filmografía destacan Living It Up (1954), Artists and Models (1955), Hollywood or Bust (1956), Rock-a-Bye Baby (1958), The Bellboy (1960), The Nutty Professor (1963), The King of Comedy (1983) e Funny Bones (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Considerado como un dos principais animadores do mundo literario cubano, fundou as revistas Verbum, Espuela de Plata e Orígenes. Da súa produción destacan as obras poéticas Muerte de Narciso (1937), Enemigo rumor (1941), Aventuras sigilosas (1945), La fijeza (1949), Dador (1960) e Fragmentos a su imán (1977) e en prosa Analecta del reloj (1953), Paradiso (1966) e Cartas (1939-1976) (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo. Doutor en Ciencias Xeolóxicas e catedrático de Didáctica das Ciencias Experimentais, publicou El principio de localización y sus consecuencias de actividades sobre la percepción y la representación del espazo en el estudo del medio físico natural (1999) e, en colaboración, Prácticas de geología (1978), El estudo de los minerales (1984) e Didáctica de las ciencias naturales: 1, aspectos generales de didáctica y metodología de las ciencias naturales (1985). É membro da Sociedad Geológica de España, da Real Sociedad Española de Historia Natural, da Sociedade Galega de Historia Natural, da National Association of Geology Teachers (NAGT), da Earth Sciencies Teacher Association (ESTA) e da European Science Research Association (ESERA). Recibiu a Cruz de Alfonso X el Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático francés. Continuador das teorías de Galois, publicou a súa obra completa. Traballou na teoría de números e na análise matemática e demostrou a existencia de números que non poden ser raíces de ningún polinomio de coeficientes enteiros (e, ð), denominados números trascendentes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cirurxián inglés. Introduciu os primeiros métodos de antisepsia a base de pomadas fenicadas e polvorizacións de aceiro fénico, e obtivo unha espectacular redución da mortalidade postoperatoria. Escribiu On the Antiseptic Principie in the Practice of Surgery (1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e ceramista. Obtivo a medalla de prata no IV Salón de Artistas non profesionais da Coruña coa obra Vorágine Amorosa. Foi seleccionado pola ONU (1970) para enseñar cerámica en Ecuador. Realizou o escudo de Pontecesures na fachada do concello.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Formouse con Frederic Trias e na escola Llotja. Coa obra El fill pròdig (1880), gañou unha bolsa en Roma, onde asistiu á academia Gigi. De volta en Barcelona, traballou no monumento a Colón (1886) e na Exposición Universal de 1888. Iniciouse na temática relixiosa, onde destaca Crist ressuscitat (1914), no rosario monumental de Montserrat. Foi autor de Desconsol.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo. Profesor de antropoloxía nas universidades de Hull, Sheffield e Londres, realizou traballos de campo en Barbados sobre a educación e o cambio social. Ocupouse tamén do estudo da historia das ideas antropolóxicas e o fenómeno do nacionalismo en Europa occidental. Publicou Hacia una historia de las ciencias sociales (1981), The God of Modernity. The Development of Nationalism in Western Europe (1994) e Manual de Antropología Social (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Influído polo realismo social, publicou La Literatura Moderna a les Balears (1965), Quinze poetes gallecs (1976), Poesia galaico-portuguesa (1984), Poesia gallega, portuguesa i brasileira moderna (1988) e Poemes de Luis Pimentel i Celso Emilio Ferreiro (1992). En 1982 recibiu o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes e a Creu de Sant Jordi.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ceramista e crítico de arte. Foi círitico de arte en La Veu de Catalunya e fundou a Agrupación Courbet. Foi decisivo o seu papel no desenvolvemento da cerámica occidental, cunha técnica en que deu primacía ás formas fronte ao debuxo. En París colaborou con Joan Miró, con quen fixo grandes murais cerámicos, como o da sede da UNESCO, a da Harvard University, a da fundación Maeght e o do aeroporto de Barcelona. Tivo exposicións individuais en París, Bruxelas, Londres, Nova York e Madrid. Recibiu a medalla de ouro da Exposición Internacional de París (1937) e o Gran Premio da Terceira Bienal Internacional Hispanoamericana (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Capitán do exército, foi fusilado en Carral pola súa participación no levantamento de Solís no ano 1846.
VER O DETALLE DO TERMO