"AVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 908.

    1. Barco de grandes dimensións, especialmente o que ten máis dunha cuberta.

    2. Barco de guerra a vela, xeralmente de tres paus, que estaba acompañado dunha fragata, con dúas baterías ou máis por banda, e que portaba 60 canóns ou máis.

    3. Nave con mercadorías que, polo Tratado de Utrecht (1713), Reino Unido enviaba a América con autorización da Coroa de Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Amaro baixo a advocación de san Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en San Amaro. De estilo románico, ten unha soa nave e ábsida rectangular. No presbiterio conta cun arco de medio punto peraltado e unha bóveda nervada de estilo gótico. Na fachada destaca un escudo e a dobre arquivolta sobre a porta. A espadana remata nunha cruz patriarcal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • lei da atracción universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Laureano da Vila Eirín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Destacou pola súa interpretación do modelo de individuo inglés tradicional, lúcido, autoirónico e absurdo, tanto en comedias coma en dramas. Da súa filmografía destacan Raffles (1939), Around the World in Eighty Days (1956), Separate Tables (1958, Oscar ao mellor actor 1959), The Guns of Navarone (1960), The Pink Panther (1963), Casino Royal (1966), Death on the Nile (1978) e Better Late Than Never (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante, gravador e pintor. Como debuxante, deuse a coñecer sobre todo en Papitu (1909-1911), asinando a miúdo co pseudónimo de Babel. Cultivou tamén o cartelismo, o gravado, a ilustración (Abecedari Català per a nens, 1920), a pintura mural (adegas das Galeries Laietanes, 1915), a decoración de interiores (vestíbulos da Pedrera) ou a cerámica (adegas corporativas do Pinell de Brai).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francesc Xavier Nogués i Casas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Ribadavia a partir do 15 de outubro de 1910. Cesou en outubro de 1936. Editouse cos subtítulos “Semanario de Ribadavia”, “Periódico de Ribadavia” (1913), “Semanario de mayor circulación de la provincia” (1920) e “Órgano oficial del sindicato Vitivinícola Comarcal”, a partir do 17 de novembro de 1929. Fundado e dirixido polo seu propietario, Emilio Canda, saíu os domingos con información local e comarcal, contos, vida social, humor e información do sindicato. De tendencia católica, declarouse apolítico ata que se converteu en voceiro do deputado conservador Xosé Estévez Carrera e, na Segunda República, definirse pro-CEDA e contrario á autonomía de Galicia. Foi o rival do xornal liberal El Ribadaviense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor mercantil. Funcionario de Correos desde 1966, converteuse en xefe provincial da entidade en Ourense en 1993. En 1968 creou en Ourense o Grupo Academia Postal, da que é director, dedicada nos seus comezos á preparación das oposicións para o ingreso en Correos e diversificada posteriormente nunha formación multidisciplinar. Estendeu o grupo polas sete cidades galegas e polo norte de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre romana, filla de G. Octavio e de Acia, e irmá de Augusto. Contraeu matrimonio, primeiro con G. Claudio Marcelo, de cuxa unión naceu Marco Claudio Marcelo, e despois casou con Marco Antonio (40 a C), quen a abandonou por Cleopatra VII e rematou repudiándoa. Estimada polas súas virtudes, un pórtico diante do Teatro Marcelo perpetuou o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz romana, filla do Emperador Claudio I e de Mesalina. Despois de morrer a súa nai, a súa madrasta, Agripina, forzou o seu matrimonio con Nerón (53). Este repudiouna nove anos despois aducindo que era estéril pero, diante da simpatía do pobo cara a ela, acusouna de adulterio e, despois de relegala á illa Pandataria, fíxoa matar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe no latín Octavianus, xentilicio romano derivado de Octavius, e este á súa vez de octavus ‘oitavo’, que designaba o oitavo fillo da parella. A súa festividade celébrase o 22 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sobrenome (Caio Xulio César Octaviano) que recibiu Augusto despois de ser adoptado por Xulio César (44 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Emperador Augusto (Caio Xulio César Octaviano).

    2. Período de paz completa, semellante á que reinou no mundo romano en tempos do Emperador Augusto (Caio Xulio César Octaviano).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eremita. Natural de África, fuxiu da invasión e ocupación dos vándalos e refuxiouse na Toscana. Viviu nunha cova e predicou contra o arianismo. Foi canonizado en 1519 polo Papa León X. A súa festividade celébrase o 22 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome (Caio Octavio) de Augusto antes de ser adoptado por Xulio César en 44 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academia Octavio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e estratega romano. Foi cónsul (165 a C) e embaixador en Asia (162 a C). Dirixiu a frota romana contra Perseo (168 a C) e construíu o pórtico de Octavia en Roma. Morreu asasinado por un grego.

    VER O DETALLE DO TERMO