"ovi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 688.

  • San Fiz de Lovio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo ruso. Participou na Revolución rusa e foi membro da asemblea constituínte. Oposto ao réxime soviético, marchou a EE UU e naturalizouse estadounidense. Das súas obras destacan Social and Cultural Mobility (1927-1941), Contemporary Sociological Theories (1928), Social and Cultural Dynamics (1937-1941), Man and Society in Calamity (1942) e Modern Historical and Social Philosophies (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista ruso. Discípulo de M. Steinberg e de A. Glazunov, das súas obras destacan as óperas Nos (O nariz, 1930) e Ledi Makbet Mcenskogo vezda (Lady Macbet de Mcensk, 1934), as súas quince sinfonías (1926-1972), os quince cuartetos (1938-1974), un concerto para violoncello (1966), varios ballets, música para piano, de cámara, para teatro e diversas bandas sonoras para cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos consellos obreiros creados durante a Revolución de 1905, contra o réxime zarista ruso. Renaceron coa Revolución de Outubro de 1917 e convertéronse en auténticos órganos de poder, controlados polos bolxeviques baixo a dirección de L. Trockij. Constituíronse como asembleas políticas lexislativas e, organizadas a escala local, dotáronse dun comité executivo central (Soviet Supremo) que os coordinaba. Elixidas para un período de cinco anos por sufraxio universal, as candidaturas eran únicas e designadas polo Partido Comunista Ruso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máximo órgano político da URSS a partir de 1936, en que residían os poderes executivo e lexislativo. Ademais dun Soviet Supremo para cada república da federación, existía un Soviet Supremo Federal, composto por dúas cámaras ou asembleas (o soviet das nacionalidades e o soviet da unión) renovables cada catro anos e con igualdade de poderes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario comunista, editado a partir de maio de 1931 nunha imprenta do Carballiño, aínda que a súa distribución se facía integramente en Ourense. Publicáronse 23 números e nas súas páxinas colaboraron coñecidos dirixentes do PCE ourensán, como o militante da FETE-UGT, Luís Soto, o poeta Xosé Gómez del Valle ou o médico Antonio Fernández Carnicero.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a un soviet.

      2. Membro dun soviet.

      1. Relativo ou pertencente á antiga URSS ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante da antiga URSS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de sovietizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Conselleiro de Alexandre I (1806-1812), impulsou un proxecto liberal destinado á descentralización administrativa e á participación das clases ilustradas no goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de intensificación da produtividade do traballo, baseado na análise de cada proceso concreto de produción, para aplicar cada traballo específico na forma e no momento adecuado e reducir daquela, ata onde sexa posible, os tempos mortos. Orixinouse nas prácticas de traballo en equipo, que se aplicaron nunha fábrica de carbón da URSS da década de 1930, por iniciativa dos obreiros, en especial de A. G. Stakhanov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político serbio. Deputado e fundador da Unión Radical, foi ministro de Finanzas (1922-1926 e 1934) e primeiro ministro de Iugoslavia (1935-1938). Practicou unha política de aproximación aos países do Eixe e asinou tratados con Italia (1937) e Alemaña (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ruso. Discípulo de Rimskij--Korsakov, a súa ampla produción pódese dividir en catro grandes períodos. O período ruso comprende obras tan diferentes como L’oiseau de feu (1910), baixo a influencia do grupo ruso dos Cinco, Petruska (1911) e a revolucionaria Sacre du pritemps (1913). A época experimental inclúe L’histoire du soldat (1918) e As vodas (1923). A partir de 1920 comezou o período neoclásico, etapa que finalizou con The Rake’s Progress (1951), ópera moi influída polo bel canto italiano. A derradeira etapa, a serial, está integada por Septeto (1953), Canticum Sacrum (1956), o ballet Agon (1957), a cantata Abraham and Isaac (1964) e o Requiem (1966). Escribiu Poétique musicale (1940) e, en colaboración con R. Craft, Conversations with Strawinsky (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Publicou conxuntamente co seu irmán Boris Natanovi č Strugackij (Leningrado 15.4.1933). Autores de literatura de ciencia fición, destaca Piknik na obočine (Picnic á beira do camiño, 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista ruso. Participou na Revolución Rusa, e foi coautor do Primeiro Plano Quinquenal soviético. Experto en planificación, participou na discusión sobre os criterios de selección de investimentos, rexeitando aqueles que incorporasen magnitudes típicas dunha economía de mercado e formulando criterios alternativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo ruso. Coñecido como Nikolaj Pogodin, describiu o traballo socialista e creou o tipo da nova sociedade. Destacan Poema o topore (Poema da machada, 1930), Posl’e bala (Despois do baile, 1932) e Aristokratakh (Os aristócratas, 1934), onde fala da reeducación de criminais mediante o traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e activista eslovaco. Organizou o Movemento Liberal Eslovaco para promover a autonomía cultural e política, e expuxo as súas ideas e os seus proxectos en Nárečja slovenskuo alebo potreba pisaňja v tomto náreci (A nosa fala eslovaca e a necesidade de escribir nela, 1846).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, director e actor cinematográfico ruso. O guión Živet takoj paren (Así vive un mozo) e o filme correspondente gañaron o Leone d’oro do festival de Venecia de 1964. Nas súas narracións, cheas de sentido cómico e tráxico, amosou un interese especial polos seres que cambian de ambiente social. En 1976 foille concedido postumamente o Premio Lenin para directores de cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político xeorxiano, conde de Loris-Melikov. Nomeado xefe da comisión executiva creada por Alexandre II de Rusia en 1880, iniciou un proxecto de reformas liberalizadoras para frear o terrorismo revolucionario, pero o seu intento foi frustrado polo asasinato do tsar en 1881, e dimitiu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do judeţ de Dâmboviţa, en Muntenia, Romanía (99.086 h [1999]). Ten industria do petróleo e metalúrxica. Desde o s XV ao XVII foi residencia dos gospodaros de Valaquia.

    VER O DETALLE DO TERMO