"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Doutor en Dereito, foi catedrático de Dereito Civil da Universidad Complutense de Madrid. Foi senador por designación real e presidente das Cortes Generales Constituyentes (1977-1979). Presidiu o Consejo de Estado (1982-1986), o Consejo General del Poder Judicial, o Tribunal Supremo (1985-1986) e a Real Academia de Jurisprudencia y Legislación. Das súas obras destaca Reflexiones sobre el derecho foral y la unificación del derecho (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor titular de Comunicación Audiovisual na facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu a crítica cinematográfica nas revistas Cambio 16, Fotogramas, Cinema 2002, Casablanca e Guía del Ocio, e nos xornais Mundo Obrero e El Imparcial. Foi asesor do programa de RTVE La noche del cine español e guionista do programa cultural Nombres de ayer, nombres de hoy, na década de 1980. Das súas publicacións destacan El cine de autor en España (1978), El último austrohúngaro, conversaciones con Berlanga (1981), El cine de Elías Querejeta (1986), Cine e literatura, a especificidade da imaxe visual (1993), Historia comparada del periodismo en prensa, radio y televisión (1996) e Discurso del pudor en la comunicación (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e ourive. Formouse no taller paterno e, posteriormente, na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando. Realizou paisaxes de tipo romántico cunha técnica de orixe impresionista. No campo do esmalte destacan as súas series sobre pazos e monumentos de Galicia. A súa obra atópase no Museo de Pontevedra e no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Narrador. Autor de relatos con moito humor e fantasía, próximos ao surrealismo, da súa produción destacan Libro sin tapas (1929), La envenenada (1931) e La casa inundada (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sección do saco herniario, nos casos de hernia estrangulada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador grego. Exiliado de Halicarnaso por conspirar contra Persia (457? a C), viaxou posteriormente por Asia Menor, Persia, Libia, Exipto e Grecia. Estableceuse en Atenas (447 a C) e despois marchou a Turios, no S de Italia (443 a C). Redactou a súa obra Historias, en nove libros, rexeitando o modelo dos logógrafos, especialmente de Hecateo de Mileto, marcado polos elementos fabulosos ou novelescos. Os primeiros libros ocúpanse dos costumes, lendas, historia e tradicións dos pobos do mundo antigo e os tres últimos das Guerras Médicas. Presentou o desenvolvemento da civilización como un movemento inexorable cara ao enfrontamento entre Persia e Grecia, considerados os centros das culturas orientais e occidentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos vexetais que diseminan as súas esporas mediante os movementos destas producidos polos cambios de forma e de disposición dos pelos ou higroscópicas que posúen, como ocorre nos xeranios, que estiran ou retorcen a parte terminal do froito segundo a humidade do ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especializada en herpetoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da zooloxía que estudia os anfibios e os réptiles desde o punto de vista anatómico-morfolóxico, filoxenético, evolutivo, embriolóxico, fisiolóxico e ecolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á herpetoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Brabante Setentrional, Países Baixos, no interfluvio dos ríos As e Dmmel, cabeceiras do Dieze (129.034 h [estim 2000]). É un destacado centro industrial dos sectores téxtil, cervexeiro, químico e alimentario. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral e o casa do concello (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario e político. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid en 1961 e empresario da construción na súa comarca de orixe, foi elixido alcalde do Barco de Valdeorras en 1983-1987 por Coalición Popular. Foi senador electo por Ourense na V lexislatura (1993-1996), polo Partido Popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico checo. Investigou especialmente problemas relacionados coa desintegración radioactiva e descubriu a existencia da radiación cósmica. Das súas obras destaca Cosmic rays and their biological effects. En 1936 recibiu, xuntamente con K. Anderson, o Premio Nobel de Física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático alemán. Especializouse no estudo das curvas de terceira e cuarta orde e introduciu o determinante que se coñece co nome de hessiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico estadounidense. Especialista en personaxes históricos e de acción, destacou nos filmes The Ten Commandments (1956), El Cid (1961), Karthoum (1966), Planet of the Apes (1967), The Prince and the Pauper (1977), Treasure Island (1989), Almost an Angel (1990), ou In the Mouth of Madness (1995). En 1960 obtivo un Oscar por Ben Hur (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Átomo ou átomos diferentes dos numericamente predominantes, nunha cadea de átomos non todos idénticos.

    2. Átomo dun elemento diferente ao carbono ou ao hidróxeno, nunha molécula orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao cigoto formado pola unión de dous gametos que teñen diferente constitución xenética.

    2. Que provén dun cigoto heterocigoto.

    3. Que contén dous factores diferentes nun par de alelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula diferenciada, engrosada e revestida dunha membrana grosa, que perdeu a facultade de dividirse e que favorece a fragmentación dos filamentos dalgunhas algas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á palabra que se flexiona a partir de diversos temas.

    2. Aplícase á palabra que aparentemente se desvía das regras gramaticais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos animais que posúen diferentes tipos de dentes, cada un cunha forma e función diferente.

    VER O DETALLE DO TERMO