"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • PERSOEIRO

    Historiador, poeta e novelista romántico. Promoveu a Renaixença catalana. Escribiu L’orfeneta de Menargues o Catalunya agonitzant (1862), primeira novela romántica en catalán, e recompilou poesías románticas en Los trobadors nous (Os novos trobadores, 1858). Entre os seus traballos históricos destaca a Historia crítica de la guerra de la Independencia en Cataluña (1886-1887). En colaboración con Adolf Blanch, é autor de Gramática de la lengua catalana (1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquiveiro e historiador. Escribiu Los condes de Barcelona vindicados (1836) e iniciou a publicación da Colección de documentos inéditos del Archivo General de la Corona de Aragón (1847-1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte das asaduras das reses constituída polos pulmóns, que só se consome no caso do cordeiro, cociñado xunto co fígado e co corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo franciscano e profesor brasileiro. É o máis sobranceiro dos “teólogos da liberación” latinoamericana. A raíz do seu libro Igreja: carisma e poder (1981), foi sancionado polas autoridades romanas. Na obra tentou unha reformulación do contido dos tratados teolóxicos tradicionais dende a problemática da marxinación e da dependencia dos países máis pobres de Sudamérica. Despois desta obra, os conflitos coa xerarquía católica aumentaron; en 1991 foi destituído do cargo de redactor-xefe da revista Vozes e en 1992, canso e decepcionado, anunciou a súa retirada do sacerdocio e da orde franciscana, sen deixar, non obstante, a Igrexa Católica. Publicou: Jesus Cristo libertador: ensaio de cristologia crítica para o nosso tempo (1966), Paixão de Cristo-Paixão do mundo (1977), Ecologia, mundialização, espiritualidade: a emergência dum novo paradigma (1993) e Ecologia: grito da terra, grito dos pobres (1995), entre outras obras; ademais, participou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Guinea (6.001 km2; 141.719 h [1983]). A capital é Boffa (4.000 h [1965]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. É o autor do castelo de Lunéville (1703-1706), de estilo clásico. Rematou a Catedral de Nancy (1742), iniciada polo seu mestre Jules Hardouin-Mansart. Na igrexa de Saint-Jacques de Lunéville (1730-1749), aproximouse ao Barroco alemán. Construíu diversos hôtels parisienses, como o Amelot (1710-1712) ou o Torcy (1714). Foi un dos creadores da ornamentación rococó: interior do hôtel Soubise (1735-1740), hoxe sede dos arquivos nacionais. Traballou para o duque de Lorena (châuteau de Lunéville, 1702 e 1706) e para o elector de Baviera. Publicou Livre d’architecture contenant les principes généraux de cet art (Libro de arquitectura que contén os principios xerais desta arte, 1745).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro Ruíz Bofill.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Investigador en arquitectura e en deseño de cidades, formouse na Escola de Arquitectura de Barcelona e, posteriormente, na Universidade de Xenebra. Cun equipo de arquitectos, deseñadores, enxeñeiros, sociólogos e filósofos, creou o Taller d’Arquitectura (Barcelona, 1963), que actualmente conta cun equipo internacional con proxectos construídos en Europa, África, Xapón e EE UU. As súas realizacións e as do seu equipo caracterízanse por unha valoración expresionista dos elementos construtivos e seriais; nos últimos tempos recorre ás linguaxes históricas, especialmente ao Clasicismo. O taller aborda proxectos de deseño urbano, equipamentos culturais, comerciais e deportivos, vivendas e oficinas, arquitectura de interiores e deseño de mobles. Realizou estudios de planificación urbana para Luxemburgo, Bordeos, Boloña, Madrid, Boston, Kobe (Xapón) e Nan Sha (China). No eido das infraestruturas, levou a cabo o novo Aeroporto de Barcelona (1982), o Palacio de Congresos de Madrid (1995)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, xornalista e político. Sendo membro da Lliga Regionalista foi alcalde de Barcelona e deputado da Mancomunidade no ano 1919. No 1922 interveu na formación de Acció Catalana, da que foi dirixente ata que se separou e retornou á Lliga. Escribiu La muntanya d’ametistes (A montaña de ametistas, 1908) e Sátires (Sátiras, 1929), sendo un dos máis sobranceiros poetas novecentistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Monforte de Lemos. As súas armas levan, en campo de azul, unha lanza arreboladiza. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Bofordos e Bofordar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome propio eslavo co significado   de ‘amo’ e que designa a Deus. Entra como elemento constitutivo en moitas palabras compostas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe mariño de ata 35 cm de lonxitude, de corpo fusiforme, moi comprimido e cunha sección anterior subcircular. A boca é pequena e oblicua, cos labios moi finos e dentes nunha soa ringleira de incisivos, localizados en ambas as dúas mandíbulas; os superiores presentan catro puntiñas e os inferiores cinco, coa central máis longa. É de cor verdosa no lombo e prateada no ventre, e presenta catro liñas douradas dispostas lonxitudinalmente nos laterais e cunha mancha negra na base da aleta pectoral. As bogas forman grupos moi numerosos e poden aparecer tanto preto da costa como a grandes profundidades, onde se alimentan de algas, crustáceos e pequenos peixes.

    2. [

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe portuguesa que pasou a Galicia. Leva como armas: en campo de prata, un outeiro ao natural sobre ondas de azul e prata, superado dunha torre ameada da súa cor, con capitel de azul; bordo de goles, con catro aspas e catro veneras de ouro, entreveradas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de vogar ou remar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro creada en Bos Aires por Maruxa Boga e Fernando Iglesias Sánchez Tacholas. Entre 1941 e 1944 representaron diversos espectáculos en lingua galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Auga que contén lixivia. É un costume popular empregar auga fervida con cinsa no canto da lixivia. Faise para quitar as manchas producidas por graxa ou materias colorantes. Para iso, colócanse as prendas de roupa nun cesto alto e relativamente grande, procurando que as pezas, aínda sen acabar de secar, queden ben asentadas e estendidas. Por riba delas ponse unha saba dobrada de xeito que as tape por completo. Bótase entón a borralla ou cinsa e logo auga fervendo, tendo tino de repartila ben para que ao filtrarse chegue a toda a roupa, e déixase así ata o día seguinte, en que se lavará de novo. Nalgunhas partes a cinsa bótase na caldeira coa auga, para que ferva con ela.

    2. Lavado da roupa con auga que contén lixivia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico coñecido como Dick Bogarde. Iniciou unha colaboración exitosa con Joseph Losey en The Servant (O servo, 1936) e Modesty Blaise (A modesta Blaise, 1965). Outras películas son La caduta degli dèi (A caída dos deuses, 1969) e Morte a Venezia (Morte en Venecia, 1971) de L. Visconti. Despois de Despair (Desesperación, 1978) de R. W. Fassbinder, retirouse temporalmente do cine, ata 1990, cando protagonizou Daddy Nostalgie (Querida nostalxia), de B. Tavernier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor neerlandés. Establecido en Francia, foi coñecido como Martin Desjardins. Dende o ano 1670 traballou para a corte en Versailles. Entre as súas obras destaca Diana cazadora (1680).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada formada na desembocadura do río Tambre, no fondo da ría de Muros e Noia, situada entre as puntas do Requeixo, ao O, (no litoral da parroquia de Outeiro, concello de Outes) e Abruñeiras, ao SL (parroquia de Barro, concello de Noia).

    VER O DETALLE DO TERMO