"xia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 855.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Repetición superflua e redundante de conceptos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos ácidos carboxílicos de fórmula xeral RCOOOH, en que o radical -O- se substitúe por un radical -O-O-. Presentan propiedades oxidantes, actúan como fonte de radicais libres e empréganse na síntese orgánica. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo en desuso para referirse á litoloxía. Moitos autores consideran a litoloxía e a petroloxía como sinónimos, empregando o segundo termo de xeito máis habitual para referirse ás investigacións centradas na análise do petróleo. Outros autores limitan ambos os dous termos ao ámbito das rochas sedimentarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fixación cirúrxica dun tecido, xeralmente mediante sutura. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo da textura das superficies pitóricas artísticas que, considerando a importancia da pegada das ferramentas (pincel, brocha, espátula) e o seu percorrido, consegue personalizar as obras de atribución dubidosa.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Jiangxi, China, situada en medio das montañas Wu-kung Shan, á beira das augas superiores do Lu Shui (425.579 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado febril. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de procedementos metalúrxicos para a extracción e a refinación de metais por medio de tratamentos térmicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da xeoloxía que estuda a orixe e evolución dos planetas do sistema solar, a partir do estudo da súa superficie e estrutura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Perda de plasma que se produce en casos de lesións tisulares importantes, como nas queimaduras de terceiro grao.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen comete un plaxio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hemorraxia na pleura.
-
-
Ciencia do espírito que en teoloxía designa a doutrina sobre o Espírito Santo. Desde G. W. Leibniz e Ch. Wolff indica a parte superior da psicoloxía en tanto que doutrina do espírito; para Kant constitúe a psicoloxía metafísica, en que a alma se considera unha substancia espiritual. Tamén designa a ciencia que se ocupa da natureza dos espíritos (anxos e demos).
-
pneumática.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da medicina que estuda os pulmóns e as vías respiratorias en xeral, e especialmente as súas enfermidades.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de san Xiao, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que estuda a fisioloxía dos pés e as súas enfermidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que aborda o estudo interdisciplinario da guerra como fenómeno social. En 1945 o Institut Français de Polémologie foi fundado por Gaston Bouthoul, creador do termo e autor de numerosos e importantes ensaios. O seu antecedente máis importante foi a obra A Study of War, de Q. Wright (1933). Baséase na idea de que a guerra é evitable.
-
-
Relativo ou pertencente ás polianxiáceas.
-
Bacteria da familia das polianxiáceas
-
Familia de bacterias, da orde das mixobacteriais, con células longas e delgadas, frecuentemente fusiformes, que producen quistes e corpos frutíferos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno que se caracteriza por unha necesidade anormal de comer, con ausencia da sensación de saciedade, e unha inxestión excesiva de alimentos.