"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

  • PERSOEIRO

    Músico. Foi considerado un virtuoso violinista. Como compositor destaca a ópera Giovanna di Napoli (1902) e diferentes concertos para instrumentista solista e orquestra. Escribiu o tratado El violín (1958) e libretos de ópera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte da armadura antiga que cubría as mans.

    2. Luva con dous compartimentos, un para o dedo polgar e outro para os demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Estudiou no Pratt Institute de Brooklyn, á vez que produciu filmes underground, esculturas e colaxes. Influído por John McEndry, interesouse pola fotografía. Preocupouse polos temas clásicos e destacou polas súas imaxes de flores, retratos de destacados artistas e intelectuais da cidade neoiorquina e polos nus, que aparecen de forma natural e clásica, marcados pola liberdade. Especializouse en autorretratos con roupas de muller e colaxes con restos de imaxes que el mesmo recompilaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina, situada na costa atlántica (512.880 h [1991]). Foi unha antiga vila de pescadores, que pasou a ser o centro turístico máis importante do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Panxón (Nigrán). Foi proxectada por Antonio Palacios e construída entre 1932 e 1937. O seu estilo toma referencias da arte gótica e románica, pero cun xeito completamente libre. Ten planta cruciforme, con bóveda de crucería de estilo califal. No exterior destacan as celosías de formigón, que pechan os vans, e a torre, rematada con catro anxos custodios orientados cara aos puntos cardinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido galego que tivo a súa orixe en Luaces, Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa elaborado por EE UU para a axuda económica a Europa, aprobado o 2 de abril de 1948, segundo unha idea de George C. Marshall. De nome European Recovery Program (ERP), a súa finalidade era financiar a reconstrución das economías dos estados da Europa Occidental mediante préstamos e cesións nun termo de catro anos. España foi excluída. A administración deste plan foi confiado pola parte europea á OECE, despois OCDE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica da mama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Financeiro e político. No comezo da Guerra Civil Española pasou ao bando de Franco, con quen entrou en Barcelona o 26 de xaneiro de 1939. Ao día seguinte foi nomeado alcalde da cidade, ata 1945, e despois embaixador de España en Francia (1945-1947). Desde 1967 dirixiu a Axencia EFE de noticias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • esplenomegalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cirurxía plástica coa que se repara unha meixela destruída mediante unha autoplastia.

    2. Cirurxía plástica ou reparadora dos membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura literaria que consiste na repetición dunha palabra ou expresión na metade de varias frases ou versos consecutivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plancto formado por individuos de pequeno tamaño aínda que visibles sen necesidade de microscopios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cetáceos, da familia dos zífidos, que presentan o fociño estreito e alongado. A mandíbula inferior é máis longa ca a superior e posúen unha grande aleta caudal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que posúe as características dun metal e dunha materia plástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • metanauplius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase larval dos copépodos, que se dá despois da fase nauplius e antes da fase adulta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso polo que certos elementos que pertencen a un tecido producen outros elementos que se afastan dos primeiros e que constitúen células e tecidos que teñen características físicas e químicas diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á metaplasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de inclusións constituído principalmente por proteínas filiformes que se forman na célula durante a súa diferenciación, como son as miofibrilas das células musculares ou as neurofibrilas das células nerviosas.

    VER O DETALLE DO TERMO