"Fernán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 808.
-
PERSOEIRO
Directora teatral. Entre 1980 e 1997 coordinou o Taller de Teatro Clámide, co que realizou un importante labor de animación e divulgación teatral en Vilagarcía de Arousa e a súa comarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xeógrafo e escritor. Redactor da La Voz de Galicia, publicou artigos en numerosas revistas de historia e literatura. Da súa produción destacan Morfología del gallego, La lengua gallega (1918), La Coruña, capital de Galicia. Guía del turista (1926) e La Región Gallega. Notas geográfico-económicas (1936). En 1926 ingresou na Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista. Membro de Esquerda Galega desde a súa fundación, foi deputado por Pontevedra no Parlamento de Galicia na II lexislatura polo Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (1985-1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista. Foi xogador do R.C. Celta de Vigo, do Real Valladolid, do C.E. Sabadell e chegou a ser internacional absoluto en 1970. Xogou na selección europea na homenaxe a Columna en Lisboa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e historiador da arte. Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, foi crítico da arte en diversas publicacións. Escribiu Camilo Nogueira (1904-1982) (1996) e A pintura galega (1850-1950). Escola, Contextualización e Modernidade (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor, fillo de Vicente Martínez-Risco Agüero. Desenvolveu unha importante actividade como crítico literario e como docente en diversas universidades de Francia, EE UU e Canadá. Dos seus estudios literarios cómpre salientar A figuración literaria (1991) e Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega (1991). No apartado da súa produción literaria, que se caracterizou polo xogo entre fantasía e realidade en relatos cheos de condicionantes teóricos, destacan Memorias dun emigrante (1987, Premio de la Crítica Española), Xogo de gardas e ladróns (1989), O caso (1989), As metamorfoses de Proteo (1989, Premio da Crítica Galicia 1990), Tres situacións elementais (1991), A noite de sábado (1991), Margarida d Ouridac (1993), Hipogrifo (1994) e Os fillos do río (1997), coa que foi finalista do Premio Torrente Ballester. Postumamente publicouse a súa obra O embrión (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Copista. Capelán do cabaleiro Fernán Pérez de Andrade, copiou en galego, tomando como referencia unha copia castelá, a Crónica Troiana. Este códice formou parte, durante moitos anos, da biblioteca do marqués de Santillana, para pasar logo a mans dos duques do Infantado e posteriormente á Biblioteca Nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1972-1974) e publicou numerosos artigos científicos relacionados coa química en revistas. Recibiu a Gran Cruz de Alfonso X el Sabio e a Gran Cruz al Mérito Militar con distintivo branco.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e escritor. Doutor en Historia pola Universidad de Madrid, foi alcalde de Mondoñedo e deputado provincial. Das súas obras destacan Breve guía histórico-artística de Mondoñedo (1975), Manoel Ledo Bermúdez, o pallarego (1991) e Historia de Mondoñedo: desde sus orígenes hasta 1833, en que dejó de ser capital de provincia (1994). Foi nomeado académico correspondente da Real Academia de la Historia e, en 2001, cronista oficial de Mondoñedo. Recibiu a Cruz da Orden Civil de Alfonso X el Sabio en 1960.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Vinculada ao grupo Atlántica nos seus comezos, empregou unha estética neoexpresionista cun tratamento primario da cor e unha exaltación cromática para manifestar a brutalidade do ser humano animalizado. Indagou na condición bestial do home a través do retrato e evolucionou cara a composicións simbólicas cun atenuamento da cor. Nas súas obras destacan os motivos animais, sobre todo os cans, aínda que a partir da década de 1990 se interesou polas impresións dixitais. Da súa obra destacan Mans ávidas (1986) e O comedor de terra (1987-1988), e o libro Repertorio (no clasificado) de amores que dejan huella (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e empresario. Iniciou a súa carreira política como alcalde de Maceió (1979). En 1982 foi elixido deputado federal polo partido socialdemócrata e posteriormente foi gobernador do estado de Alagoas (1986-1989). En 1989 creou o Partido da Reconstrução Nacional (PRN), polo que foi elixido presidente da República de Brasil (1990). Cun programa neoliberal, o “Plan Mello”, iniciou o seu mandato implantando un drástico plan de reaxuste económico para controlar a inflación, pero tivo que dimitir polas acusacións de corrupción e tráfico de influencias en decembro de 1992. Dirixiu o xornal Gazeta de Alagoa e presidiu o grupo empresarial da familia, que controla negocios editoriais e audiovisuais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, terceiro marqués de Leganés, marqués de Mairena e de Morata de la Vega e cuarto duque de Sanlúcar la Mayor. Comendador maior na orde de Santiago, foi lugartenente de València (1667-1669), de Catalunya (1678 e 1685-1688) e gobernador de Milán (1691-1698). Responsable da caída do ministro Oropesa, mostrouse partidario de Carlos de Austria como sucesor de Carlos II. Filipe V condenouno á cadea durante a Guerra de Sucesión Española (1705), ao descubrir que facilitara información ás forzas de Carlos de Austria.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, escritor e crítico da arte. Foi editor das revistas La Gazeta del Arte e Bellas Artes e traballou nos xornais El Ideal Gallego, El País e La Voz de Galicia. Publicou La pintura actual en Galicia (1962), Carlos Maside (1972), O compromiso humán de Castelao a traveso do seu arte (1976), Nove poemas dibuxados (1978), Pintura contemporánea en Galicia (1987) ou De arte polémico (1990). Membro da Real Academia Galega e da Asociación Internacional de Críticos de Arte, recibiu a Gran Cruz de Alfonso X el Sabio (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Diplomático e político. Cofundou con Enrique Tierno Galván o Partido Socialista del Interior en 1967, refundado como Partido Socialista Popular en 1974. Foi ministro de Asuntos Exteriores no primeiro goberno de F. González (1982-1985) e xestionou o ingreso de España na CEE. Representante de España na ONU (1985-1987), foi deputado no Parlamento Europeo en 1987, 1989 e 1994. Foi candidato á alcaldía de Madrid en 1998. Das súas obras destaca
VER O DETALLE DO TERMO
Revolución y tradición en África
(1971),
Una política exterior para España: una alternativa socialista
(1980),
España en su sitio
(1990) e
Polimpsesto amodo de memoria
(2002). -
VER O DETALLE DO TERMO
Leandro Fernández de Moratín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nicolás Fernández de Moratín.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. O seu estilo foi ecléctico, pero as súas obras reflicten o seu tempo coa preponderancia do estilo racionalista. En Galicia destacan o edificio da Escola de Mestría (1959) e o da Escola de Maxisterio (1968), ambos os dous en Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e político. Foi ministro de Mariña (1939-1945 e 1951-1957) e comandante do buque-escola Juan Sebastián Elcano. Conspirou contra a República e contribuíu de forma decisiva á toma de Ferrol en 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e escritor, fillo de Tomé María Mosquera García. Foi deputado polo Carballiño en 1886. Publicou diversos poemas no xornal El Heraldo Gallego, entre os que destacan “Anacreóntica al uso”, “El conde Fullero” e “La calabaza”. En 1884 estrenou o monólogo dramático Antes del baile.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e diplomático. De ascendencia galega, residiu en Santiago de Compostela entre 1924 e 1936. Percorreu diversos países como membro do corpo diplomático e como escritor está adscrito á Xeración de 1922. Da súa obra, próxima ao vangardismo de Manoel Antonio, cómpre salientar Ancla (1923-1925) (1926) e Poemas sincopados (1929), este último con características propias da creación musical e dedicado ao musicólogo Xesús Bal.
VER O DETALLE DO TERMO