"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
IGREXAS
Igrexa situada en Pontedeume. Pertenceu a un mosteiro agostiño que aparece documentado no tombo de Caaveiro nun escrito do 1169. O templo conserva na fachada unha inscrición do 1187. De estilo románico, ten planta de cruz latina cunha nave e tres ábsidas. A nave principal cóbrese cunha bóveda apuntada e a do cruceiro con bóveda de aresta, o cruce entrambas as dúas vai cuberto cunha bóveda de crucería. A fachada principal remata nun pequeno frontón culminado por unha cruz. Conserva rosetóns na fachada principal e na nave N do cruceiro. No seu interior garda unha talla románica de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría da posta en escena baseada, fundamentalmente, no principio de estrañamento ou distanciación, principio polo que Brecht propuña un teatro antiilusionista, capaz de provocar no espectador unha mirada e un posicionamento crítico diante da historia que contemplaba. Entre os elementos máis significativos dese teatro épico cómpre salientar a ruptura da estrutura dramática clásica para construír unha trama que se estrutura en pequenas escenas sen nexos de continuidade, o uso da música e de cancións para provocar rupturas ou presentar elementos e feitos que provoquen a recepción reflexiva do espectador, a escolla dunha estética realista marcadamente antinaturalista e a formulación práctica dunha teoría da interpretación que recolleu no seu Pequeno órganon para o teatro (1949). Cámbiase a dimensión espectacular pechada e pasiva do teatro aristotélico, burgués ou paternalista por outra especular que reenvía ao espectador a súa propia imaxe de xeito activo e aberto....
-
PERSOEIRO
Dramaturgo. Influído pola narrativa española e francesa, escribiu farsas populares e comedias. Entre outras obras publicou De klucht van de Koe (A farsa da vaca, 1612) e comedias como Het moortje (O mourisco, 1615) sobre O Eunuco de Terencio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo ucraíno. Fixo estudios sobre a orixe dos meteoros e describiu a súa estrutura. Perfeccionou os estudios de Bessel sobre as colas dos cometas e estableceu tres tipos distintos segundo a curvatura e a composición.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e arquitecto italiano. Traballou esencialmente en Roma, onde desenvolveu a súa actividade escultórica en monumentos funerarios como o do cardeal Ludovico Lebretto (1465), en Santa Maria in Aracoeli, de Roma, e os de Pietro Riario (1475-1477) e de Raffaello della Rovere, ambos na igrexa dos Santos Apóstolos, tamén na capital italiana. No campo arquitectónico atribuíuselle o palacio de Giovanni della Rovere ou da Cancelleria, en Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Fillo de Louis Breguet, en 1875 inventou un anemómetro rexistrador eléctrico e no 1878 un teléfono de mercurio. Dirixiu as instalacións eléctricas da exposición de 1881 en París e, con Charles Richet, a Revue Scientifique.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno cordel de cánabo que se emprega para atar paquetes.
-
PERSOEIRO
Crítico literario suízo. En lingua alemá escribiu, en colaboración con Johann Jakob Bodmer, Kritische Dichtkunst (Arte poética crítica, 1740), onde condena a crítica poética de Johann Christoph Gottched ao defender a imaxinación e a fantasía.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Silleda e documentada dende 1233. De estilo románico, consta dunha nave. O presbiterio salienta pola súa ornamentación; o seu acceso é a través dun dobre arco de medio punto: o maior está decorado con arquiños e o menor é de sección prismática. Os capiteis, canzorros e impostas tamén están decorados, así como os arcos cegos que percorren os muros laterais. Probablemente esta iconografía foi realizada por un artista de orixe non galega na órbita do mestre Mateo ou dos que traballaron no mosteiro de Carboeiro a finais do s XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir portugués. O seu culto remóntase ao s IX; tivo diversos mosteiros na Galicia medieval, como o de San Breixo das Donas, en terras da Ulla e Deza, e San Breixo de Arcos de Furcos. O san Breixo de Barro, de moita sona no Salnés, Morrazo e Vigo, é avogoso da reuma; o de Palas de Rei do gando vacún, en especial da produción de leite; o de Foxáns (Touro), malia ser avogoso da reuma da xente, tamén protexe as vacas porque a súa auga é moi milagreira para o ubre. De feito, a forza deste santo disque se transmite pola auga da fonte (vanse lavar na fonte do santo e o pano con que se enxugan déixano nunha silveira para que con el quede a enfermidade), polo aire do libro (os devotos axeónllanse diante do altar e póñenlle o misal aberto pola páxina da última misa dita) e polo contacto co santo (póñenllelo nos ombreiros e na cabeza). Na iconografía represéntase cunha vestimenta antiga en manto rubio e palma de martirio; en Foxáns aparece decapitado cunha espada no pescozo e barbado, e en Barro...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Edward Fitzgerald Brenan.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico irlandés coñecido como George Brent. Comezou traballando no teatro no Bronx. Trasladouse a Hollywood onde se lle considerou un dos galáns máis destacados. Traballou con Bette Davis na Warner. Interpretou, entre outras, as películas: The crash (A explosión, 1932), More than a secretary (Escola de secretarias, 1936), Dark vitory (Amarga vitoria, 1939), The spiral staircase (A escaleira de caracol, 1946) e Born again (Nacido novamente, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico norteamericano. Comezou traballando como extra e dobre nalgúns filmes en Hollywood. Conseguiu tres Oscar como mellor actor secundario pola súa interpretación en Come and Get it/Roaring Timber (Rivais, 1936), Kentucky (1938) e The Westerner (O forasteiro, 1940). Participou tamén nas películas Dakota (1945), Along the Great Divide (Camiño da forca, 1951), Rio Bravo (1959) e Support your Local Sheriff! (Tamén un shérif precisa axuda, 1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora romántica, coñecida polo nome de Bettina von Arnim. Adquiriu celebridade coa obra Goethes briefwechsel mit einem kinde (Correspondencia de Goethe cun neno, 1835). Escribiu tamén libros de carácter político e de crítica social.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e psicólogo alemán. Gran coñecedor de Aristóteles, fundamentou a filosofía nunha rigorosa elaboración dos conceptos. Partiu dos estudios dos fenómenos psíquicos, caracterizados pola intencionalidade. Afirmou a existencia de xuízos evidentes en si mesmos e, xa que logo, verdadeiros e, de xeito análogo, a existencia de efectos xustos ou rectos en si mesmos. Fundamentou unha teoría obxectiva dos valores e unha metafísica. As súas obras principais son Psychologie vom empirischen Standpunkt (Psicoloxía dende o punto de vista empírico, 1874), Vom Ursprung sittlicher Erkenntnis (Da orixe do coñecemento moral, 1889) e Über die Zukunft der Philosophie (Sobre o futuro da filosofía, 1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político alemán. Fundador da Christlich-Demokratische Union (CDU) en Hessen (1945), foi vicepresidente do comité director do Consello de Europa e vicechanceler do goberno federal do 1956. No 1961 foi nomeado presidente do seu partido.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista alemán. Foi un dos creadores do Kathedersozialismus, unha terceira vía entre o socialismo materialista e o liberalismo. Defendeu o librecambismo e a neutralidade da administración na vida económica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de orixe celta que significa ‘xefe dunha briga’, sendo briga unha ‘altura, elevación, monte’ e, por extensión semántica, ‘comunidade que vive nunha altura’. O elemento céltico brig, que forma parte deste topónimo, foi moi produtivo na toponimia galega, pois deu lugar ao -bre que levan tantos nomes de lugar como Barallobre, Callobre, Xobre, O Grove, Alcabre, Cecebre, etc. Breogán é o patriarca fundador da nación galaica, que a tradición remonta á Idade do Bronce (1º milenio a C), e ao que se lle atribúe a fundación de Brigantium ou Brigantia (A Coruña ou Betanzos). Entre as moitas lendas de heroes míticos semellantes ás galegas que están espalladas por terras de Irlanda e Bretaña, destaca a de Breogán (en gaélico Breoghan), recollida no manuscrito irlandés do s XII Leabhar Ghabhála ou Libro das invasións, copia doutros anteriores do s VIII redactados por monxes irlandeses. Despois da desgraciada expedición do seu fillo Ith, quen embarcara...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe e caudillo lendario galego ao que se lle atribúe a fundación da antiga cidade de Brigantium. A primeira mención que se fai deste personaxe é no Leabhar Ghabhála ou Libro das Invasións irlandés. Foi escrito no mosteiro irlandés de Terryglass no s XII, pero nel recóllense lendas e relatos anteriores (s VI-VII). Segundo esta fonte, Breogán era o rei dun gran territorio dentro da Península Ibérica. Era descendente dos escitas, que despois de moitas penalidades se estableceron na Península e dos que Breogán foi rei. El foi quen fundou a cidade de Brigantium ou Brigantia, da que se coñece a súa existencia grazas aos distintos historiadores latinos. Aínda hoxe se discute se a cidade de Brigantium se corresponde coa Coruña ou con Betanzos, sendo maioritaria a opinión dos que a localizan nesta primeira cidade, xa que a presenza da Torre de Hércules se identifica co gran faro que mandou construír Breogán nas proximidades de Brigantium. Conta o Libro das Invasións que Breogán...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dun proxecto, inspirado na lenda de Breogán, que puxeron en marcha algúns investigadores novos da Universidade de Santiago entre os anos 1974 e 1976. Consistía na realización dunha expedición marítima desde Galicia a Irlanda, seguindo o ronsel doutras aventuras similares como a que levou a Thor Heyerdahl a atravesar o Pacífico nunha embarcación feita de xuncos. O seu traballo inicial consistía na construción dun prototipo de barco, de vimbio e coiro, ao xeito dos que se utilizarían en Galicia na época prerromana. Para o prototipo baseáronse nas referencias dos autores clásicos, no sistema de construción dos curraghs (pequenos barcos pesqueiros de Irlanda e Gales) e nos datos da arqueoloxía mariña. Os petroglifos bretóns de motivos mariños e o petroglifo galego de Borna supuxeron outra fonte de inspiración. Malia os problemas para construír a armazón do barco e para o curtido, cosido e impermeabilización do coiro, o prototipo foi probado con éxito na ría de Vigo. A nave posuía...