"Manu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
PERSOEIRO
Escritor. Desde 1950 formou parte, co escultor Martín Chirino e o pintor M. Millares, dun grupo de vangarda insular, que en Madrid se integrou no grupo El Paso. Promoveu a creación da Academia Canaria de la Lengua, da que foi vicepresidente. Das súas obras destacan Oí crecer las palomas (1955), A la sombra del mar (1962), Una bebida desconocida (1986), Para mayor gloria (1997) e Hacia otra realidad (2000). Recibiu o Premio Canarias de Literatura (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Estudou en València e París con Charles Koechlin e Maurice Ravel. Membro do Consejo Nacional de Educación Musical, foi director do conservatorio de València. Das súas obras destacan Gongoriana (1927, Premio Nacional de la Música), Marcha burlesca (1936), Atardecer (1945, Premio Nacional de la Música) e a ópera Maror (1953-1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e historiador, marqués de Miraflores e conde de Villapaterna. Colaborou estreitamente con R. Narváez durante o década moderada. En 1846 foi ministro de Estado e de Gobernación do Reino da Península e Adxacentes. Despois de afiliarse á Unión Liberal, presidiu o Consello de Ministros (1863-1964). É autor de Apuntes históricos para escribir la historia de la revolución de España desde el año 1820 hasta 1823 (1834) e Memorias para escribir la historia contemporánea de los siete primeros años del reinado de Isabel II (1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre. Foi inspector de primeiro ensino das provincias de Lugo e A Coruña. Participou activamente no Congreso Regional de Pontevedra (1887). Defendeu a reforma do ensino e a supresión da xuntas locais. É autor de Programa de instrución primaria elemental ampliada (1867), El corazón de la infancia. Máximas morales para las escuelas (1880), El guía de los maestros (1885), Conferencias pedagógicas de 1888. Discursos de la inauguración y clausura (1888) e Valoración de la situación escolar en 1879.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e escritor. Capitán da mariña mercante, foi gobernador civil de Pontevedra (1987-1994) e voceiro do Grupo Socialista na Deputación de Pontevedra. Ademais de colaborar en varios medios de comunicación, principalmente sobre temas marítimos e políticos, é autor de diversas obras sobre historia marítima, das que destacan Realidad y ficción en la piratería (1993), El corso español en el siglo XVII (1993), O pirata da Moureira (1994) e El último pirata (1996). Recibiu o Premio de Ecoloxía Galicia, o Paul Harris Fellow de Rotary International, a Gran Cruz del Mérito Naval e a Gran Cruz del Mérito Policial.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro e político. Foi decano do colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos (1988-1996 e desde 2000) e presidente da Autoridade Portuaria da Coruña (1982 e 1996-1999). Presidiu o Partido Demócrata Liberal en Galicia e foi membro do comité executivo nacional (1982-1989). Foi deputado no Parlamento de Galicia por Coalición Popular (1985-1989) e conselleiro de Pesca, Marisqueo e Cultivos Mariños (1986-1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xogador de baloncesto. Coñecido como Lolo Pardo, ao longo da súa carreira pertenceu á disciplina do E. N. Bazán, Hesperia de Madrid e Bosco A Coruña. Foi internacional e participou nos II xogos do Mediterráneo, onde gañou a medalla de ouro. Recibiu a Medalla de Bronce al Mérito Deportivo (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso e escritor liberal. Estudou filosofía e teoloxía en Salamanca e Roma. No seu regreso a España instalouse en Madrid, onde realizou diversos estudos literarios e científicos, ata que conseguiu a secularización en 1792. Precursor do xornalismo na Coruña, o seu primeiro proxecto de obradoiro e semanario, El Curioso Herculino, fracasou en 1797. Os seus escritos, baixo o pseudónimo de León de Parma ou Pardo de Xas, tiveron moita aceptación na prensa madrileña. Publicou diversos poemas, relatos e folletos de contido político e de carácter anónimo, dos que destacan Os rogos d’un gallego establecido en Londres dedicado aos seus paysanos para abrirlles os ollos sobre certas inorancias, e o demais que verá o curioso lector (1813), un romance ideolóxico e propagandístico en que ataca a Igrexa e o absolutismo monárquico. Foi director de Diario de La Coruña (1808), o primeiro xornal coruñés; do Semanario Político, Histórico y Literario de La...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Iniciouse na década de 1970 no postsurrealismo influído por Cruzeiro Seixas, membro fundador do grupo surrealista de Lisboa. Na década de 1980, a súa obra caracterizouse polo dominio da xeometría e un detallado estudo da figura humana. A partir de 1988 fixou a súa residencia en Narón. A mediados da década de 1990 evolucionou desde o representativo cara ao obxectual. Realizou as súas obras preferentemente en aceiro, que lle permitiu a construción de volumes xeométricos, deixando o cobre e o latón para os detalles. Destacan as series Silencios do Día e Clérigos de Lugo e os monumentos públicos A vida nun puño (Narón), Animalalma (Madrid) e o monumento a Revolução dos Cravos en Póvoa de Santa Iria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, primeiro marqués de Novaliches (1840). Moderado, baixo o goberno de Espartero emigrou a Francia e unha vez amnistiado volveu do exilio (1843) e loitou contra as tropas de Espartero en València. Foi ministro da Guerra (1847). En 1885, tras a caída de Narváez, encargouse de formar goberno, sen tomar posesión. En 1868 comandou as forzas realistas que se opuxeron aos revolucionarios. Emigrado de novo, volveu a España despois da Restauración.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Capitán xeneral de Castela-A Mancha, axudou a E. Castelar e en 1874, coñecedor da derrota deste nas Cortes, entrou e disolveunas, co que rematou coa Primeira República Española. Foi capitán xeneral de Catalunya (1880-1881) e novamente de Castela-A Mancha (1885-1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e político. Foi ministro de Facenda (1850-1851) durante o goberno de J. J. de Herrera e participou no golpe de estado de 1857. Posteriormente foi deputado, cónsul en España e senador. Introduciu en México a novela folletinesca con El fistol del diablo (1845-1846). A súa obra presenta abundantes trazos costumistas. É autor de Compendio de la historia de México (1870) e Los bandidos de Río Frío (1889-1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela (1978-1979), foi profesor de escultura na Escola de Canteiros de Poio (1980-1990) e residiu en Nova York (1992-1994). As súas primeiras obras foron colaxes e pezas de madeira, pero despois decantouse polas formas e os materias autóctonos. Tentou conseguir, coa transformación do granito ao modo dos antigos canteiros, unha síntese entre a cultura castrexa e o construtivismo e minimalismo contemporáneo. Posteriormente, traballou a lousa en pezas en que se limitou a utilizar as pranchas sen traballar, encaixándoas en estruturas de ángulos moi agudos. Realizou tamén obras con reixas metálicas pintadas. Das súas obras destacan Menhires pola paz, no Parque Escultórico Torre de Hércules (A Coruña), Historia (1999), realizada para a Universiada de Palma de Mallorca, e o monumento ás vítimas dos atentados do 11 de marzo en Madrid, situado en Caldas de Reis (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Militou no republicanismo federal, formou parte da xunta revolucionaria de Ourense (1868) e foi gobernador civil de Pontevedra (1893) e deputado (1873-1874). Foi o máximo inspirador da Lei de Redención de Foros (1873) e participou na confección do código civil como representante de Galicia. Fundou (1870) e dirixiu (1870-1873) o xornal ourensán Correo de Galicia e colaborou en El Orensano, Nueva Galicia, El Heraldo Gallego e La Tertulia. Escribiu Cartilla constitucional para uso de los niños que concurren a las escuelas de instrución primaria (1870), Los foros en Galicia. Apuntes sobre la actual organización de la propiedad territorial en estas cuatro provincias y necesidad de su reforma (1872) e diversas poesías que se recolleron no Álbum de la Caridad e no álbum literario La aldea de Casdemiro (1876).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista. Destacou como xogador no R.C. Celta de Vigo, Real Madrid C. F. e C. Atlético de Madrid. Foi campión de Liga co Real Madrid C. F. (1953-1954) e internacional coa selección B (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Teólogo e escritor. Foi catedrático de Xeografía e Historia no Instituto de Pontevedra e de Historia de España na Universidad Central de Madrid. Contribuíu á fundación da Real Sociedad Geográfica de España e publicou Programa de la Historia crítica de España, La oratoria e Destino geográfico de la Península española.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Foi fundador e coordinador dos estudos da SIDA no Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo desde 1984. Participou en múltiples ensaios clínicos internacionais de SIDA e hepatite, sobre todo en relación coa terapéutica destes procesos. Destaca como pioneiro en España na realización de estudos sobre hepatite B e hepatite A. Das súas obras destaca A hepatite vírica como complicación do consumo de drogas por vía parenteral (1993), en colaboración con C. Pereiro Gómez e M. A. Castro Iglesias. É fundador e primeiro presidente da Sociedade Galega da SIDA, desde 1998. Recibiu o Premio Barrié de la Maza da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, polo estudo El SIDA en Galicia (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. A súa obra sitúase entre as dúas correntes que marcaron a narrativa mundial da posguerra: o existencialismo e o condutismo. A súa vertente creativa máis importante é a narrativa, de onde destacan Es vessa una sang fàcil (1954), Cendra per Marina (1965), Avui es parla de mi (1966), Un amor fora ciutat (1970) ou Cops de bec a Passadena (1972). Moitos dos seus libros foron traducidos ao galego, como Mecanoscrito da segunda orixe (1989) e Xogo sucio (1992). Recibiu a Creu de Sant Jordi (1962) pola súa obra Balanç fins a la matinada, e o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e poeta. Publicou diversos textos literarios en El Recreo Compostelano e noutras publicacións galegas antes de marchar para Nova York, onde dirixiu La Crónica. De regreso a España comezou a traballar no xornal madrileño La España, onde o seu artigo “Paralelo entre Espartero y Narváez” motivou disputas entre os seus respectivos partidarios. Escribiu Manual de Nueva York (1851).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ornitólogo e naturalista. Estudou maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela e, desde moi novo, dedicouse á observación, principalmente de aves, por toda Galicia. Foi fundador e presidente do Grupo Ornitolóxico Galego (1973) e da Sociedade Galega de Historia Natural (1976), e coordinador do Atlas de Vertebrados de Galicia, xunto con J. Guitián e Zenón L. Beiras (1980), así como director da sección de aves. É coautor da Guía das aves de Galicia (1980), As baleas cara á extinción (1980), O lobo (1985), Cetáceos, focas e tartarugas mariñas das costas ibéricas (1989) e varios traballos sobre os nomes galegos de aves do xénero Erithacus, Streptopelia, Columba e Troglodites.
VER O DETALLE DO TERMO