"PLA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 722.

  • Tropismo en que a planta ou o órgano vexetal se orientan perpendicularmente ou oblicuamente á dirección do estímulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta plaxiotropismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encontro, ou serie de encontros, que determinan o gañador dunha competición mediante unha eliminatoria, ou para resolver un empate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • son pregravado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual para adultos de contido erótico editada en 1953 en Chicago. Dirixida ao público masculino, foi creada por Hugh Heffner. Símbolo da revolución sexual da década de 1960, o seu contido baséase na calidade das súas fotografías, realizadas por prestixiosos fotógrafos, mulleres famosas e modelos especialmente elixidas (playmate).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Home elegante, rico, atractivo e sedutor, que leva unha vida fácil e mundana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e xeólogo escocés. Realizou investigacións mineralóxicas e propuxo unha moderna teoría da Terra, baseada na de James Hutton. Considerado un dos precursores da xeomorfoloxía, escribiu Elements of Geometry (1795) e Illustrations of the Huttonian Theory of the Earth (1802).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en Barcelona en 1959 por Germán Plaza e José Janés. Especializada na edición de obras literarias e de divulgación en castelán, a partir de 1984 integrouse no grupo Printer Industria Gráfica, relacionado co consorcio editorial Bertelsmann. En 1992 creou a Editorial Paradigma e en 1996 adquiriu a Editorial Lumen. Co tempo integrouse no grupo Random House Mondadori.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Subcampión europeo en Split (1990), proclamouse campión olímpico en 20 km marcha nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. Foi medalla de bronce no Mundial de Stuttgart (1993) e obtivo a segunda posición na Copa de Europa da Coruña (1996). En 1999 proclamouse campión de España de marcha en ruta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de teatro. Estudou interpretación e dirección de escena con William Layton e Miguel Narros, e posteriormente en Nova York con Stella Adler e Sandford Meinsner. Debutou como director en 1965 en El proceso de la sombra de un burro, de F. Dürrenmatt, obra pola que a compañía recibiu o Premio Nacional de Teatro (1966). Fundador do Teatro Experimental Independiente (T.E.I.) (1965 e 1977) e, con W. Layton e M. Narros, do Teatro Estable Castellano (T.E.C.) (1977 e 1988), foi director do Centro Dramático Nacional (1989-1994). Dirixiu máis de 50 montaxes teatrais, das que destacan Cándido, de Voltaire; La casa de Bernarda Alba, de Lorca, e Divinas palabras, de Valle-Inclán. Recibiu o Premio Nacional de Teatro (1967, 1970 e 1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Foi, xunto con Xosé Pasín Romero, un dos alicerces da Sociedad de Carpinteros de Santiago (1894). De ideario anarquista, emigrou a Vigo a principios do s XX, onde foi un dos organizadores do Centro de Sociedades Obreras de Vigo. En 1910 asistiu ao congreso fundacional da CNT en Barcelona como delegado de tres sociedades de resistencia viguesas e participou no mitin final en representación do obreirismo galaico. Colaborador de La Voz del Obrero, en marzo de 1911 cofundou a Confederación Regional Solidaridad Obrera, e no verán dese ano emigrou a Lisboa, onde exerceu como director dun periódico anarquista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero da poesía occitana medieval caracterizado pola enumeración, por parte do autor, de cousas que lle pracen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bimensual publicada en Santiago de Compostela a partir de 1999. Baseada no programa de radio infantil do mesmo nome, editouna a Consellería de Medio Ambiente e a Radio Galega. De carácter escolar, centrouse nas actividades a prol da lectura e na natureza. Cada número analizou cada unha das festas máis importantes segundo a época, o Entroido, o Nadal ou os Maios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma estándar para configurar automaticamente o hardware dun ordenador compatible cos modelos de PC, desenvolvida por Microsoft e por outras empresas na década de 1990. Cada tarxeta ou accesorio inserido nun ordenador contén información de identificación que pode ser lida pola BIOS e polo sistema operativo. Así, o ordenador pode ver todos os accesorios instalados e pode configurarse a si mesmo para utilizalos adecuadamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Displasia de diversos órganos ou partes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos poliplacóforos.

    2. Molusco da clase dos poliplacóforos.

    3. Clase de moluscos anfineuros, constituída por animais primitivos de corpo alongado e cuncha dividida en oito placas máis ou menos articuladas. Comprende os quitóns, bentónicos e mariños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Armazón que contén unha ou dúas placas fotográficas, fóra da acción da luz, que serve para cargar as cámaras fotográficas de placas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plancto das augas correntes desprazado por un fluxo turbulento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante, guionista, pintor e escritor. Cofundador de Xofre (1979), colaborou en El Jueves e Norma Editorial, e desde 1998 dirixiu o salón Viñetas desde o Atlántico. Autor da serie animada Men in Black (1998) e dos álbums Trazo de xiz (1990), Stratos e Tanxencias, realizou as bandas deseñadas Pedro e o lobo e El Manantial de la noche. Ademais creou o Xabarín Club (1994) e os personaxes da serie Os vixilantes do Camiño (2000), e ilustrou numerosos libros como Ameaza na Antártida (1997) e As Aventuras de Said e Sheila (2001), de Ramón Caride, e Contos de Nadal, de Manuel Rivas (2003).
    Recibiu, entre outros, o Premio do Salón Internacional del Cómic de Barcelona á mellor obra en 1989 e 1994, o Premio da Asociación Internacional de Ilustradores (1992), o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio literario anual creado polo editor José Manuel Lara en 1952 coa intención de promocionar a obra de autores en lingua castelá. Dotado coa maior contía económica dos que se entregan en España, constitúe un dos máis relevantes do panorama da novela hispánica. Ao primeiro galardoado, Juan J. Mira (1952) seguíronlle, entre outros, Ana Mª Matute (1954), Luis Romero (1963), Ángel Mª de Lera (1967), Joan Marsé (1978), G. Torrente Ballester (1988), Camilo J. Cela (1994) ou Lucía Etxebarría (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO