"sin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 907.

  • Aplícase ao termo que, nunha oración, non ten significación en si mesmo, senón que só a ten con relación a outros, como a preposición e a conxunción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Sucre, Colombia, situada ao N das montañas Abibe, á beira do golfo de Morrosquillo (220.704 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título creado polo emperador bizantino León VI que designaba a persoa de confianza ou o presunto sucesor dun patriarca ou dun bispo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de sincero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que di o que pensa ou sente sen enganar.

    2. Que se sente ou pensa de verdade.

    3. Que é algo que se expresa con total convición ou por completo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento involuntario que se produce nunha parte do corpo e que está asociado a un movemento voluntario de outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte superior e posterior da cabeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao sincipicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Masa polinucleada que se produce por fusión de diferentes células uninucleadas e a desaparición dos tabiques que as separan.

    2. Masa que recobre a capa de Langhans da placenta e ten unha función secretora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. Integrado no movemento socialista ata 1933, interveu en política e foi candidato a gobernador de California polo partido demócrata. Das súas obras destacan The Jungle (1906), Oil (1927), Boston (1928) e The Dragon’s Teeth (1942, Premio Pulitzer).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao prego de forma cóncava en que o buzamento dos estratos teñen un sentido converxente cara ao interior da deformación. O núcleo está constituído por capas máis recentes que as das beiras. OBS: Oponse a anticlinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grande ondulación en forma de sinclinal constituída por unha sucesión de pequenos pregos anticlinais e sinclinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tremor muscular ou contracción clónica que se produce en diversos músculos a un tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Articulación formada por dúas superficies óseas unidas por unha cartilaxe articular máis ou menos desenvolvida, como a que forma o sacro e o cadril.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de sincopar.

    2. Que perdeu unha ou máis letras ou sílabas intermedias.

    3. Que se caracteriza polo uso da síncope.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao estado de síncope.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Eliminar un ou máis sons nunha secuencia fonolóxica.

    2. Incluír síncopes nun texto musical.

    3. Estar unidas por síncope dúas notas ou sons.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Eliminación de elementos fonolóxicos no interior dunha palabra. Dáse moi frecuentemente na formación das linguas románicas pola caída de vogais pretónicas e postónicas: lat VERECUNDIA > vergoña, NOBILE > nobre. Na lingua popular actual é un fenómeno habitual por causa da debilidade do vocalismo átono, sobre todo en partículas esencialmente átonas, producindo formas populares (e vulgares): boroa > pop b’roa, coroa > pop c’roa, pirixel > pop p’rixel. Modernamente, en posición postónica, tamén pode desaparecer: véspera > pop vesp’ra. A síncope en fonética sintáctica onde intervén a forma popular pra, da preposición para, produce encontros vocálicos que se resolven por medio de crases, moi fecuentes na lingua popular e mesmo na literaria do s XIX e primeira parte do s XX: para a > pra a > prá, para o > pra o > pró.

    2. Irregularidade na acentuación orixinada polo desprazamento do acento rítmico, que ocorre pola prolongación dun tempo débil sobre un tempo forte.

    3. Perda súbita da consciencia, completa e transitoria, que se produce por unha anoxia aguda no cerebro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da coroloxía que estuda a distribución das biocenoses.

    VER O DETALLE DO TERMO