"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

    1. Que está situado entre Roma e o río Po.

    2. Natural ou habitante da rexión italiana situada entre Roma e o río Po.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área natural da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, localizada uns 35 km ao NL da capital provincial. O territorio está constituído por uns 20 km2 de formacións cársticas que adopta formas variadas e caprichosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico publicado na Coruña dende setembro de 1812 ata 1815. Considerado como un dos máis liberais de España, estaba dirixido por Antonio de la Peña. Colaboraron na súa redacción Pardo de Andrade e Marcelo Calero. O seu obxectivo era de defender as ideas liberais da Constitución de 1812 e atacar a Inquisición. Levaba como subtítulo unha frase de Tácito: “Sentire, quae velis, et quae sentias, dicere licet”. No número 274 publicou o “Romance pola volta de Fernando VII”. Os seus integrantes formaron unha comisión para loitar contra o “poder arbitrario”, da que formaban parte Manuel Calero, José Commock, F. Javier Puig, Vicente Fernández ou Pablo Jerica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación semanal que se editou en Ribadeo en novembro de 1868. Dirixida por Andrés de la Cavallería, cesou por mor dunha polémica que sostivo co concello sobre as eleccións municipais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que saíu en Lugo no ano 1889 e que cesou en novembro dese mesmo ano por mor da censura da Igrexa. O seu director era Manuel Castro López.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario que se publicou na Coruña entre os anos 1911 e 1914.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ás algas flaxeladas unicelulares que pertencen á clase das rafidofíceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Auga que se prepara con lixivia, deterxente ou, antigamente borralla, que se lle bota á roupa para que branquee.

      2. Acción de lavar a roupa con esa auga.

    1. Operación de botar dentro dun molde un metal fundido. Segundo a maneira de efectuala, a coada pode ser continua, na que o metal fundido cae continuamente nunha fileira arrefriada e sae en forma de barra, tubo, etc; por gravidade, que consiste en botar dentro dun funil de fundición o metal fundido, que polo seu propio peso pasa pola canle de coada ata encher o molde; ascendente, na que o metal fundido entra no molde pola parte inferior; centrífuga, na que o molde metálico onde se bota o metal fundido recibe un movemento de rotación ata que este está xa solidificado; e a presión, na que o metal fundido entra a presión no molde, impelido por un émbolo ou pola acción do aire comprimido.

    2. Arxila líquida que se bota nun molde para facer unha peza cerámica.

      1. Masa rochosa que se separa en forma de capas, de mantos ou de correntes, no momento que se encontra en estado fluído ou semifluído e que se consolida posteriormente.

      2. coada de lama

        Masa de rocha sedimentaria formada por minerais de gran moi fino (arxilas, margas) que, ao saturarse de auga, adquire a plasticidade suficiente para desprazarse en forma de fluído (favorecida neste desprazamento pola gravidade) dunha maneira rápida ou moi rápida.

      3. coada volcánica

        Masa de lava que sae ao exterior a través dun cráter e que se estende pola súa pendente mantendo a temperatura suficientemente elevada para descender con fluidez. Vai ocupando os vales ou os puntos máis baixos ata que se inmobiliza por arrefriamento. Son frecuentes nos volcáns que expulsan lavas de tipo básico, moi fluídas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Axuste entre dúas estruturas dun organismo para unha mesma función.

    2. Proceso evolutivo polo que varios xenes, que interactúan de modo favorable, se acumulan no acervo xenético dunha poboación.

    3. Adaptación evolutiva das especies que se relacionan entre si e que se traduce en cambios hereditarios favorables para ambas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Circunstancia que demostra a ausencia dun sospeitoso do lugar do delito no momento no que se cometeu.

    2. Razón ou escusa coa que se pretende esconder o motivo real dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en Sorrizo (concello de Arteixo), ten planta en forma de L con dous corpos rectangulares. No exterior destaca un balcón en ángulo. A portada principal está formada por un arco de medio punto no que se conservan dous escudos. Un deles, da época fundacional da casa, presenta as armas dos Rioboo, Villardefrancos, Castro e Figueroa, pois na segunda metade do s XVI pertenceu a Pedro Rioboo Villardefrancos e a Leonor Varela de Andrade. O segundo escudo pertence á época barroca e amosa as armas dos Bermúdez de Castro, Lobera, Caamaño, Andrade, Rioboo, Villardefrancos e Varela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doce de forma cónica feito de azucre, xema de ovo e coco relado sobre unha base de biscoito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción propia do cocho.

    2. Cousa sucia ou de aspecto desagradable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción propia do cocho.

    2. Cousa sucia ou de aspecto desagradable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e xeógrafo. Ingresou na Academia militar de Guadalajara, onde obtivo o grao de tenente de enxeñeiros en 1839. Serviu ás ordes do xeneral Espartero na guerra contra os carlistas; ao seu remate recibiu a cruz da orde de San Fernando e o ascenso a capitán. En 1844 destinárono como agregado ao exército francés que desenvolvía a campaña de conquista de Alxeria. En 1846 incorporouse á dirección xeral de Enxeñeiros, dende a que comezou os traballos do Atlas de España a escala 1:200.000 (46 follas publicadas a partir de 1847). En 1866, un ano despois de acadar o ascenso a coronel, pediu o retiro do exército para dedicarse á investigación. Entre as súas obras destaca Reseña Geográfica de España y de sus provincias de Ultramar (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Agresión feita cun coitelo ou cun instrumento semellante. Ex: A víctima recibiu nove coiteladas do seu agresor.

    2. Ferida que resulta dunha agresión realizada cun coitelo ou cun instrumento semellante. Ex: Xa lle curou a coitelada que tiña na perna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta que constitúe o extremo occidental da península de Bezoucos (ou Bisancos), no litoral da parroquia de Cervás, no concello de Ares, situada entre as rías de Ferrol, ao N, e de Ares, ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e cantante de jazz norteamericano. Coñecido como Nat King Cole, en 1940 fundou un trío. Gravou con Lester Young e Coleman Hawkins e colaborou en diversas películas, entre elas Saint Louis Blues (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avultamento pronunciado que presentan a simple vista os xenitais masculinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monllo de colmo ou palla que se colle coa colmeira dunha vez. Ex: Con catro colmeiradas máis enches o carro.

    VER O DETALLE DO TERMO