"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

      1. Herba ou arbusto do xénero Galium, da familia das rubiáceas, de ata 180 cm de lonxitude, de talo circular ou cuadrangular, as máis delas rubideiras ou rastreiras, con flores de corola tubular de catro lóbulos dispostas en panículas ou capítulos, e froito con dous mericarpos. En Galicia son comúns as especies: G. aparine, anual, de follas de ata 5 cm de lonxitude, dispostas en verticilos de ata 9 e con pequenas espiñas na marxe, flores brancas, froitos de ata 5 mm inzados de ganchiños, propia de bosques, matogueiras e camiños; G. broterianum, perenne, de follas de ata 3 cm de lonxitude dispostas en verticilos de catro, flores brancas e froitos glabros de ata 1,5 mm, propia de ambientes sombrizos que constitúe un endemismo ibérico occidental; G. mollugo, perenne, de follas de ata 25 mm de lonxitude dispostas en verticilos de ata 8, flores brancas e froitos sen pelos de ata 2 mm, propia das beiras dos bosques e prados; G. palustre, perenne, de follas...

      2. carrapizo.

    1. Recipiente de barro no que se prepara a callada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos serránidos ao que pertence o peixe papagaio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedra de pequeno tamaño, especialmente a que tomou forma arredondada e que presenta unha superficie lisa a causa da erosión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia constitucional do mesmo nome, en Perú (369.768 h [estim 1996]). Está situada á beira do Pacífico, a 10 km da capital, na desembocadura do río Rimac, nun porto natural protexido pola península de La Punta e as illas de San Lorenzo e El Frontón. O clima é algo máis calido ca o do interior, cunha media anual de 19°C. O porto serve ás extensas terras interiores como centro comercial e é base dunha importante flota pesqueira. Posúe boas comunicacións, ten grandes estradas e é punto de partida da liña de ferrocarril Trasandina xunto a un importante aeroporto. Estas características converteron a Callao no centro das exportacións do Perú. Ademais, ten comunicación marítima directa con Panamá, Chile e Nova York. É un núcleo industrial, no que destacan as construcións navais e as industrias derivadas da pesca, fábricas de fariña e de fertilizantes. Fundada polos españois en 1537 como porto de Lima, adquiriu unha grande importancia durante a época vicerreinal como centro de comercio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia constitucional do Perú (74 km2 ; 699.585 h [estim 1996]). A capital é Callao. Formada por 5 distritos, trátase dunha división administrativa especial creada ao redor da cidade de Callao.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que unha substancia, sobre todo o leite e o sangue, se volva sólida.

    2. Solidificarse un líquido.

    3. Formarse unha capa de neve sobre o chan.

    4. Converterse en realidade ou chegar a desenvolverse na práctica algunha cousa que se estaba xerando.

    5. Ser aceptada unha proposta que comporta un resultado novidoso.

    6. Quedarse inmóbil a causa do medo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cecilia Sophia Anna Maria Kalogeropoulou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante, pintor e teórico da arte. Contrario ao vangardismo e ao realismo social, o seu modelo foron Ingres e os clásicos. En L’art i la revolució social (A arte e a revolución social, 1936) propugnou un realismo afastado de todo compromiso. En 1939 exiliouse a Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago coralino da costa da provincia de Camagüey, no L de Cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustradora. Licenciada en Belas Artes na facultade de San Fernando e profesora de debuxo, participou en varias exposicións colectivas e individuais como a II Mostra de Pintura (1989), a II Bienal de Artistas Galegas (1990) ou Galicia Solidariedade (1994). Das súas ilustracións destacan, entre outros, os títulos: A perla (1990), A lúa non está á venda (1990), Paulina ao piano (1991), Endrina e o segredo do peregrino (1992) e O príncipe feliz (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de persoas que, sen recoñecemento oficial e ocultamente, inflúen sobre as decisións do monarca ou da autoridade superior do estado. O termo ten a súa orixe no conxunto de persoas que influíron sobre a conduta política de Fernando VII durante os anos 1814-1820 e 1823-1833.

    2. Conxunto de persoas que, subrepticiamente, inflúen nas decisións e negocios dalgunha autoridade superior ou dalgún persoeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de acios de uva atados cun cordel para colgar do teito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar preto da cidade de Basora en 656, entre Ṭ al ḥ a e Zubayr, aliados da segunda muller de Mahoma, e ‘Alī ibn Abī Tālib, que resultou vencedor. Recibe o seu nome por desenvolverse ao redor do camelo de Ā’iša,

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cóengo da catedral de Lugo e historiador. Foi o informante dos padres Flórez e Risco, autores de España Sagrada, e traduciu Instituciones de Derecho eclesiástico (1791), de Berardi, e as obras do bispo San Cibrán. Ademais escribiu Historia civil, diplomático-eclesiástica, antigua y moderna, de la ciudad de San Sebastián (1870) e Nueva demostración sobre la falsedad del privilegio del rey D. Ramiro I (1805). Foi membro correspondente da Real Academia da Historia desde 1801.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, teólogo e poeta. Coñecido como Tommaso Campanella, ingresou aos catorce anos na orde dominicana. Contrario á filosofía aristotélica e influído polas teorías naturalistas de Telesio, defendeu o animismo neoplatónico e o materialismo de Demócrito, polo que foi procesado por herexía e conducido a Roma no 1591. Liberado en 1595, retirouse á súa cidade natal desde onde promoveu unha conxura contra a dominación hispánica en Calabria que tiña como finalidade a de instaurar unha república teocrática. Descuberta a conspiración no 1599, foi torturado e permaneceu preso en Nápoles ata o 1626, despois de ser declarado demente e logo dunha apelación do Papa Urbano VIII. Permaneceu en Roma ata o 1634 por mor dunha nova conspiración en Calabria, dirixida polos seus seguidores, que o obrigou a fuxir a Francia. Instalouse en París, onde recibiu unha pensión do cardeal Richelieu. Durante os anos de prisión escribiu as súas obras principais: Theologia (Teoloxía), Philosophia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo estadounidense. Foi director do observatorio Lick, en Mount Hamilton (1901-1930), reitor da Universidade de California en Berkeley (1923-1930) e presidente da National Academy of Sciences (1931-1935). Realizou estudios sobre as eclipses solares, a desviación da luz por efecto do campo gravitatorio solar e a velocidade radial das estrelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a unha persoa que, sen ter ningún tipo de escrúpulo, actúa con maldade contra alguén.

    2. Persoa ruín que actúa con maldade.

    3. Xente desprezable e de mala condición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ruín, propia dun canalla, cometida contra alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo e cámara de televisión. Realizou estudios de fotografía científica submarina no Museu de Zoologia de Barcelona en 1992 e de fotografía submarina en 1993, na Escola d’Imatge da FASCV, en Alacant. Colaborador en revistas especializadas como Muy Interesante, Imagina, Apnea e Scuba, realizou numerosos traballos fotográficos para o Acuarium Finisterrae da Coruña, o Acuario de Madrid e para a axencia Naturpress. Participou como cámara no programa de TVE La España salvaje e como fotógrafo na Guía dos peixes de Galicia (1983). Nos Campionatos de España de fotografía submarina obtivo o I Premio de fotografía de fauna (1998), creativa (1999) e macro (2000). Foi tamén campión galego de fotografía submarina (1997 e 1999). Membro da selección española de fotografía submarina (1999-2000), foi nominado mellor deportista do ano 1999 pola Federación Gallega de Actividades Submarinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Camiño fondo e estreito entre elevacións do terreo.

    2. Camiño ou rúa moi estreita entre casas ou valados.

    3. Peza de madeira que está unida á moega por onde cae o gran á moa do muíño.

    VER O DETALLE DO TERMO