"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
ILLOTES
Illote do extremo occidental da ría de Pontevedra, situado ao N da illa de Ons, fronte á punta Centolo, no litoral da parroquia da Illa de Ons, concello de Bueu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade creada en 1984 por Manuel Sendón, Xosé Luís Suárez Canal e Vítor Vaqueiro. A súa actividade principal é a organización, cada dous anos, da Fotobienal de Vigo (mostra fotográfica realizada en Vigo). Arredor das exposicións organízanse conferencias, proxeccións e obradoiros, que contan coa participación dos fotógrafos invitados. O acondicionamento da sala principal para acoller as exhibicións, que se realiza na Casa das Artes e da Historia, encárgaselles anualmente a diferentes arquitectos e deseñadores galegos de vangarda. Ademais o CEF dispuxo dunha sala estable dedicada á fotografía, Sala dos Peiraos, que funcionou entre os anos 1985 e 1991, e na que se presentaban periodicamente mostras de fotógrafos de todo o mundo, como Brandt, ao tempo que se daban a coñecer novos creadores galegos. Tamén organizou outras mostras de carácter puntual en diversas cidades. O CEF edita, ademais dos catálogos correspondentes a cada unha das Fotobienais, outros libros, entre os que destaca a colección...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado na década dos oitenta por Fernández Cid dentro da Universidade de Santiago de Compostela, coa finalidade de formar profesionais de cine e televisión.
-
-
Arte de decorar a cerámica.
-
Tratado sobre a historia da cerámica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Artista que decora con pintura os traballos feitos con cerámica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de libélulas da familia dos cenagriónidos que na fase adulta se caracterizan por ter o corpo e as patas de cor vermella, agás o tórax e os primeiros apéndices abdominais nas femias. As larvas desenvólvense en charcas e pozas. En Galicia está presente a única especie europea C. tenellum.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Discípulo de Boullée, en 1758 gañou o Prix de Rome e permaneceu na capital italiana ata 1763. Construíu a igrexa de Saint-Philippe-du-Roule en París (1774-1784), de planta basilical e prototipo da igrexa neoclásica. Realizou tamén o Collège de France en París (1780) e reconstruíu o Odeon (1807). En 1806 proxectou o Arc de l’Étoile da capital francesa que non se rematou ata 1835. En 1770 foi nomeado académico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e financeiro. Elixido deputado polo distrito de Noia co apoio da familia Gasset (1914), foi ministro de Traballo no goberno de García Prieto (1922). Durante o Bienio Negro, na crise do goberno de Lerroux por mor do asunto do estraperlo, Alcalá Zamora encargoulle a formación dun novo goberno no que colaboraron a CEDA, os radicais, os agraristas e a Lliga Catalana. Ademais da presidencia do consello, reservouse a carteira de Finanzas. Foi ministro de Facenda no goberno de Portela Valladares, en febreiro de 1936, e deputado pola Fronte Popular en 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘barco (de vapor)’.
-
CIMA
Cima da serra de Talamanca, Costa Rica, que constitúe a maior altitude do país (3.820 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e clavecinista italiano. Estudiou en Nápoles, onde estreou varias óperas (La Beatrice e Artaserse) e, posteriormente, ensinou no Ospedale degli Incurabili de Venecia. Da súa produción operística destacan Bertoldo in corte e Antígona. Compuxo numerosas pezas instrumentais, sobre todo sonatas trío e concertos, oratorios e motetes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio gráfico das oscilacións das paredes das arterias realizado cun cimógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello empregado para medir e rexistrar as oscilacións das paredes arteriais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación gráfica realizada cun cimógrafo que reflicte as ondulacións das paredes arteriais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de facer gravados sobre unha prancha de cinc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado sobre unha prancha de cinc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexistrar imaxes con ou sen son nunha cámara cinematográfica.
-
ENTRADA LARGA
Arte de representar sobre unha pantalla, e mediante a fotografía, imaxes en movemento.
A técnica cinematográficaO invento
VER O DETALLE DO TERMO
Os intentos de reprodución gráfica do movemento remóntanse ás sombras chinesas (4.000 anos a C) e á lanterna máxica (1640) do alemán Athanasius Kircher. O perfeccionamento da fotografía posibilitou o nacemento da cronofotografía que consiste nunha serie de fotografías sucesivas que permitiron rexistrar o movemento dos planetas, dos animais ou do home. Charles-Émile Reynaud, empregando un tambor con espellos, conseguiu proxectar, por reflexión sobre unha pantalla, unhas imaxes debuxadas por el mesmo; ao mesmo tempo, Thomas Alva Edison incorporou a película de celuloide que empregou para impresionar series cronofotográficas que se reproduciron nun cinetoscopio. En 1985, Louis Lumière patentou o cinematógrafo, que permite o movemento intermitente... -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cinematografía ou ao cinematógrafo.