"Cis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1012.

  • GALICIA

    Adestrador de baloncesto. Dirixiu diversos equipos femininos, como o R.C. Celta, o Coronas de Tenerife e o Bosco de Vigo, co que ascendeu a Primeira División. Foi campión de España co R.C. Celta (1979-1980) e acadou a fase final da Copa da Raíña co Coronas de Tenerife.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e historiador, irmán de Manuel Martínez Santiso. Dedicouse á arqueoloxía, á pintura, á caligrafía e ao xornalismo. Colaborou nos xornais locais El Anunciador, El Brigantino, Las Mariñas, El Mandeo e Betanzos Liberal. Escribiu unha continuación da Historia de la ciudad de Betanzos do seu irmán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Paco Martínez Soria, formou unha compañía teatral propia en 1940, especializada en producións cómicas. En 1950 conseguiu ter un teatro propio en Barcelona, o Teatre Talía (desde 1982 Teatro Martínez Soria). Das súas películas destacan La ciudad no es para mí (1965), Abuelo made in Spain (1969), Don erre que erre (1970), El abuelo tiene un plan (1973), Vaya par de gemelos (1977) e La tía de Carlos (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Oficial carlista, irmán de Xoán Martínez Villaverde. Foi depurado en 1832 do exército e uniuse ás filas dos carlistas. En 1834 levantou unha partida carlista nos arredores de Chantada e organizou a ocupación de Lugo, durante a que morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo. Foi impulsor do coñecemento da cultura castrexa coas escavacións da citania de Briteiros, comezadas en 1874. Da súa produción destacan Os gregos no noroeste da Ibéria (1876) e Os lusitanos (1880) e na súa honra fundouse, en 1881, o museo que leva o seu nome en Guimarães.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e escritor. Doutor en Historia pola Universidad de Madrid, foi alcalde de Mondoñedo e deputado provincial. Das súas obras destacan Breve guía histórico-artística de Mondoñedo (1975), Manoel Ledo Bermúdez, o pallarego (1991) e Historia de Mondoñedo: desde sus orígenes hasta 1833, en que dejó de ser capital de provincia (1994). Foi nomeado académico correspondente da Real Academia de la Historia e, en 2001, cronista oficial de Mondoñedo. Recibiu a Cruz da Orden Civil de Alfonso X el Sabio en 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador británico. Viaxou polas Terras Árticas e realizou diversas expedicións ao O da baía de Baffin, na procura da expedición de John Franklin, da que localizou diversos restos. Recibiu o título de sir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina segundo a que a realidade, ou polo menos a realidade natural, é concibida como unha máquina ou un mecanismo, ou é explicada segundo un modelo mecánico. A concepción mecanicista do mundo establece o real como un corpo único rexido por leis mecánicas ou ben como un conxunto de corpos en movemento (coincidindo fundamentalmente co atomismo) e afirma a posibilidade e mesmo a necesidade de dar conta dos fenómenos naturais a partir de modelos mecánicos. Facilmente vinculado a unha concepción materialista da realidade (materialismo mecanicista), o mecanicismo foi rexeitado polo propio materialismo, nas súas modalidades de comprensión máis humanistas (marxismo e materialismo dialéctico).

    2. Teoría que pretende explicar os fenómenos vitais por medio de leis físicas da mecánica, oposta ao vitalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mecanicismo.

    2. Partidario ou seguidor do mecanicismo.

    3. Arte que se orixinou na segunda metade do s XX, como resultado de procedementos mecánicos ou industriais que constituían a linguaxe da comunicación de masas, coa pretensión de dotar a arte dunha función social práctica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Entre 1584 e 1602 pertenceu á Compañía de Xesús. Seguidor da obra de Horacio e Fray Luis de León, e cun estilo clásico marcado polas escolas salmantina e sevillana do s XVI, é autor de 34 odas e 52 sonetos. Da súa produción destaca a oda “La profecía del Tajo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico dominicano. Foi vigairo xeral de Sardeña (1566), onde fundou novos conventos e introduciu a reforma tridentina. Escribiu varias obras piadosas en castelán, como Coloquio devoto de la cofradía del Santo Rosario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, marqués de Melgar. Ao estoupar a Terceira Guerra Carlista (1872-1876), incorporouse ao bando do pretendente ao trono Carlos María das Dores de Borbón e de Austria-Leste, de quen foi secretario entre 1880 e 1900. Escribiu Veinte años con don Carlos (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente ecoloxista e sindical. Coñecido como Chico Mendes, encabezou a reivindicación para preservar o bosque amazónico e formou sindicatos contra a sobreexplotación dos peóns. Enfrontado aos empresarios que se dedicaban á tala masiva de árbores, morreu asasinado. Acadou do goberno brasileiro o compromiso de frear a deforestación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi discípulo de B. E. Murillo, e membro (1666-1673) e mordomo (1668-1669) da Academia de Pintura de Sevilla. Rematou os cadros do altar maior da igrexa dos capuchinos de Cádiz, que Murillo deixou sen rematar, e pintou San Felipe Neri adorando a la Virgen e San Cirilo de Alejandría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste no feito de que os alimentos inxeridos poden retornar á boca, voluntaria ou involuntariamente, para ser novamente mastigados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula vexetativa resistente, pequena e redonda, con paredes celulares moi grosas. Os microcistos poden asociarse e conformar os denominados corpos frutíferos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Mieszko I (930? - 992) Duque (960?-992) e primeiro soberano de Polonia, fillo do príncipe Ziemomislau Gniezno. Foi o primeiro monarca da dinastía Piest, loitou contra saxóns, checos e teutóns e ocupou Silesia e Cracovia (989-992). Sucedeuno o seu fillo Boleslau I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Escribiu novelas realistas e humorísticas, poesía e traducións de obras españolas. Das súas obras destacan Écrit sur l’eau (1908, Premio Goncourt), L’aventure de Thérèse Beauchamp (1914) e L’ouef de Colomb (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, director teatral e cinematográfico e guionista. Coñecido como Paco Mir, destacou como membro do grupo Tricicle (1979). Dirixiu as obras de teatro La cena de los idiotas (2001), Coneixes en Prosineckty? (2004) ou Nadie es perfecto (2004) e o filme Lo mejor que le puede pasar a un cruasán (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO