"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • Tipo de respiración moi profunda e ruidosa, propia dos estados clínicos, que cursa con intensa acidose diabética. Foi descrita polo médico alemán Adolph Kusssmaul (1822-1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conca hulleira de Rusia (26.700 km2), situada entre as serras de Kuznetskij Alatau, ao NL, e Salair, ao SO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Proxectou a decoración de Saint-Louis-des-Invalides e na cúpula pintou San Luís entregando a súa coroa e a súa espada a Cristo (1705). En Versailles decorou o Salón de Diana co Sacrificio de Ifixenia e o Salón de Apolo con A alborada. Realizou obras de pequeno formato coa técnica do claroscuro, como Moisés salvado das augas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador francés. A súa contribución, próxima ao marxismo, é unha das máis influíntes na historiografía francesa do s XX. Centrouse nos aspectos económicos xerais do período revolucionario. Das súas publicacións destacan Esquisse du mouvemennt des prix et des revenus en France au XVIIIe siècle (1953) e La crise de l’economie française a la fin de l’Ancien Régime e au début de la Révolution (1944). Xunto con F. Braudel codirixiu a Histoire économique et sociale de la France (1970-1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Charles La Fosse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador valón. Foi pintor oficial de Amsterdam e rival de Rembrandt. Cultivou a pintura mitolóxica e de historia. En 1684 estableceuse na Haia, onde decorou as estancias de Guillerme III de Inglaterra e o Binnenhof. Cara a 1690 quedou cego e dedicouse á teoría da arte e escribiu Grondlegginge der Teekenkunst (Fundamentos do debuxo, 1701) e Het Groot Schilderboot (O gran libro da pintura, 1707).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma estrófica ou tirada de versos de diversa lonxitude, propios da poesía épica medieval, sobre todo da canción de xesta francesa, que acostuma ter unha soa rima asonante ou consonante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión francesa propia da escola fisiocrática para designar a doutrina que preconiza a non intervención do estado na vida económica e defende o capitalismo e a libre competencia. Fai referencia ao principio segundo o que se se permite a libre actuación dos individuos no terreo económico, perseguindo cada un o seu interese persoal, actuará seguindo unhas leis inmutables polas que se establecerá unha harmonía económica natural. Esta idea foi retomada por Adam Smith e polos economistas clásicos británicos, e sintetizou o pensamento político liberal oposto ás monarquías absolutas e ao conservadorismo que defendían a liberdade económica, o constitucionalismo e a ausencia de intervención estatal no comercio exterior e nas prácticas mercantís. Esta teoría foi ampliada por economistas británicos como David Ricardo e John Stuart Mill. A finais do s XX rexurdiu debido as privatizacións industriais feitas polo estado e pola diminución do papel do sector público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica estadounidense. Comezou no cine cun papel secundario na película King Kong (1976). Posteriormente, destacou pola súa interpretación no filme The Postman Always Rings Twice (1981). Traballou noutras películas, entre as que destacan Tootsie (1982), pola que obtivo un Oscar, Crimes of the Heart (1986), Music Box (1989), Blue Sky (1990), pola que obtivo outro Oscar, Cape Fear (1991) e Rob Roy (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora alemana. Próxima ao círculo de Die Kolonne, as súas obras de poesía, novela, narración e teatro reflicten o problema relixioso do pecado e da gracia, así como os horrores da guerra e da posguerra. Destaca Das unauslöschilche Siegel (O selo imborrable, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Protagonizou un intento de golpe de estado contra o réxime de J. D. Perón en 1951. Embaixador na Santa Sé (1956), foi subdirector da Escola Superior de Guerra (1960). Presidente da Junta de Comandantes (1971), foi o presidente virtual da república entre 1971 e 1973. Neste período tentou controlar a espiral inflacionista e convocou eleccións nacionais para restaurar o goberno civil en marzo de 1973, nas que resultou elixido Héctor J. Cámpora. En 1977 foi detido por corrupción, pero finalmente foi absolto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Tessalia, Grecia, capital do nomós homónimo (113.426 h [1991]). É un importante nó de comunicación entre Atenas e Salónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nomós de Tessalia, Grecia (5.381 km2; 270.612 h [1991]). A capital é Larissa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en París en 1852 por Pierre Larousse e Augustin Boyer. Nos seus inicios dedicouse á publicación de libros de texto, baseados en principios pedagóxicos modernos na súa época. En 1863 emprendeu a publicación do Grand Ditionnaire universel du XIXe siècle, ao que seguiron numerosos dicionarios enciclopédicos, como o Grand Larousse encyclopédique e o Grand Ditionnaire encyclopédique Larousse, ademais de diversos dicionarios bilingües, outros especializados e obras xerais. Destas, unha das máis destacadas é Le Petit Larousse. Cun espírito internacional, conta con equipos de edición e redacción en nove países do mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático e lexicógrafo francés. En 1852, xunto con Augustin Boyer, fundou en París a Librairie Larousse et Boyer. Publicou libros de texto, como Traité complet d’analyse grammaticale (1850) e Grammaire complète syntaxique et littéraire (1865), e emprendeu a redacción do Grand Ditionnaire universel du XIXe siècle (1866-1876), de 15 tomos e dous suplementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Discípulo de K. Marx, foi o principal voceiro do socialismo alemán desde 1848. Despois dunha crise ideolóxica pola falta de eco do alzamento de Garibaldi, enfocou a súa actividade propagandística exclusivamente cara aos traballadores e defendeu o establecemento de organizacións políticas obreiras para loitar polo sufraxio universal. En 1863 fundou a Asociación Xeral de Traballadores Alemáns e foi o seu presidente, pero desanimado pola crecente oposición á súa visión da democracia, trasladouse a Suíza. Foi rehabilitado polo Partido Socialdemócrata, que defendeu a vía democrática e parlamentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo inglés. En 1846 descubriu Tritón, satélite de Saturno, e dous anos despois observou o satélite Hiperión, dous días despois de ser descuberto por W. C. Bond en EEUU. En 1851 descubriu dous novos satélites de Urano, Ariel e Umbriel. En 1864 dirixiu a construción dun telescopio reflector na Valletta (Malta).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque nacional situado ao NL de California, EE UU (422 km2). Neste parque está o volcán Lassen (3.186 m), o único do país en actividade, con geysers e fontes termais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Algoth Untola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor flamengo. Coñecido como Orlando di Lasso, en 1553 obtivo o posto de director do coro de San Giovanni de Letrán, en Roma, e formou parte da capela do duque de Baviera, Alberte V, en Múnic (1556), da que pasou a ser mestre en 1566. Compuxo obras profanas e relixiosas e deixou máis de setecentos motetes, xénero musical do que é considerado o mellor compositor.

    VER O DETALLE DO TERMO