"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Concedido no 1607 a Juan de Zúñiga e de Requesens, fillo de Juan Alonso Pimentel, conde de Benavente, de Mencía de Requesens Zúñiga, e neto do gobernador Luis de Requesens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido polo Rei Carlos II, no Real Despacho do 27 de outubro de 1692, a Rodrigo Antonio Falcón de Ulloa e Ribadeneira, correxidor de Salamanca, cabaleiro de Santiago e señor de Parderrubias e da casa de Bendaña. Ao falecer este sen sucesión, o título pasou ao seu sobriño, Juan Benito Piñeiro e Ulloa, cabaleiro de Santiago e colexial maior de Cuenca. Esta caste leva como armas as dos Ulloa: escudo axadrezado de quince pezas, oito de ouro e sete de goles, cargadas cada unha destas con cadansúas tres (ou dúas) faixas de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Adquiriu popularidade coa obra Vida de San Benito de Palermo (?1746). Escribiu tamén para teatro varias pezas breves. En 1743 publicou un libro onde reúne as composicións do seu pai, o tamén poeta Francisco Benegasi y Luján (1656 - 1742) titulado Obras líricas jocoserías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sentimento de afecto cara a alguén.

    2. Actitude de boa vontade cara a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Barreiros baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada en san Pedro de Benquerencia (Barreiros), foi destruída pola Irmandade Galega no transcurso das Revoltas Irmandiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • benquerencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se lle ten estima ou aprecio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mozo que tocaba os timbais nos antigos paseos de graos da Universidade de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise da substancia, o axente ou o medicamento que alivia ou remedia a tose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello movido por unha manivela con forma de C e rematado, no extremo inferior, nunha barrena, que se utiliza para facer furados na madeira, especialmente en carpintería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello movido por unha manivela con forma de C e rematado, no extremo inferior, nunha barrena, que se utiliza para facer furados na madeira, especialmente en carpintería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico. Sucedeu a Palau como segundo catedrático do Jardín Botánico de Madrid. Estudiou a flora da Comunitat Valenciana e de Murcia. Continuou o Specimen Florae Hispanicae (Modelo de flores hispánicas), que comezara o seu pai e que el deixou tamén inacabado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e botánico. Foi médico de cámara de Carlos III e ocupou despois o cargo de primeiro catedrático no Jardín Botánico de Madrid. Foi o primeiro en publicar uns Principios de Botánica (1767), nos que empregou a nomenclatura binaria linneana e intentou fixar a terminoloxía botánica, procurando facer prevalecer formas populares sobre os neoloxismos derivados directamente do latín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e sociólogo. Estudiou Dereito na Universidade de Madrid. Participou na fundación da Escola de Criminoloxía (1903), da que foi catedrático. Traballou no Instituto de Reformas Sociais e foi enviado a Galicia en 1921 para estudar os foros agrarios. En 1931 foi nomeado membro da comisión encargada de estudar a reforma agraria e xefe do servizo de Política Agraria do ministerio de Traballo. Exiliado en 1939 en Hispanoamérica, foi profesor nas universidades de La Habana, Santo Domingo e México. Entre as súas obras destacan: Acerca del delito y la pena (1904), Nuevas teorías de la criminalidad (1918), Derechos sociales de los campesinos (1918), El problema de los foros en el Noroeste de España (1923), Derecho social (1932), Criminalidad del campo andaluz: el bandolerismo (1934) e El bandolerismo en España y México (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor dramático francés. Cultivou o drama sentimental en Le feu qui reprend mal (O lume que se reaviva mal, 1921). Escribiu tamén algunhas narracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e ilustrado. Fillo do conde de Prado e neto do conde de Quirós. Foi procurador do concello do Barco de Valdeorras e gobernador e xustiza maior da terra de Barrenes. En 1784 redactou o Manual regio y elementos de real potestad, estudo sobre as regalías do soberano que non recibiu a aprobación do Real e Supremo Consello de Castela e do Colexio de avogados de Madrid para a súa publicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre e autor teatral. Escribiu unha obra titulada Ollo cos estudiantes, de carácter cómico, que foi representada polos estudiantes de Maxisterio de Ourense no ano 1932. Á súa vez, esta obra consta dunha segunda e terceira parte, en castelán ambas, tituladas respectivamente, Trampa adelante (1933) e Engaño sobre engaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e demógrafo. É autor de La statistique humaine en France (A estatística humana en Francia, 1880). Foi xefe dos servicios de estatística da cidade de París (1883-1913) e director dos Annales de Démographie (1885).

    VER O DETALLE DO TERMO