"Ede" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 837.
-
-
ariedade de sílex que, ao ser golpeada cun anaco de aceiro ou doutra pedra, produce chispas. OBS: Tamén se denomina pedra de lume.
-
Cousa que ten moita dureza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de República Dominicana (2.075 km2; 18.054 h [1993]). A súa capital é Pedernales (6.180 h [1982]).
-
PERSOEIRO
Químico estadounidense de orixe norueguesa. Estudou no Massachusetts Institute of Technology, onde se graduou en 1927. Conxuntamente con D. J. Cram e J. -M Lehn, recibiu o Premio Nobel de Química de 1987 polo desenvolvemento do estudo dos mecanismos de recoñecemento molecular (síntese de moléculas capaces de seleccionar outras moléculas coas que forman complexos), base da denominada química supramolecular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista dinamarqués. Profesor en Copenhaguen (1903-1937), escribiu obras sobre o indoeuropeo e as súas relacións coas linguas semíticas e finoúgrias. Das súas obras destacan Vergleichende Grammatik der Keltischen Sprachen (Comparación gramática das linguas celtas, 1909-1913) e The Discovery of Language (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor noruegués. Coñecido como Knut Hamsun, estivo influenciado por Nietzche e Strindberg. Tratou con mestría o tema da loucura da condición humana na súa época. Da súa obra destacan Sult (Fame, 1892) e Markens Grøde (O crecemento da terra, 1917). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Pilastra de pouca altura, con base e cornixa, que soporta unha estatua, unha columna, un vaso ou outro motivo decorativo.
-
Base ou fundamento sobre o que se asegura algo.
-
Consideración ou estima elevada que se ten a alguén ao que se admira.
-
-
-
Que se despraza ou anda a pé.
-
Que se realiza a pé.
-
Aplícase á estatua que descansa sobre os pés.
-
Que destaca pola súa sinxeleza ou baixa calidade e porque presenta unhas características vulgares.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de deportes que teñen por base correr a pé.
-
GALICIA
Escritor. Catedrático de Francés en ensino medio e colaborador habitual en prensa, foi director e propietario de El Anunciador, en Xibraltar. Foi perseguido polas súas ideas carlistas. Dos seus poemas destacan “Almas y aves” e “Al laureado Orfeón Lucense”.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantante e instrumentista. Con dezasete anos comezou un intenso labor de recuperación da música tradicional galega desde a asociación cultural Xacarandaina e converteuse nunha das principais promotoras na formación de grupos de pandeireteiras, como Xiradela. Promocionou a música tradicional a través do programa de televisión Luar e editou un disco recompilatorio de temas tradicionais titulado Raiceiras (1997). Posteriormente, creou o selo discográfico Disco Trompo e iniciou a súa carreira artística en solitario. Colaborou con distintos grupos e artistas como Os Diplomáticos de Monte Alto, Manu Chao, Matto Congrio, Carlos Núñez ou X. M. Budiño, e participou en numerosos festivais internacionais en Bélxica, Eslovenia, Francia e Portugal. Na súa obra musical pretende fundir a modernidade coa tradición e con achegas dos ritmos norteafricanos. Da súa discografía destacan Isué (2000) e Ajrú (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Coñecido como Piero della Francesca, estudou con Masaccio e colaborou con Domenico Veneziano. Nas súas primeiras obras conservadas, Battesimo di Cristo (1440?-1445) e Polittico della Misericordia (1445-1462), evidénciase o protagonismo da figura humana en paridade coa natureza, segundo a liña marcada por Masaccio. Cara a 1450 pintou, en Urbino, La flagellazione di Cristo e os frescos de Sigimondo Malatesta e San Sigimondo, no templo dos Malatesta. Durante a súa estadía en Ferrara, entrou en contacto con R. van der Weyden e influíu na escola local. Entre 1452 e 1465 pintou os frescos da Leggenda della vera Croce para a capela do coro da igrexa de San Francesco en Arezzo, dos que destaca especialmente o Sogno di Constantino. Viaxou a Roma (1459-1460), onde influíu en artistas como Melozzo da Forlì. Despois de 1460 estivo en Sansepolcro (Resurrezione di Cristo, 1465) e na Corte de Urbino, onde...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor neerlandés. Dirixiu o conservatorio de Rotterdam (1930-1947) e, influído por Fauré, Debussy e Mahler, a súa obra musical evolucionou cara á atonalidade propia da escola de Viena. Compuxo, entre outras, as óperas Halewijn (1933) e Merlijn (1946), tres sinfonías, un Concerto para piano e orquestra e música de cámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cuntis. Datada a mediados do s XVIII, ten planta de cruz latina cunha soa nave cuberta con bóveda de canón, cruceiro e capela. A torre-campanario ten dous corpos e sitúase no lado dereito da fachada principal. Accédese a ela mediante unha escaleira exterior de pedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado no concello de Ames. Foi doado á igrexa de Santiago polo conde de Galicia don Reimundo e a súa muller dona Urraca en 1107.
-
-
Relativo ou pertencente aos pinnípedes.
-
Mamífero da orde dos pinnípedes.
-
Suborde de mamíferos carnívoros mariños, considerada orde por algúns autores. Son animais que se caracterizan polo súa adaptación á vida acuática. Teñen as patas conformadas para a natación, especialmente as anteriores, en forma de aleta. O corpo é fusiforme e o panículo ten un desenvolvemento considerable, con función illada. Habitan en todos os mares, pero sobre todo nas augas árticas e antárticas. A suborde comprende as familias dos otáridos (leóns mariños), dos odobénidos (morsa) e dos fócidos (focas, elefantes mariños).
-
-
GALICIA
Militar e escritor. Cultivou preferentemente a novela e da súa obra destaca Combates de vanguardia y retaguardia, Estudios filosófico-político-militares sobre la guerra (1906), Recuerdos de Argelia (1909), Apuntes de Geografía militar (1912) e El marqués de la Romana. Su influencia en los sucesos de Galicia (1917), premiada no certame histórico organizado polo concello de Santiago de Compostela para conmemorar o primeiro centenario da Guerra da Independencia. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen ten os pés cubertos de plumas.
-
GALICIA
Escritor. Membro da xeración de La Noche, foi colaborador e redactor do xornal homónimo e da revista Anduriña. Da súa obra destacan Xuventude na galeguidade (1995), Gallegos misioneros en el mundo (1996), Santiago, camino de esperanza (1999) e Santiago y Rosalía de Castro (2004), en que introduce ao lector nunha viaxe ao pasado e ao presente da capital galega a través dos versos da poeta romántica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á ave que pon ovos, especialmente á galiña.
-
-
Relativo ou pertencente ás pontederiáceas.
-
Planta da familia das pontederiáceas.
-
Familia de plantas, da orde das liliais, composta por plantas acuáticas, de follas alternas, a miúdo dísticas, con estípulas liguliformes. Teñen flores cigomorfas, hermafroditas, trímeras, de periantio corolítico e de xineceo súpero, reunidas en espigas. Os seus froitos son en cápsula. Viven en augas continentais de rexións cálidas.
-